Decreto 5/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Fondo de Cooperación Local durante o período 2002-2004.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A transformación do Fondo de Cooperación Local levada a cabo polas disposicións adicionais oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, e

sexta da Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2002, converteu este no instrumento central da colaboración e cooperación económico-financeira da Comunidade Autónoma coas entidades locais de Galicia.

Na súa nova configuración, que supón facer realidade para o conxunto dos nosos concellos a previsión constitucional de participación das facendas locais nos ingresos da Comunidade Autónoma, o fondo distribúese mediante a aplicación dos criterios e ponderacións de carácter obxectivo que, partindo das determinacións que a propia lei establece con carácter de mínimos, lle compete establecer á Comisión Galega de Cooperación Local, e que foron aprobados en sesión celebrada polo referido órgano o 5 de novembro de 2002, e publicados no DOG nº 240, do 13 de decembro.

De conformidade cos acordos citados, e unha vez que a disposición adicional sexta da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2003, garante que o importe adicional con destino ós concellos de poboación inferior a 15.000 habitantes manterá unha dotación anual non inferior a 12.000.000 de euros, o modelo de repartición aprobado será de aplicación ata o exercicio do 2004 inclusive.

O presente decreto díctase en desenvolvemento dos preceptos legais citados, así como para a debida aplicación dos acordos adoptados ó seu abeiro a que se vén facer referencia.

Na súa virtude, de conformidade co dictame do Consello Consultivo de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do oito do xaneiro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.

O presente decreto ten por obxecto establece-las normas a que se suxeitará o Fondo de Cooperación Local do período 2002-2004, no marco do establecido nas disposicións adicionais oitava da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, e sexta da Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, así como nos acordos adoptados ó seu abeiro pola Comisión Galega de Cooperación Local.

Artigo 2º Estructura do Fondo de Cooperación Local.

O Fondo de Cooperación Local estructúrase, conforme os termos legalmente establecidos, na forma seguinte:

  1. Un fondo principal, expresado nunha porcentaxe da recadación líquida dos capítulos I, II e III do orzamento de ingresos da Comunidade Autónoma

    que para cada exercicio estableza a Lei de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR