DECRETO 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Rango de LeyDecreto

O 16 de maio de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia tendo en conta os criterios de eficacia e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa.

A optimización dos recursos públicos, a eficacia na xestión, a racionalización, o logro da máxima coordinación das distintas unidades administrativas e a mellora continua son principios básicos que guían a actuación da Xunta de Galicia.

O Decreto 58/2022, do 16 de maio, establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Non obstante, cómpre establecer un segundo nivel organizativo, en distintos órganos superiores e de dirección e en diversas entidades do sector público, coa finalidade de acadar un maior grao de racionalización e eficacia consonte os criterios de mellora continua reflectidos na Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

Neste marco, procede agora aprobar a estrutura orgánica superior das vicepresidencias e das respectivas consellerías, e é compromiso da Xunta de Galicia afondar no camiño xa iniciado de racionalización das súas estruturas administrativas consolidando pautas de mellora continua na procura dunha maior eficacia e eficiencia no seu funcionamento.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de acordo co artigo 25.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no exercicio da facultade outorgada polo artigo 4.15 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e cinco de maio de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1
  1. A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

    1. Secretaría Xeral Técnica.

    2. Secretaría Xeral de Industria.

    3. Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

    4. Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

  2. Quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

    2. O ente público Instituto Galego de Promoción Económica.

    3. A Axencia Galega de Innovación.

    4. A Axencia Instituto Enerxético de Galicia.

Artigo 2
  1. A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

    1. Secretaría Xeral Técnica.

    2. Secretaría Xeral para o Deporte.

    3. Dirección Xeral de Xustiza.

    4. Dirección Xeral de Administración Local.

    5. Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.

    6. Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

    7. Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

  2. Quedan adscritas organicamente á consellería as delegacións territoriais da Xunta de Galicia. As delegacións territoriais, configuradas como órganos de dirección, terán nivel orgánico de dirección xeral.

  3. Quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Academia Galega de Seguridade Pública.

    2. A Axencia Galega de Emerxencias.

Artigo 3
  1. A Consellería de Facenda e Administración Pública estrutúrase nos seguintes órganos de dirección:

    1. Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

    2. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

    3. Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

    4. Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

    5. Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos.

    6. Dirección Xeral da Función Pública.

    7. Dirección Xeral de Simplificación Administrativa.

  2. Quedan adscritos a esta consellería:

    1. O organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.

    2. O organismo autónomo Escola Galega de Administración Pública.

    3. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

    4. A Axencia Tributaria de Galicia.

    5. O Consello Económico e Social, ente institucional de dereito público, órgano consultivo, creado pola Lei 6/1995, do 28 de xuño.

    6. O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, creado pola disposición derradeira segunda da Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración.

Artigo 4
  1. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estrutúrase nos seguintes órganos de dirección:

    1. Secretaría...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR