Decreto 175/2007, do 13 de setembro, polo que se modifica o Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega encargado de propor e executar as directrices xerais do goberno no ámbito rural que engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, montes e prevención e defensa dos incendios forestais, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais e industrias agroalimentaria, exercéndoas na forma establecida no Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria.

Dado o tempo transcorrido desde a entrada en vigor da estrutura orgánica, é preciso acomodala ás novas necesidades para a mellor atención ás competencias e funcións que se lle atribúen á Consellería do Medio Rural, respectando os principios de eficacia e economía que sempre deben presidir a actuación e a organización administrativa.

Xa que logo, e por proposta do conselleiro do Medio Rural, co informe previo das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Economía e Facenda, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de setembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único Modificacións no Decreto 562/2005, do 1 de decembro:

Un.-Engádese un novo parágrafo ao final do artigo 3:

-O ente público Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Dous.-O punto 3 do artigo 5º queda redactado nos seguintes termos:

3. Subdirección Xeral de Apoio Xurídico, que terá ao seu cargo a elaboración de informes e ditames e o estudo das propostas de disposicións que elaboren os distintos centros directivos da consellería; a preparación e tramitación dos expedientes que se eleven ao Consello da Xunta de Galicia e as súas comisións delegadas e do traslado de acordos destas; a coordinación da publicación de toda clase de disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da consellería e entidades adscritas que deban ser publicados no Diario Oficial de Galicia; así como aqueloutros asuntos que, por razón da súa competencia, lles sexan encomendados polo secretario xeral.

Para o exercicio das súas funcións contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo

3.1. Servizo Técnico-Xurídico, ao que lle corresponderá a tramitación e a proposta de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial, reintegros de subvencións, da revisión dos actos en vía administrativa e dos expedientes sancionadores cuxa resolución corresponda aos directores xerais, ao conselleiro ou ao Consello da Xunta de Galicia nas materias competencia da consellería; así como a realización de cantas actuacións sexan necesarias respecto das fundacións de interese galego sobre as que a consellería exerza o protectorado, levando para ese efecto os libros de rexistro correspondentes, e todos aqueles asuntos que pola súa natureza análoga lle sexan encomendados

.

Tres.-O artigo 8º queda redactado nos seguintes termos:

Á Dirección Xeral de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR