Decreto 244/2003, do 24 de abril, de homologación sanitaria de receitas oficiais para a prestación farmacéutica.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

Determinados medicamentos, productos sanitarios e dietoterápicos complexos incluídos na prestación farmacéutica e complementaria da Seguridade Social, con carácter previo á súa dispensación a través das oficinas de farmacia, requiren dun mecanismo no que se verifique o cumprimento das condicións de prescrición relativas a eles.

Tendo en conta o anterior, para á súa prescrición mediante receita oficial os anteditos medicamentos deben axustarse ó establecido na súa autorización de comercialización, na súa ficha técnica e demais requisitos ó abeiro da normativa vixente na materia.

Neste sentido, a Lei 25/1990, do 20 de decembro, do medicamento fai unha referencia xenérica sobre esta materia no seu artigo 22, posto en relación cos artigos 93 e 95 da mesma norma.

Como consecuencia do anteriormente exposto, cómpre regular dentro das institucións sanitarias do Sergas, un procedemento que lle facilite ó usuario a prestación farmacéutica naqueles casos en que a prescrición de receitas estea sometida a este visado.

A verificación da prescrición de tratamentos farmacoterapéuticos debe integrarse como unha actividade asistencial, achegando un valor engadido á seguridade e calidade no proceso prescrición-dispensación, polo que se considera oportuno levar a cabo unha modificación no actual sistema de visado de receitas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta modificación implica que o procedemento de visado se leve a cabo dentro das propias estructuras asistencias e por persoal facultativo pertencente ós centros de atención primaria e de atención especializada do Servicio Galego de Saúde. Deste xeito, facilítase unha maior accesibilidade á prestación sanitaria que precise o paciente.

Así mismo, considérase oportuno o cambio da denominación de visado de receitas, pola de homologación sanitaria de receitas, xa que desta maneira, se reflicte en toda a súa extensión a finalidade da verificación previa á dispensación das prescricións de medicamentos, productos sanitarios e dietoterápicos complexos.

Tendo en conta o anterior, segundo o disposto no Decreto 45/2002, do 8 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde, concretamente no punto 1º do seu artigo 22, a División de Farmacia e Productos Sanitarios do Servicio Galego de Saúde é o órgano competente para a execución e desenvolvemento do visado de receitas.

Con esta norma preténdese asegura-la homoxeneidade dos criterios para a práctica da homologación sanitaria de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde, de acordo coa Lei do medicamento do 20 de decembro de 1990 e garantir que as prescricións médicas se efectúen de conformidade coas indicacións terapéuticas aprobadas en cada medicamento.

Así tamén, coa implantación do procedemento de homologación sanitaria preténdese unha maior axilización dos trámites e mellora-la accesibilidade do usuario á prestación farmacéutica obxecto de homologación sanitaria.

Por último, cómpre engadir que, coa entrada en vigor desta norma, deixa de ser aplicable o réxime previsto nas disposicións transitorias cuarta e sexta dos decretos 44 e 45/2002, do 8 de febreiro, polos que se establecen as estructuras orgánicas da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde respectivamente, mentres non se proceda á regulación do procedemento de visado de receitas.

Por todo isto, e en virtude das competencias establecidas no artigo 33 do Estatuto de autonomía de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade e de acordo co dictame do Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de abril de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.
  1. Este decreto ten por obxecto regula-la homologación sanitaria de receitas oficiais de prestación farmacéutica e complementaria no ámbito do Servicio Galego de Saúde.

  2. Considerarase homologación sanitaria de receitas no ámbito do Servicio Galego de Saúde, o proceso a través do cal se...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR