Decreto 47/2004, do 20 de febreiro, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, de terreos situados no termo municipal de Cariño, destinados á construcción do novo instituto de educación secundaria.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Cariño reunido en sesión celebrada o día tres de agosto de 2003, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia terreos no termo municipal de Cariño, destinados á construcción do novo instituto de educación secundaria nesta localidade.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos en que o Concello de Cariño acordou a cesión, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de febreiro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, a título gratuíto, feita polo Concello de Cariño a favor da Comunidade Autónoma de Galicia de 10.192 metros cadrados de terreo, situado no lugar de Lagoa-Barreiros, na parroquia de Cariño, e que linda ó norte e ó oeste, con propiedades municipais e ó sur e ó leste, con rúas de nova apertura.

Artigo 2º

Os terreos cedidos destinaranse á construcción do novo instituto de educación secundaria nesta localidade.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR