Decreto 136/2005, do 26 de maio, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO
Rango de LeyDecreto

O tempo transcorrido desde a publicación do Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, e os cambios realizados con posterioridade, aconsellan a aprobación dun novo texto que integre as modificacións e que recolla a estrutura da consellería nunha única norma de referencia. Incorpórase ademais unha modificación que afecta a Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual na que se crea o Servizo de Televisión e Radiodifusión coa finalidade de atender as necesidades xurdidas do novo panorama audiovisual galego derivado da posta en funcionamento das emisoras de televisión e radiodifusión dixital de ámbito autonómico e local.

De acordo co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, co informe previo das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de maio de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ao que lle corresponden as competencias en materia de promoción cultural, patrimonio cultural, telecomunicacións, audiovisual, multimedia, turismo e todos os aspectos vinculables ao Camiño de Santiago, segundo o establecido no Estatuto de autonomía.

Artigo 2º

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo desempeñará as funcións da súa competencia a través dos seguintes órganos:

  1. O conselleiro.

  2. A Secretaría Xeral.

  3. A Dirección Xeral de Promoción Cultural.

  4. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

  5. A Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.

  6. A Dirección Xeral de Turismo.

  7. Os órganos colexiados.

  8. As delegacións provinciais.

  9. O conselleiro.

Artigo 3º

O conselleiro é a autoridade superior da consellería, e con tal carácter está investido das atribu

cións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

  1. A Secretaría Xeral.

Artigo 4º

Un. A Secretaría Xeral exercerá as funcións sinaladas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, ademais das que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do titular do departamento.

Dous. Baixo a dependencia directa do secretario xeral existirán as seguintes unidades:

  1. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario.

    Exercerá as funcións de xestión de todo o persoal, a coordinación da elaboración do anteproxecto do orzamento, o seu seguimento e control, a organización do rexistro e os demais aspectos relacionados co réxime interior.

    Estrutúrase nas seguintes unidades:

    1.1. Servizo de Persoal.

    Correspóndenlle a este servizo as funcións de:

    1. A tramitación dos expedientes administrativos relativos ao persoal funcionario e laboral dependente da consellería.

    2. Programar as necesidades de persoal da consellería.

    3. O control de asistencia e puntualidade.

    4. Aqueloutras actividades relativas ao persoal da consellería que, no seu ámbito de competencia, lle encomende o secretario xeral.

      1.2. Servizo de Réxime Interior e Xestión Orzamentaria.

      Son funcións deste servizo:

    5. Elaboración do anteproxecto de orzamentos.

    6. Seguimento da execución orzamentaria.

    7. Habilitación de pagamentos.

    8. Rexistro xeral da consellería e réxime interior.

      1.3. Servizo de Obras e Contratación.

      Tramitará os expedientes de contratación de obras, subministracións, asistencias técnicas, contratos de servizos e contratos de traballos específicos por solicitude das diferentes direccións xerais e da Secretaría Xeral.

      1.4. Servizo de Supervisión de Proxectos.

      Correspóndenlle as funcións das oficinas de supervisión de proxectos a que se refire o artigo 128 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

      1.5. Servizo Técnico-Xurídico.

      Correspóndenlle a este servizo as funcións de:

    9. Estudar os proxectos de disposicións que vaia promulgar a consellería adaptándoos ás prescricións do ordenamento xurídico cando así se lle encomende.

    10. Elaborar as propostas de resolución dos recursos administrativos que debe resolver o conselleiro.

    11. Estudo das disposicións de carácter xeral que deban someterse á comisión de secretarios xerais e que sexan encargadas polo secretario xeral.

    12. O rexistro, arquivo e custodia das disposicións legais emanadas da consellería ou dos seus centros directivos.

    13. As funcións relativas ao exercicio do protectorado en relación con aquelas fundacións que se atopen baixo a tutela da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

  2. Dependendo organicamente da Secretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

    1. Intervención Delegada.

    2. Asesoría Xurídica.

  3. Dependendo organicamente da Secretaría Xeral e funcionalmente do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirá a seguinte unidade:

  4. Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago.

    Un. Correspóndelle, directamente, ou a través da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, a dirección e coordinación das actuacións da consellería en todas as cuestións relativas ao Camiño de Santiago e, especialmente, o exercicio das seguintes funcións:

    1. A conservación e posta en valor do Camiño de Santiago en Galicia.

    2. A promoción do Camiño de Santiago, incluídas as actividades de animación.

    3. A xestión da imaxe corporativa do Xacobeo que redunde na promoción do Camiño de Santiago, así como a elaboración e publicación de estatísticas, sen prexuízo das competencias do Instituto Galego de Estatística, sobre o Camiño de Santiago e todo aquilo que redunde na promoción do Camiño de Santiago.

    4. A xestión da rede de albergues e do complexo do Monte do Gozo.

    5. As relacións do Camiño de Santiago cos concellos de Galicia, coas comunidades autónomas do Camiño de Santiago e cos seus concellos, coa Administración central e coas demais institucións públicas e privadas, particularmente coas institucións relixiosas e asociacións de amigos do Camiño.

    6. A promoción da artesanía e o deseño relacionados co Camiño de Santiago, así como outras actividades que signifiquen a súa vinculación co Camiño de Santiago e sexan parte complementaria deste.

    7. A divulgación científica do Camiño de Santiago a través de publicacións, congresos, seminarios, exposicións e outros.

    8. A programación da participación da Comunidade Autónoma nas exposicións universais.

    Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago estrutúrase da seguinte forma:

  5. O xerente de Promoción do Camiño de Santiago con rango de subdirector xeral. Esta xerencia poderá

    proverse con persoal funcionario con rango de subdirector xeral ou en réxime de contratación temporal de conformidade co Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto.

    Contará co seguinte servizo:

    1.1. Servizo de Promoción do Camiño.

    Correspóndenlle a este servizo as funcións de:

    1. Delimitación física dos camiños, así como a súa sinalización e información.

    2. Recuperación e rehabilitación do trazado físico dos camiños e dotación dos albergues.

    3. Accións de dinamización referidas á poboación local dos camiños, incluídas as actividades de animación.

    4. Organización de actos culturais de tema xacobeo e elaboración e edición de material informativo e promocional.

    5. Accións de promoción e cooperación en relación co tema xacobeo e os camiños de Santiago.

    1. A Dirección Xeral de Promoción Cultural.

Artigo 5º

Un. Correspóndelle á Dirección Xeral de Promoción Cultural a dirección e coordinación das atribucións da consellería en materia de promoción cultural, do libro e bibliotecas e especialmente o exercicio das seguintes funcións:

  1. A promoción das relacións culturais en Galicia e o apoio ás casas de cultura, centros e entidades socio-culturais.

  2. A colaboración no desenvolvemento do teatro, a danza, a música, as artes líricas e coreográficas.

  3. A posta en práctica de medidas de apoio para os artistas.

  4. O establecemento de canles de información e promoción da investigación no eido cultural.

  5. A organización e colaboración nas exposicións, congresos e coloquios e cursos de formación, así como a proposta de convocatoria de bolsas e axudas en relación coas devanditas materias.

  6. A preparación de convenios sobre estas mesmas materias.

  7. O estímulo da creación literaria e as publicacións.

  8. A elaboración de plans respecto da política do libro de acordo coas necesidades culturais de Galicia.

  9. A proposta de medidas de apoio para os escritores.

  10. A execución da lexislación sobre propiedade intelectual e a xestión do depósito legal.

  11. As autorizacións para a realización de feiras e exposicións do libro e do material bibliográfico.

  12. A orientación do servizo público da lectura para difundir a cultura por medio do libro.

  13. A organización e aprobación dos expedientes de creación de novas bibliotecas ou servizos bibliotecarios, dos seus regulamentos e concertos e a organización de cursos de formación de bibliotecarios.

  14. A organización e colaboración nas exposicións, congresos, coloquios e cursos de formación, así como a convocatoria de bolsas e axudas, e a preparación de convenios sobre as devanditas materias do libro e bibliotecas.

    ñ) A programación e realización de exposicións relacionadas coas principais tendencias e ámbitos da creación artística contemporánea e, moi especialmente, a creación artística nacida ou relacionada con Galicia.

    Dous. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Promoción Cultural estrutúrase do seguinte xeito:

    1. Subdirección Xeral de Promoción Cultural e do Libro e Bibliotecas.

    Correspóndelle a esta subdirección a elaboración de normas e a programación e execución...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR