DECRETO 49/2022, do 21 de abril, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do acondicionamento da LU-710, puntos quilométricos 0+000-4+500, de clave LU/17/103.10, no concello de Baralla (Lugo).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 21 de maio de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 94 o Anuncio do 3 de maio de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do acondicionamento da LU-710, p.q. 0+000-4+500, de clave LU/17/103.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Segundo. Tras a análise dos informes, das alegacións e dos certificados presentados, o 4 febreiro de 2022 aprobouse o expediente de información pública e o proxecto de construción do acondicionamento da LU-710, p.q. 0+000-4+500, de clave LU/17/103.10.

A actuación ten por obxecto a mellora da seguridade viaria na estrada LU-710, desde a intersección coa N-VI (p.q. 0+000) ata o enlace coa A-6, unha vez cruzado o río Neira, no termo municipal de Baralla (Lugo), e completar o acondicionamento do trazado na lonxitude total da citada estrada.

As actuacións principais son as seguintes: ampliación da estrada a unha calzada de dous carrís de 3 m con beiravías de 0,50 m, mellora de curvas e disposición de sobreanchos, mellora da intersección coa N-VI, rehabilitación do firme e implantación de paradas de bus.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Corresponde ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR