Decreto 45/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

A conformación dun sistema sanitario que obteña resultados satisfactorios, a través dos profesionais sanitarios, para a cidadanía de Galicia e cunha organización sanitaria eficaz, equitativa e eficiente, marca a nova estratexia adoptada pola Consellería de Sanidade. Este posicionamento está impregnado duns valores que deben ser tidos en conta en todos os niveis e procesos do Sistema Sanitario Galego.

De xeito tal que, para considerar unha actuación como axustada a estes parámetros, ten que obter os resultados desexados, pero ademais respectando os valores ou criterios aquí fixados:

-Obter resultados positivos no ámbito da saúde das galegas e dos galegos, así como nos dereitos recoñecidos na lexislación sanitaria, na humanización da medicina, tanto en niveis obxectivos como de satisfacción percibida.

-O sistema sanitario galego promoverá e potenciará o seu carácter público.

-O sistema sanitario galego ten que actuar con eficiencia en todos os seus niveis orgánicos e asistenciais para garantir a sustentibilidade financeira do sistema.

-Todos os obxectivos e resultados da organización deberán estar baseados na participación real e continua de profesionais, cidadáns e, en xeral, de toda a sociedade galega.

Cómpre, polo tanto, facer as necesarias modificacións na estrutura da Consellería de Sanidade, co fin de desenvolver o papel que lle corresponde como autoridade sanitaria e como órgano responsable da dirección do sistema sanitario de Galicia.

Á Consellería de Sanidade correspóndelle fixar os obxectivos de mellora da saúde, garantir o dereito ás prestacións sanitarias de cobertura pública, delimitar os dispositivos e medios de titularidade pública ou adscritos ao sistema, segundo as necesidades de saúde da poboación, dirixir a rede galega de atención sanitaria e realizar as actuacións de autoridade sanitaria. En definitiva, desenvolver un modelo organizativo que se axuste paulatina e progresivamente cara á consecución dos obxectivos estratéxicos establecidos nas directrices de Política Sanitaria de Galicia acordadas polo Consello da Xunta de Galicia do vinte e e sete de outubro do dous mil cinco.

Estas funcións desenvolveranse de acordo cos principios establecidos no precitado acordo e na dirección axeitada cara á redacción da nova Lei de saúde de Galicia, que supere a actual Lei de orde

nación sanitaria de Galicia (Losga), con especial énfase na orientación cara aos cidadáns e á participación social, na concepción integral da saúde, na universalidade do dereito ás prestacións de cobertura pública, na promoción da equidade no acceso aos servizos e ás prestacións sanitarios e no equilibrio territorial, cunha atención de calidade personalizada e humanizada, tanto na vertente clínica e organizativa coma na atención aos cidadáns.

No modelo organizativo, e polo tanto na estrutura, sepáranse a planificación, o financiamento e a avaliación da xestión, que lle corresponden á consellería, respecto da execución, que lle corresponde ao Sergas. Este organismo, ao que se lle encomenda con carácter xeral a dobre función de compra e provisión de servizos sanitarios, está adscrito á Consellería de Sanidade, que exerce sobre el as funcións de dirección, vixilancia e tutela.

Polo tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Sanidade, cos informes previos da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de febreiro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º A Consellería de Sanidade.
  1. A Consellería de Sanidade é o órgano da Administración autonómica responsable da superior dirección e control do desenvolvemento das funcións e competencias que lle corresponden á Xunta de Galicia en materia de sanidade, de acordo co establecido nos artigos 27.23º, 28.8º e 33 do Estatuto de autonomía de Galicia e que lle foron asignadas polo Decreto 28/1980, do 15 de outubro, polo artigo 21 da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia e pola Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

  2. Así mesmo, correspóndelle o exercicio das competencias que para situacións sanitarias urxentes ou de necesidade se recollen na Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública.

Capítulo I

Servizos centrais

Artigo 2º Estrutura.
  1. A Consellería de Sanidade, para o cumprimento das súas funcións, contará coa seguinte estrutura nos seus servizos centrais:

    1. A conselleira ou conselleiro.

    2. A Secretaría Xeral.

    3. A Dirección Xeral de Saúde Pública.

    4. A Dirección Xeral de Aseguramento e Planificación Sanitaria.

    5. Órganos asesores, consultivos e de coordinación.

  2. O Servizo Galego de Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo creado pola Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Saúde, (derrogada, agás os seus artigos 1 e 2, que se manteñen vixentes, pola Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia) estará adscrito á Consellería de Sanidade.

Artigo 3º A conselleira ou conselleiro.

A conselleira ou conselleiro de Sanidade é a superior autoridade da consellería e con tal carácter desempeña e exerce as competencias que lle confiren a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro; a Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia; e a Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas, en relación co Decreto 254/1997, do 10 de setembro e a Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

Artigo 4º A Secretaría Xeral.
  1. A Secretaría Xeral exercerá as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con todas as unidades e servizos dependentes da Consellería de Sanidade e a inspección dos servizos, centros e organismos dependentes ou adscritos á consellería, sen prexuízo das funcións que se lles atribúan a outros órganos dos diferentes departamentos da Xunta de Galicia.

    Correspóndelle tamén:

  2. Con respecto aos sistemas e tecnoloxías de información, e baixo a perspectiva de artellar un proxecto único para a Consellería de Sanidade e para o Sergas, correspóndelle o deseño da estrutura básica do sistema de información do sistema sanitario de Galicia, a normalización, o mantemento e a explotación dos sistemas e tecnoloxías de información e a definición, coordinación e supervisión dos plans de información e sistemas da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, sen prexuízo das funcións atribuídas a outros órganos dos diferentes departamentos da Xunta de Galicia. A Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade poderá definir e articular as comisións técnicas necesarias para o desenvolvemento das funcións desta unidade.

  3. A inspección dos servizos sanitarios que se exercerá sobre todos os centros, servizos, establecementos e prestacións sanitarias e farmacéuticas de titularidade pública ou privada da Comunidade Autónoma de Galicia. Os efectivos que desenvolvan esta función dependerán orgánica e funcionalmente da Secretaría Xeral, sen prexuízo do sinalado no artigo 27 deste decreto.

  4. A ordenación e o exercicio das potestades disciplinarias dos recursos humanos da consellería, sen prexuízo das competencias atribuídas ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

  5. A iniciación, de oficio ou por proposta do organismo autónomo Sergas, dos procedementos sancionadores a establecementos farmacéuticos, así como as funcións que lle atribúen as normas reguladoras das oficinas de farmacia; dos servizos de farmacia e depósitos de medicamentos nas estruturas de atención primaria; das boticas anexas e dos establecementos de fabricación, distribución e de venda de produtos sanitarios.

  6. A elaboración e redacción do proxecto de orzamento da consellería, o establecemento de bases e directrices da xestión económica, e a ordenación dos investimentos, instalacións, equipamentos e outros gastos e pagamentos da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR