DECRETO 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Rango de LeyDecreto

O Decreto 88/2018, do 26 de setembro, establece a actual estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Esa estrutura foi desenvolvida polo Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos. Esta última norma fixou o nivel organizativo dos órganos superiores e de dirección da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a relación de entidades do sector público que a integran.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda agrupa, xunto as competencias de ambiente, urbanismo e paisaxe, as relacionadas coa vivenda e a rehabilitación, ao ter adscrito o Instituto Galego da Vivenda e Solo, reforzando deste xeito unha área necesaria para o desenvolvemento económico de Galicia co fin de contribuír activamente ao crecemento e desenvolvemento da nosa comunidade autónoma.

Procede, por tanto, establecer a estrutura e as funcións da consellería respectando os principios de eficacia e economía que sempre deben presidir a actuación e a organización administrativa, así como a eficiencia e contención no gasto público.

Exclúese a regulación da estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo, xa desenvolvida polo Decreto 97/2014, do 24 de xullo, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, así como a do resto de entidades adscritas á consellería, por contar coa súa normativa específica.

Polo que se refire á organización dos servizos periféricos, de acordo co disposto no artigo 35 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, as xefaturas territoriais previstas neste decreto dependen orgánica e funcionalmente da consellería, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das súas competencias que asume cada delegación territorial no seu correspondente ámbito territorial.

No presente decreto, a estrutura periférica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantén a súa organización en catro xefaturas territoriais na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e conserva a dita estrutura en prol da eficacia administrativa e da eficiencia no gasto público.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de marzo de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Ámbito competencial e organización xeral da consellería

Artigo 1 Ámbito competencial

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma a que lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, conservación do patrimonio natural, paisaxe e vivenda, conforme o establecido no Estatuto de autonomía para Galicia nos termos sinalados na Constitución española, e que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos integrantes deste departamento.

Artigo 2 Estrutura da consellería

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

  1. O/a conselleiro/a.

  2. A Secretaría Xeral Técnica.

  3. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

  4. A Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

  5. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Artigo 3 Organismos, entes e órganos adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
  1. Quedan adscritos a esta consellería os seguintes organismos e entes:

    1. O organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, creado pola Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, en virtude do mandato recollido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e cuxos estatutos foron aprobados polo Decreto 244/2011, do 29 de decembro.

    2. O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, creado pola Lei 3/1988, do 27 de abril.

    3. O ente público de natureza consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, creado pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e cuxos estatutos establece o Decreto 213/2007.

  2. Así mesmo, tamén quedan adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, co carácter, labores e funcións establecidos nas súas respectivas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:

    1. A Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, prevista no artigo 9 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 12 a 16 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

    2. A Comisión de Seguimento das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia, creada polo Decreto 156/2012, do 12 de xullo.

    3. O Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, regulado no Decreto 74/2006, do 30 de marzo.

    4. O Observatorio Galego da Biodiversidade, creado polo Decreto 260/2007, do 13 de decembro.

    5. O Observatorio Galego de Educación Ambiental, regulado polo Decreto 193/2012, do 27 de setembro.

    6. O Comité Consultivo para a Protección Animal, creado pola Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

    7. O Comité Galego de Pesca Fluvial. A presidencia do comité será asumida pola persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

    8. Os comités provinciais de pesca fluvial. A presidencia dos comités será asumida polas persoas titulares das xefaturas territoriais da consellería.

    9. O Comité Galego de Caza. A presidencia do comité será asumida pola persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

    10. Os comités provinciais de caza. A presidencia dos comités será asumida polas persoas titulares das xefaturas territoriais da consellería.

    11. O Comité Galego das Árbores Senlleiras, creado mediante o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, presidido pola persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

    12. A Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica, regulada polo Decreto 172/2012, do 1 de agosto.

    13. O Observatorio Autonómico dos Ríos de Galicia, creado polo Decreto 15/2018, do 25 de xaneiro.

    14. O Consello Asesor da Paisaxe de Galicia, creado polo Decreto 19/2018, do 1 de febreiro.

    15. O Comité Asesor de Habitabilidade, regulado pola Orde do 12 de xaneiro de 2011.

    TÍTULO II

    Servizos centrais

    CAPÍTULO I

Artigo 4 O/a conselleiro/a

O/a conselleiro/a é a autoridade superior da consellería e, con tal carácter, está investido das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

CAPÍTULO II

Da Secretaría Xeral Técnica

Sección 1ª. Da Secretaría Xeral Técnica

Artigo 5 Atribucións

A Secretaría Xeral Técnica exercerá as funcións e competencias establecidas no artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e demais normativa aplicable, en relación coas diferentes unidades e servizos en que se estrutura a consellería, así como aqueloutras previstas na normativa aplicable ou mesmo as que lle sexan delegadas ou encomendadas pola persoa titular da consellería.

Artigo 6 Estrutura
  1. Para o exercicio das súas competencias, a Secretaría Xeral Técnica contará cos seguintes órganos:

    1. Vicesecretaría Xeral.

    2. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

    3. Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

  2. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e a Intervención Delegada, que dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.

    A Asesoría Xurídica de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda rexerase polo disposto na Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público, desenvolverá as funcións previstas no capítulo II da citada norma en relación coa súa área funcional e contará co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo.

    Sección 2ª. Da Vicesecretaría Xeral

Artigo 7 Funcións
  1. Con nivel orgánico de subdirección xeral, a Vicesecretaría Xeral, como órgano de dirección, exercerá as funcións de coordinación e apoio na dirección e xestión das competencias da Secretaría Xeral Técnica, a execución dos proxectos, obxectivos ou actividades e demais atribucións que lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, así como a súa suplencia en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

  2. Directamente, ou a través dos servizos que nela se integran, desenvolverá as seguintes funcións:

    1. A actuación como oficina de xestión orzamentaria.

    2. A elaboración e tramitación do anteproxecto anual de orzamentos da consellería.

    3. A elaboración do orzamento da Secretaría Xeral Técnica, así como a xestión e a tramitación de todos aqueles expedientes de xestión do gasto que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR