Decreto 440/2003, do 5 de decembro, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, de parte do inmoble coñecido como antigo centro de saúde, situado no termo municipal de Viana do Bolo (Ourense), para a instalación da oficina agraria comarcal.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Viana do Bolo, reunido en sesión do 20 de marzo de 2000, acordou cederlle á Comunidade Autónoma de Galicia parte do inmoble coñecido como antigo centro de saúde, situado no termo municipal de Viana do Bolo, destinado á instalación da oficina do Servicio de Extensión Agraria.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello Viana do Bolo acordou a cesión, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, feita polo Concello de Viana do Bolo, a título gratuíto, dunha superficie construída de douscentos cinco metros cadrados aproximadamente, que se segregará do inmoble coñecido como antigo centro de saúde, situado na rúa María Pita 71, de Viana do Bolo, segundo a delimitación reflectida na planimetría incorporada ó expediente de cesión.

O inmoble no que se integra a superficie cedida figura inscrito no Rexistro da Propiedade no libro 142 de Viana do Bolo, tomo 340, folio 106, predio número 15316.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á instalación da oficina agraria comarcal.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR