Resolución do 15 de maio de 2006 pola que se convoca un curso de especialización en autocad para elaboración de atestados e dispositivos de tráfico.
Sección | III. Outras Disposicións |
Emisor | CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA |
Rango de Ley | Resolución |
Dentro das actividades programadas para o ano 2006, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso de especialización en autocad para elaboración de atestados e dispositivos de tráfico, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:
Obxectivos.
-
Perfeccionarse nos coñecementos de expresión gráfica.
-
Especializarse no manexo de paquetes de deseño para a confección de atestados ou informes.
-
Adoptar técnicas automatizadas para a representación gráfica nos informes.
Destinatarios.
O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local de Galicia e aos membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.
Inscrición.
A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.
Prazas.
30 prazas.
Solicitudes.
-
O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.
-
O prazo para a presentación de instancias rematará o día 6 de xuño de 2006, ás 14.00 horas.
-
As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Datas.
O curso terá unha duración total de 60 horas, dividido en dúas partes:
-
parte: que será presencial, cunha duración de 40 horas lectivas, e que se desenvolverá durante os días 12, 13, 14, 19 e 20 de xuño en horario de 9.30 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 horas.
-
parte: a distancia, consistente en 20 horas, as cales serán tutorizadas polo profesor ao longo do curso e consistirán na realización dun traballo de acordo co exposto neste.
Relación de admitidos.
A relación de admitidos farase pública o día 8 de xuño a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios...
-
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba