DECRETO 11/2017, do 19 de xaneiro, polo que se modifica a denominación da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e o Decreto 259/1994, do 29 de xullo, establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, no seu artigo 17 establece que o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia, ben por propia iniciativa, co acordo do consello de goberno da universidade, ben por iniciativa da universidade, mediante proposta do seu consello de goberno, en ambos os dous casos co informe favorable do seu consello social, logo do informe preceptivo do Consello Galego de Universidades, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezanove de xaneiro...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR