SAP Pontevedra 6/2006, 28 de Febrero de 2006

PonenteLUCIANO VARELA CASTRO
ECLIES:APPO:2006:1577
Número de Recurso6005/2005
Número de Resolución6/2006
Fecha de Resolución28 de Febrero de 2006
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADOLUCIANO VARELA CASTROMARIA DEL ROSARIO CIMADEVILA CEA

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00006/2006

SENTENCIA: 00006/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEGUNDA

PONTEVEDRA

CAUSA PENAL

Rolo: 6005/05 M.J.

Asunto: Procedemento Abreviado

Número: 30/03

Procedencia: JDO. INSTRUCCIÓN VILLAGARCIA UNO

LA SECCIÓN SEGUNDA DE ESTA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, compuesta por

DON JOSE JUAN BARREIRO PRADO Presidente, DON LUCIANO VARELA CASTRO y Dª

ROSARIO CIMADEVILA CEA Magistrados ha pronunciado.

EN NOMBRE DEL REY

la siguiente

SENTENCIA NÚM. 6

Pontevedra, a vinte e oito de Febreiro dos mil seis.

VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 30/03, procedente do Xulgado de Instrucción núm. 1 de Vilagarcia , seguida

polo procedimiento abreviado, polo delito contra a saúde pública, contra Sergio con DNI NUM000 , nacido el día 16-12-1967, fillo de José y Hortensia, vecino de Vigo

con domicilio en TRAVESIA000 nº NUM001 - NUM002 - NUM002 , con antecedentes penais non computables,

insolvente e en liberdade provisional por esta causa, estando privado dela dende o 2-5-2001 ao 15-6-

2001, representado polo Procurador Don Pedro Sanjuán Fernández e defendido polo Letrado Don

Roberto Adan Allo; Jesus Miguel , con D.N.I. NUM003 ., nacido en

Sanxenxo (Pontevedra) o 2-11-1972, fillo de Leoncio y Maria Luz , con domicilio en Vilagarcia de

Arousa, AVENIDA000 nº NUM004 - NUM005 , sen antecedentes penais, en liberdade

provisional por esta causa e privado de liberdade dende o 2-5-2001 ao 24-12-2001, insolvente,

representado pola Procuradora Dª Patricia Cabido Valladar e defendido por Don Jacinto Romero

Martinez; Juan Carlos ,con D.N.I. NUM006 , nado en Gondomar o 11-5-

1978, fillo de José e Maria Elvira, con domicilio en DIRECCION000 nº NUM007 Gondomar, sen antecedentes

penais, insolvente, en liberdade provisional por esta causa, estando privado dela dende o 2-5-2001

ao 13-8-2001, representado polo Procurador Don Pedro Sanjuán Fernández baixo a dirección do

letrado Don Fernándo Romay Graña, sendo parte o Ministerio Fiscal na representación do cal

interviú DON IGNACIO JAUREGUI, sendo relator o Ilmo.Sr.Maxistrado DON LUCIANO VARELA CASTRO, quen expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE HECHO
PRIMEIRO

O Ministerio Fiscal, na suas conclusions definitivas calificóu sua versión dos feitos como constitutivos dun delito contra a saúde pública en sua modalidad de sustancias que causan grave dano a saude, previsto y penado no artígo 368 do Código penal vixente . Do referido delito son responsables os acusados en concepto de autores, conforme os artigos 27 y 28 do Código Penal .- No concurrendo circunstancias mofificativas de responsabilidade criminal. Procede imponer ao acusado Sergio polo delito a pena de 4 anos de prisión, con a accesoria de inhabilitación especial para o ejercicio do dereito de sufragio pasivo durante la condena y multa de 78. 813'13 Euros. Procede impor a cada uno dos acusados Juan Carlos y Jesus Miguel por o delito a Pena de 9 anos de prisión, con a accesoria de inhabilitación especial para o ejercicio do dereito de sufragio pasivo durante a condena, e multa de 236.439'39 Euros.-Así como o pago por partes iguais das costas causadas. Ditas conclusións son modificadas no acto do xuizo, en parte. Na 5º solicita para Jesus Miguel a pena de 5 anos de prisión, inhabilitación especial para o ejercicio do sufragio pasivo durante a condena, e multa de 100.000 euros. O resto de conclusions_as eleva a definitivas. Tamen solicita a mesma pena de 5 anos de Prision, e inhabilitación especial para o dereito de sufragio pasivo, multa de 100.000 euros para Juan Carlos o resto das conclusions a definitivas. Respecto ao acusado Sergio , solicitou o Fiscal pena de 3 anos de prisión e a misma multa de 78.813, 13 Euros, o resto a definitivas.

SEGUNDO

As defensas de os procesados Jesus Miguel e Juan Carlos solicitaron su absolución por non ser os feitos constitutivos de delito. A defenssa de Jesus Miguel mostrou a súa disconformidade co manifestado polo Ministerio Fiscal, en todo caso, e de forma alternativa concurre no seu representado como moi cualificada a circunstancias atenuante do número 21, 2ª do Código penal, en relación co o do 20,2º tamen do Codigo Penal .

Sergio mostrou ao inicio do xuizo oral a súa conformidade co a pena interesada polo Ministerio Fiscal e a súa defensa modificaos suas conclusións e solicitou na primeira na cal se debe facer constar que..." o acusado, sen coñecer a concreta naturaleza da sustancia que lle entregaban, aceptou levala, a cambio de diñeiro"... Na cuarta.- Interesou a aplicación da atenuante analógica de confesión elevando o resto a definitivas .

A defensa de Jesus Miguel modificou suas conclusións na forma que expresa no seu escrito que presenta en este acto e que se una a acta na que manifesta a primeira e a contemplada no artigo 21-2º en relación co 20-2º do C.P., xa que guarda íntima relación co delito a grave adicción que padecía no momento dos feitos. A segunda circunstancia que se debe ter en consideración é que dende os feitos transcurriron casi cinco anos, e esa demora non se lle pode imputar nin a él nin a súa representación procesal, e como quedou exposto e acreditado a súas circunstancias actuais variaron, é está plenamente integrado na sociedades.- Debendo ter tamen en consideración a confesión realizada por meu representado e a colaboración no enxuizamento..- Na quinta disconforme co Ministerio Fiscal solicitando a pena de un ano e seis meses de prisiòn coa a multa que se sinale.

A defensa de Juan Carlos nas suas conclusions definitivas interesou se aplicara a atenuante 2ª do artigo 21 en relación coa eximente 2ª do artigo 20 do C.P.. Asi mesmo interesa se aplique a atenuante analógica de confesión elevando o resto a definitivas.

O día 29 de abril de 2001 o acusado don Jesus Miguel entregoulle, a cambio de diñeiro, a don Juan Carlos unha bolsa que contiña 861,5 g. de cocaína cunha pureza do 71,32% e outra que contiña 139,6 g cunha pureza de 68,98%. A entrega tivo lugar contra as 19 horas no bar Rosita, en Rubiáns, do partido xudicial de Vilagarcía.

A seguir, don Juan Carlos entregoulle a droga a don Sergio , quen, coñecendo a natureza do que recibía, aceptou transportala a Vigo a cambio de diñeiro.

O prezo da droga intervida acada no mercado o valor de 78.813,13 euros.

Os acusados son maiores de idade e non teñen antecedentes computables.

A don Sergio interviñéronselle, ó ser detido, 34.255 PTA, que era parte do prezo recibido para face-lo transporte.

A don Juan Carlos tamén se lle interviñeron 45.000 PTA, obtidas en operacións de tráfico de droga, un teléfono portátil Motorola usado para a actividade ilícita indicada, un caderno no que facía anotacións desas operacións de tráfico, e tamén 0,804 g de cannabis e 1,143 g de cocaína, que non consta que a fose destinar a ser traficada.

A don Jesus Miguel interviñéronselle 48.000 PTA, obtidas no tráfico ilícito, e un teléfono portátil Ericsson empregado na mesma actividade.

O procedemento foi iniciado no mes de abril de 2001. Desde o mes de xuño de 2001 sofre unha ralentización nun período de tempo no que as dilixencias son notoriamente superfluas, como as de solicitar dun xulgado de León antecedentes innecesarios, sen que ata o mes de abril de 2002 -en que se manda rexistra-la causa como sumario- nada útil fose ordenado polo xuíz instrutor que demora inexplicablemente ata xuño de 2002 pedi-la avaliación da droga ocupada. Adía, sen explicación, o procesamento ata xullo de 2002, o que implica xa unha perda dun ano na tramitación efectiva da causa. E, sen outra actuación que recibi-la indagatoria, remata a conclusión en decembro de 2002. Logo utilízanse seis meses para facer recae-la decisión que revoga a conclusión e manda segui-lo procedemento como abreviado. Isto ocorre en xullo de 2003, comezando o trámite de cualificación polas partes que non se pecha ata novembro de 2005: ¡máis de dous anos! Disto que pode considerarse como causa o comportamento das partes, que fixeron renuncia á representación e defensa inicial, pero tamén o xeito de tramitar por parte do xuíz, mesmo dándolles traslados sucesivos ás defensas e non simultáneos. Non consta que do anterior derivasen concretos prexuízos para os acusados.

Non consta acreditado que ningún dos acusados fose adicto ó consumo de substancias tóxicas, nin sequera cal era, de existir, o nivel de abuso no seu consumo.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

  1. - A respecto dos feitos probados

    No tocante á realidade da posesión, entregas e destino da droga, os tres acusados admitiron os feitos de xeito pleno no acto do xuízo oral.

    Verbo da adicción ó consumo de tóxicos, don Jesus Miguel afirma que estivo a tratamento nunha clínica de Vigo pero, significativamente, non fai achega de informe ningún dela. Pola contra, declarou á súa instancia un perito, residente en Madrid, de quen o mellor que se pode dicir é que non afirma nada. Limítase a especular coa "posibilidade" de que o acusado-cliente fose manipulado ou enganado e de que "a base antropolóxica" da imputabilidade teña consecuencias no ámbito xurídico. Tan intranscendente alusión do perito, que, no seu esforzo colaborador, se despraza desde a capital madrileña, ten como base a narración que o mesmo paciente lle fai segundo vai narrando na anamnese do informe; e con tal débil fonte informativa -de quen acude na precisa pescuda dun informe de compracencia a efectos exculpatorios- senta datos como a descrición do marco familiar, non podendo nin así afirmar un debut no consumo de cocaína ata o ano 1998, ben pouco antes dos feitos, aínda que o perito crea a versión do acusado de que este xa debutara antes en psicótropos. Desde logo, nin no informe, nin por outro medio, se chega a afirmar que ese consumo pasara a fronteira...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS 424/2007, 18 de Mayo de 2007
    • España
    • 18 Mayo 2007
    ...que ante Nos pende, interpuesto por las representaciones legales de los acusados Claudio, Eduardo y Felipe contra Sentencia núm. 6/2006 de 28 de febrero de 2006 de la Sección Segunda de la Audiencia Provincial de Pontevedra, dictada en el Rollo de Sala núm 6005/2005 dimanante del P.A. núm. ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR