Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Rango de LeyDecreto

A Lei estatal 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espazos naturais e da fauna e flora silvestres establece a obriga das administracións públicas de adoptar as medidas necesarias para garantir a conservación das especies da flora e da fauna que viven en estado silvestre no territorio español, prestando especial atención ás especies autóctonas. O artigo 21.2º desta lei sinala que as comunidades autónomas con competencia exclusiva en materia de espazos naturais protexidos, e con competencia para ditar normas adicionais de protección en materia de ambiente, poderán establecer, ademais das figuras de protección previstas na lei estatal, outras diferentes regulando as súas correspondentes medidas de protección.

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, no seu título II, da fauna e flora, establece as medidas necesarias para garantir a conservación dos hábitats naturais e das especies da flora e fauna, con especial atención ás especies autóctonas e ás ameazadas, para o que se crean o Catálogo Galego de Especies Ameazadas e o Rexistro de Especies de Interese Galego.

Doutra banda, esa norma galega considera que o interese científico, estético ou monumental e ornamental dalgúns exemplares existentes en Galicia, de calquera especie botánica autóctona ou foránea, ou de agrupacións destes, aconsella que as normas protectoras se fagan extensivas a este tipo de árbores, xa que constitúen un patrimonio cultural valioso, de interese público, e irrecuperable no caso da súa destrución.

En Galicia xa se teñen declarado tres Monumentos Naturais pola presenza de árbores monumentais coma son: «Fraga de Catasós», no Concello de Lalín (provincia de Pontevedra), na que medran castiñei

ros dos máis grandes de Europa; «Souto da Retorta», no Concello de Viveiro (provincia de Lugo), que inclúe entre os seus exemplares o que probablemente sexa o eucalipto branco de maior tamaño dos cultivados no continente europeo; e o «Souto de Rozabales», no Concello de Manzaneda (provincia de Ourense), onde poden contemplarse castiñeiros de extraordinarias dimensións e beleza.

Pero con independencia de que os exemplares ou as agrupacións deles poidan atoparse en espazos protexidos ou se lles poidan aplicar réximes específicos de protección, como os de monumento natural ou paisaxe protexida, entre outros, a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, no seu artigo 52, procedeu á creación do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras de Galicia, no cal se incluirán aqueles exemplares ou mouteiras cuxa conservación sexa necesario asegurar polos seus valores naturais, culturais, científicos, didácticos, estéticos ou paisaxísticos, sinalando que nos exemplares ou mouteiras incluídas no catálogo poderán levarse a cabo, logo de autorización da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, todo tipo de tratamentos silvícolas e actuacións encamiñadas á súa protección, conservación e mellora.

Procede, polo tanto, non só aprobar o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras no cal se establecerán as árbores e formacións singulares merecedoras dun ámbito especial de protección senón tamén regular o procedemento para a inclusión destas árbores e formacións no dito catálogo, coa finalidade de protexelos de posibles riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de marzo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto.

Este decreto ten por obxecto aprobar o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, regular o procedemento para a inclusión destas árbores e formacións singulares no dito catálogo, así como establecer o réxime xurídico básico para as árbores e formacións que se inclúen nel.

Artigo 2º Árbores e formacións senlleiras.

Terán a consideración de senlleiras as árbores e as formacións de calquera especie, tanto autóctona como foránea, situadas en terreos de propiedade pública ou privada, que sexan merecentes de medidas específicas de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, dendrometría, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico

ou calquera outra circunstancia que as faga merecentes dunha especial protección.

Capítulo II

Catálogo Galego de Árbores Senlleiras

Artigo 3º Aprobación do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

Apróbase o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, como rexistro público de carácter administrativo dependente da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no cal se inclúen todas aquelas árbores e formacións excepcionais merecentes de protección sinalados nos anexos I e II.

Artigo 4º Procedemento de catalogación e descatalogación.
  1. A inclusión ou exclusión das árbores e das formacións de calquera especie no catálogo farase mediante orde da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

  2. A iniciación do procedemento de catalogación ou descatalogación farase de oficio pola consellería ou por instancia de parte.

  3. Poderán instar o inicio do devandito procedemento as persoas propietarias das árbores ou formacións, outras administracións públicas, centros de investigación ou asociacións e entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza, mediante a presentación do modelo de solicitude de inclusión que figura no anexo III acompañado da memoria xustificativa e de toda a información adicional da súa condición de senlleiro.

    Esta solicitude poderase presentar en calquera das dependencias sinaladas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes dirixiranse ao director xeral de Conservación da Natureza.

  4. No caso de que a documentación presentada sexa insuficiente, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza requirirá o interesado, conforme prevé o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que se así non o fixese, teráselle por desistido da súa petición, logo da resolución ditada en tal sentido.

  5. Previamente á catalogación daráselles audiencia ás persoas propietarias dos exemplares ou os seus representantes, e solicitarase informe ao Comité das Árbores Senlleiras.

  6. Este procedemento terá un prazo máximo de seis meses contados:

    -Naqueles procedementos iniciados de oficio pola Administración, a partir desde a data do acordo de iniciación.

    -Naqueles procedementos iniciados por instancia de parte (as...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR