Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, polo que se regula o Programa de vivenda en aluguer.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
Rango de LeyDecreto

Exposición de motivos:

O compromiso da Consellería de Vivenda e Solo de manter o fomento do aluguer como alternativa para o acceso a unha vivenda digna dos grupos sociais con maiores dificultades vese materializado coa aprobación deste decreto.

O obxectivo primordial deste programa é o de dinamizar o mercado de vivenda en aluguer, tentando atraer parte do elevado número de vivendas deshabitadas ou baleiras existentes na nosa comunidade autónoma, coa intervención decidida da Administración pública, que ademais a través deste programa as poñerá á disposición das unidades familiares ou convivenciais que máis o precisen.

Créase, así, un sistema que, axudándolles a familias e unidades convivenciais con dificultades de acceso á vivenda, dinamizará o mercado de aluguer, ofrecerá servizos de alta calidade tanto a inquilinos como a propietarios, e liberará estes últimos de todos os inconvenientes que poidan atopar para integrar as súas vivendas baleiras no mercado de aluguer.

Dunha banda regúlanse as subvencións para o pagamento das rendas de aluguer destinadas a arrendatarios con ingresos ponderados comprendidos entre 0,7 e 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).

Doutra banda, este programa quere incidir especialmente naqueles sectores sociais especialmente desfavorecidos ou en risco de exclusión social, no entendemento de que a garantía de acceso a unha vivenda digna axudará a atenuar os efectos de determinadas circunstancias sociais e económicas, así como, conxuntamente coas políticas doutros departamentos, contribuirá a poñer as bases onde apoiar o necesario cambio das ditas situacións.

Neste sentido, regúlanse as especialidades das axudas que sexan concedidas a estes grupos sociais. Esta regulación vén adecuar as subvencións a cada circunstancia económica ou social que se trata de paliar, establecendo nestes casos a concesión da subvención na súa cuantificación máxima.

Este programa, levarao a cabo a Consellería de Vivenda e Solo a través das catro sociedades públicas de xestión urbanística de Galicia, ás cales se lles encomendará a súa xestión.

Por último, no que atinxe ao programa da bolsa de vivenda en aluguer, regulado polo Decreto 199/2002, do 6 de xuño, e en particular, no referido aos inquilinos, tendo presente que as subvencións establecidas no referido decreto se conceden por doce meses, é decisión desta consellería, diante da existencia de crédito na consignación orzamen

taria que sustenta a bolsa de vivenda en aluguer, e co único fin de facilitarlles o necesario período de adaptación aos actuais beneficiarios, recoller no dereito transitorio deste decreto a posibilidade de lles conceder novas subvencións por unha única vez aos beneficiarios en calidade de arrendatarios aos cales lles venza a anterior, por un prazo doutros doce meses. Esta concesión estará limitada ao esgotamento definitivo do crédito orzamentario existente e destinado a sustentar o programa regulado no Decreto 199/2002, do 6 de xuño.

En virtude de todo o anterior, por proposta da conselleira de Vivenda e Solo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de febreiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.

Este decreto ten por obxecto o establecemento das condicións básicas do Programa de vivenda en aluguer, que pretende conseguir que as vivendas de titularidade privada que se encontran deshabitadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia sexan postas no mercado da vivenda en aluguer en beneficio de quen as precise, así como a fixación das bases reguladoras das subvencións enmarcadas no referido programa.

Artigo 2º A xestión do programa.

Este programa levarao a cabo a Consellería de Vivenda e Solo a través das sociedades públicas de xestión urbanística das catro provincias galegas, que actuarán como entidades colaboradoras.

Artigo 3º Financiamento do programa.
  1. Este programa será financiado cos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e completado con fondos do Ministerio de Vivenda ao abeiro do convenio asinado entre o dito Ministerio e a Comunidade Autónoma no marco do plan vivenda 2005-2008.

  2. O volume total de subvencións que se concederá dentro de cada exercicio non excederá a contía máxima establecida na orde de convocatoria anual que se publicará con posterioridade á entrada en vigor deste decreto, e que especificará as aplicacións orzamentarias ás cales se imputarán as subvencións. Nela acordarase de forma simultánea a realización de varios procedementos de concesión ao longo de cada exercicio orzamentario. Nesta convocatoria deberá concretarse o número de resolucións sucesivas que deberán recaer e, para cada unha delas:

  1. O importe máximo que se outorgará.

  2. Último día en que deberá recaer cada unha.

  3. O prazo en que, para cada unha delas, se poderán presentar as solicitudes.

O importe máximo que se outorgará en cada período fixarase atendendo á súa duración e ao volume de solicitudes previstas.

Cando finalizado un período se concedesen as subvencións correspondentes e non se esgotase a totalidade do orzamento destinado a este programa, poderase trasladar a cantidade non aplicada ás posteriores resolucións que recaian.

Unha vez recaída a resolución de orixe, o órgano concedente deberá acordar expresamente as contías que se van trasladar e o período en que se aplicarán.

Artigo 4º Condicións mínimas das vivendas para a súa incorporación ao programa.
  1. Para a súa incorporación e participación no Programa de vivenda en aluguer as vivendas deberán cumprir as seguintes condicións mínimas:

    1. Non estar ocupadas nin arrendadas, nos seis meses anteriores á presentación da solicitude, salvo para o caso de vivendas de nova construción e as vivendas que estivesen á disposición da Bolsa de Vivendas en Aluguer do Instituto Galego da Vivenda e Solo nos termos establecidos nas disposicións transitorias deste decreto.

    2. Non estar sometidas a ningunha limitación derivada da súa cualificación como de protección ou promoción pública que impida arrendala.

    3. Que a superficie útil da vivenda non exceda 120 metros cadrados.

    4. Ter unha renda de mercado taxada pola sociedade pública xestora que non sexa superior a 450 euros ao mes (catrocentos cincuenta euros).

    5. Reunir as condicións esenciais de habitabilidade.

  2. Quedarán excluídas todas aquelas edificacións que non teñan como uso escriturado o de vivenda.

  3. Non se admitirán no Programa de vivenda en aluguer as vivendas que, a criterio da sociedade pública xestora:

    1. Se sitúen en concellos ou comarcas en que non exista demanda suficiente de aluguer.

    2. Non reúnan as condicións esenciais de habitabilidade aínda incluíndo as posibilidades de reforma.

    3. Teñan un contorno que as faga dificilmente alugables.

Artigo 5º Xestión das vivendas.
  1. A xestión das vivendas incorporadas ao programa, realizarase mediante a sinatura cos seus titulares, dun contrato de xestión da vivenda para o seu arrendamento, de cesión da vivenda ou do contrato de arrendamento, arrendamento directo, ou calquera outro título válido en dereito e por un prazo non inferior a cinco anos, co obxecto de que sexa arrendada pola sociedade pública xestora nos termos deste decreto e disposicións do seu desenvolvemento.

  2. Excepcionalmente e cando as circunstancias concorrentes así o aconsellaren, como ocorre no caso de persoas con minusvalideces oficialmente recoñecidas ou similares, nas condicións que serán fixadas na normativa de desenvolvemento deste decreto, poderán incorporarse contratos de arrendamento directamente concertados entre o titular da vivenda e o inquilino, sempre que cumpran os requisitos deste decreto, excepto o de encontrarse baleiras.

Artigo 6º Dereitos dos propietarios.
  1. Os propietarios aos cales lles sexan admitidas e alugadas as vivendas no marco do Programa de vivenda en aluguer, terán dereito a:

    1. Unha renda periódica, que se calculará segundo os prezos medios do mercado, unha vez deducidos os gastos de xestión, sen que se poida superar a renda de aluguer taxada pola correspondente sociedade xestora. A dita renda de aluguer taxada debe encontrarse dentro dos parámetros establecidos no artigo 15 e concordantes do Real decreto 801/2005, do 1 de xullo, no artigo 9 e concordantes do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR