Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Sección | I. Disposicións Xerais |
Emisor | CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS |
Rango de Ley | Decreto |
Título preliminar.
Capítulo I.-Disposicións xerais.
Artigo 2º.-Financiamento do programa.
Capítulo II.-Ámbito de aplicación e medidas de apoio.
Artigo 4º.-Medidas de apoio dirixidas ás persoas arrendadoras. Artigo 5º.-Medidas de apoio dirixidas ás persoas arrendatarias.
Capítulo III.-Xestión, mecanismos e instrumentos de apoio.
Artigo 7º.-Centros de acompañamento e asesoramento do Programa Aluga. Artigo 8º.-Instrumentos de apoio e colaboración.
Título I. Incorporación de vivendas ao Programa Aluga.
Capítulo I.-Características e posta á disposición das vivendas.
Artigo 10º.-Renda taxada. Artigo 11º.-Límites máximos de renda segundo zona territorial. Artigo 12º.-Posta á disposición das vivendas.
Capítulo II.-Procedemento de incorporación.
Artigo 14º.-Emenda da solicitude. Artigo 15º.-Inspección técnica. Artigo 16º.-Proposta de incorporación e aceptación das condicións. Artigo 17º.-Declaración de vivenda en réxime de arrendamento incorporada ao Programa Aluga. Artigo 18º.-Competencia e recursos. Artigo 19º.-Causas de baixa das vivendas.
Título II. Condicións para o acceso ás vivendas incorporadas ao Programa Aluga.
Capítulo I.-Demandantes de vivenda en réxime de arrendamento incorporadas ao Programa Aluga.
Artigo 21º.-Colectivos prioritarios. Artigo 22º.-Colectivos cualificados. Artigo 23º.-Determinación e ponderación de ingresos. Artigo 24º.-Renda máxima segundo nivel de ingresos.
Capítulo II.-Sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 26º.-Obriga da inscrición ou anotación. Artigo 27º.-Procedemento para a inscrición e actualización de datos. Artigo 28º.-Documentación. Artigo 29º.-Causas de baixa.
Título III. Procedemento de selección e relación arrendaticia.
Capítulo I.-Procedemento de selección e adxudicación.
Artigo 31º.-Procedemento de selección de arrendatarios e adxudicación de vivendas. Artigo 32º.-Excepcións ao procedemento ordinario de adxudicación.
Capítulo II.-Contrato de arrendamento e relación arrendaticia.
Artigo 34º.-Condicións básicas do contrato de arrendamento. Artigo 35º.-Sistema de cobramento e pagamento da renda.
Título IV. Medidas financeiras.
Capítulo I.-Marco de subvencións do Programa Aluga.
Artigo 37º.-Normativa, financiamento e réxime de concesión.
Capítulo II.-Axudas aos titulares das vivendas.
Artigo 39º.-Subvención de obras e actuacións de reforma nas vivendas. Artigo 40º.-Contía da subvención de obras e actuacións de reforma. Artigo 41º.-Incompatibilidades. Artigo 42º.-Subvención de gastos derivados do aluguer.
Capítulo III.-Axuda ás persoas inquilinas.
Artigo 44º.-Contía da axuda ás persoas inquilinas. Artigo 45º.-Solicitudes e concesión da axuda. Artigo 46º.-Incompatibilidades.
Capítulo IV.-Procedemento e disposicións comúns ás subvencións.
Artigo 48º.-Procedemento. Artigo 49º.-Obrigas das beneficiarias. Artigo 50º.-Compatibilidade e concorrencia. Artigo 51º.-Modificación da resolución de concesión. Artigo 52º.-Reintegro das subvencións e réxime de infraccións e sancións.
Título V. Normas comúns e cesión de datos.
Capítulo I.-Normas comúns.
Artigo 54º.-Comprobación e seguimento.
Capítulo II.-Cesión e protección de datos.
Artigo 56º.-Información.
Disposicións adicionais.
Primeira.-Ingresos anuais ponderados. Segunda.-Información sobre obrigas fiscais pola obtención de subvencións. Terceira.-Modificación dos modelos de solicitude. Cuarta.-Denegación de incorporación de vivendas que precisen obras ou actuacións de reforma. Quinta.-Solicitudes de subvención non atendidas por falta de dispoñibilidades orzamentarias. Sexta.-Inadmisión de solicitudes de incorporación ao programa de vivenda en aluguer.
Disposicións transitorias.
Primeira.-Mantemento da antigüidade dos/das demandantes de vivenda do programa de vivenda en aluguer. Segunda.-Inclusión no Programa Aluga de vivendas con procedemento de incorporación en trámite ao abeiro do Decreto 48/2006. Terceira.-Inclusión no Programa Aluga de vivendas incorporadas ao programa de vivenda en aluguer sen ter formalizado o primeiro contrato de arrendamento ou desocupadas. Cuarta.-Incorporación ao Programa Aluga das vivendas do programa de vivenda en aluguer con contrato de arrendamento vixente. Quinta.-Procedementos de adxudicación de vivendas do programa de vivenda en aluguer en trámite. Sexta.-Adxudicación de vivendas a mulleres vítimas de violencia de xénero. Sétima.-Réxime transitorio aplicable ás subvencións do programa de vivenda en aluguer.
Disposición derrogatoria.
Única.-Derrogación normativa.
Disposicións derradeiras.
Primeira.-Referencias no Decreto 402/2009 ao Decreto 48/2006. Segunda.-Solicitudes para a incorporación de vivendas ao Programa Aluga no ano 2010. Terceira.-Convocatoria de subvencións de gastos derivados do aluguer. Cuarta.-Tramitación electrónica de procedementos no marco do Programa Aluga. Quinta.-Facultades de desenvolvemento. Sexta.-Entrada en vigor.
O Programa Aluga para o fomento do aluguer de vivendas en Galicia, enmárcase dentro das medidas deseñadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para facilitar o acceso a unha vivenda digna e adecuada ás galegas e galegos con maiores dificultades económicas, de acordo co establecido no artigo 47 da Constitución española, e dentro do ámbito da competencia asumida en materia de vivenda no artigo 27.3º do Estatuto de autonomía de Galicia.
Pola súa vez, a Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia, establece como un dos principios reitores da política de vivenda o fomento do aluguer como modalidade de acceso á vivenda, e invita as administracións públicas a impulsar a posta no mercado de vivendas en aluguer e favorecer o acceso á vivenda a sectores con dificultades, así como a desenvolver plans ou programas orientados ao dito fin. Así mesmo, no seu artigo 77 sinálase que a Administración autonómica desenvolverá un programa de vivenda en aluguer en que se concretará a posta no mercado das vivendas baleiras e as bases reguladoras das subvencións e axudas que se dispoñan con cargo aos orzamentos públicos. E, na súa disposición derradeira terceira habilita o Goberno da Xunta de Galicia para o desenvolvemento do contido da lei.
Neste marco, o programa configúrase como unha medida de marcado carácter social, coa dobre finalidade de:
-Promover o mercado do aluguer de vivendas de titularidade privada, mediante medidas e axudas públicas que dan seguranza ás persoas que...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba