Decreto 578/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Sección | I. Disposicións Xerais |
Emisor | CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA |
Rango de Ley | Decreto |
O Decreto 211/2005, do 3 de agosto, establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, procedendo á supresión da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e integrándoa na actual Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
O Decreto 232/2005, do 11 de agosto, fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, especificando os seus órganos superiores. Co obxecto de establecer o marco xurídico-administrativo en que debe exercer as súas competencias a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, cómpre desenvolver a súa estrutura detallándoa ata o nivel de servizo, actualizándoa e adecuándoa ás novas competencias asumidas.
En consecuencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, co informe previo da Consellería de Economía e Facenda, logo de deliberación do Consello da Xunta, na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil cinco,
DISPOÑO:
TÍTULO I
Organización xeral
Correspóndelle á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sen prexuízo das demais competencias que legal e regulamentariamente ten atribuídas, as relativas ás seguintes materias:
-Apoio e asistencia á Presidencia da Xunta de Galicia, as funcións sobre a función pública, calidade e avaliación dos servizos e as relacións entre a Xunta de Galicia e o Parlamento de Galicia.
-Asistencia á Administración de xustiza e a Administración local, con funcións sobre réxime interior, colexios profesionais, policía autonómica, coordinación das policías locais, casinos, xogos e apostas, seguridade, asociacións, espectáculos públicos e protección civil de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia nos termos sinalados na Constitución española.
-
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, baixo a superior dirección do seu titular, terá a seguinte estrutura orgánica:
-
O conselleiro.
-
A Secretaría Xeral.
-
A Dirección Xeral da Función Pública.
-
A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas.
-
A Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias.
-
A Dirección Xeral de Xustiza.
-
A Dirección Xeral de Interior.
-
A Dirección Xeral de Protección Civil.
-
A Dirección Xeral de Administración Local.
-
-
De conformidade co disposto no artigo único do Decreto 231/2005, do 11 de agosto, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, os seguintes órganos superiores:
-
Secretaría Xeral da Presidencia:
1.1. Asesoría Xurídica Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral.
1.2. Dirección Xeral do Gabinete de Presidencia.
-
Secretaría Xeral de Análise e Proxección.
-
Secretaría Xeral de Comunicación, á cal estará adscrita a Compañía de Radiotelevisión de Galicia.
3.1. Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.
-
Secretaría Xeral de Relacións Exteriores.
4.1. Dirección Xeral de Cooperación Exterior.
-
Secretaría Xeral de Emigración.
-
Secretaría Xeral de Política Lingüística.
-
Órganos periféricos: delegacións provinciais.
-
Adscríbense á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza os seguintes órganos colexiados:
4.1. A Comisión de Persoal da Xunta de Galicia, creada pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública galega, e regulada polo Decreto 156/1988, do 9 de xuño.
4.2. A Xunta Coordinadora de Edificios Administrativos.
4.3. A Comisión Central de Racionalización Administrativa, creada polo Decreto 186/1990, do 1 de marzo.
4.4. A Comisión de Informática da Xunta de Galicia, regulada polo Decreto 290/1992, do 8 de outubro.
4.5. A Comisión de Toponimia, regulada polo Decreto 174/1998, do 5 de xuño.
4.6. A Comisión Central de Revisión da Normativa Legal, así como a Comisión de Revisión da Normativa Legal da consellería, creadas polo Decreto 186/1990, do 1 de marzo.
4.7. A Comisión Central da Coordinación de Parques Móbiles, creada polo Decreto 327/1994, do 3 de novembro.
4.8. A Comisión das Webs da Xunta de Galicia, regulada polo Decreto 164/2005, do 16 de xuño.
4.9. A Comisión Superior para o Estudo do Desenvolvemento do Dereito Civil Galego, regulada no Decreto 107/1999, do 8 de abril.
4.10. A Comisión do Xogo de Galicia, creada pola Lei 14/1985, do 23 de outubro, e regulada polo Decreto 192/1988, do 21 de xullo.
4.11. A Comisión de Heráldica, regulada polo Decreto 369/1998, do 10 de decembro.
4.12. A Comisión de Coordinación das Policías Locais de Galicia, creada pola Lei 3/1992, do 23 de marzo, regulada nesta mesma lei e no Decreto 204/2000, do 21 de xullo.
4.13. O Consello Asesor de Asistencia Xurídica Gratuíta de Galicia, creado polo Decreto 146/1997, do 22 de maio.
4.14. O Consello Reitor do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, creado pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro.
4.15. O Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, regulada na Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo.
4.16. A Comisión Galega de Protección Civil, regulada no Decreto 56/2000, do 3 de marzo.
4.17. A Comisión Galega de Delimitación Territorial regulada no Decreto 370/1998, do 10 de decembro.
4.18. A Comisión Galega de Cooperación Local, regulada na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e no Decreto 280/1998, do 24 de setembro.
A natureza destes órganos colexiados e os seus cometidos, composición e funcións son os establecidos nas respectivas normas reguladoras.
-
Quedan adscritos a esta consellería os seguintes organismos autónomos:
5.1. Escola Galega de Administración Pública, que se axustará, nos seus fins, estrutura e funcionamento, ao disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo.
5.2. Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, que se adecuará nos seus fins, estrutura e funcionamento, ao disposto na Lei 1/2005, do 4 de xaneiro.
-
Queda adscrito organicamente a esta consellería o Instituto de Medicina Legal de Galicia, órgano técnico ao servizo da Administración de xustiza, creado polo Decreto 119/2005, do 6 de maio.
TÍTULO II
Servizos centrais
Capítulo I
-
O conselleiro é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investido das atribucións enumeradas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu
presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e pola Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo.
-
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza actuará como secretario do Consello da Xunta de Galicia e das comisións delegadas do Goberno galego.
Capítulo II
Da Secretaría Xeral
Sección 1ª
Da...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba