Decreto 143/2008, do 3 de xullo, polo que se crea o Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Función Pública Galega.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Exposición de motivos.

A Constitución española establece no seu artigo 49 que os poderes públicos realizarán unha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración das persoas con discapacidade, ás que prestarán a atención especializada que requiran e ampararanas especialmente para o gozo dos dereitos que o título I outorga a todos os cidadáns/as. Entre eses dereitos recollidos nos artigos 35 e 40 de mesmo título figuran o dereito ao traballo de todos os españois, a libre elección de profesión e oficio, a promoción do traballo e unha remuneración suficiente.

Ao longo dos últimos anos distintas normas foron incorporando medidas orientadas a compensar as desigualdades con que se atopan as persoas afectadas por algún tipo de discapacidade no acceso ao emprego público. A Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración dos discapacitados, incorpora o dereito do principio de participación destes nos procesos selectivos das administracións en igualdade de condicións ca os/as demais aspirantes, posteriormente a Lei 23/1988, do 28 de xullo, de modificación da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, establece a reserva de prazas para persoas con discapacidade na oferta de emprego público. Máis recentemente atopámonos cunha serie de medidas lexislativas que pretenden asegurar a supresión de calquera discriminación por razón de discapacidade e fomentar o seu ingreso na función pública tales como a Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, a Lei 53/2003, do 10 de decembro, sobre emprego público de discapacitados e a Lei 62/2003, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social.

No ámbito autonómico a Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia, modificada pola Lei 32/1997, do 4 de agosto, e a Lei 18/2002, do 1 de xullo, establece no seu artigo 4 que:

1. Os dereitos, liberdades e deberes fundamentais dos galegos son os establecidos na Constitución.

2. Correspóndelles aos poderes públicos de Galicia promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, eliminar os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os galegos na vida política, económica, cultural e social.

3. Os poderes públicos da comunidade autónoma asumen, como un dos principios reitores da súa política social e económica, o dereito dos galegos a viviren e traballaren na propia terra

.

A inserción laboral das persoas con discapacidade constitúe unha vía fundamental para alcanzar unha plena integración social para iso é preciso que os poderes públicos adopten medidas dirixidas a incrementar o emprego destas persoas, aumentar as súas oportunidades de traballo e impedir calquera forma de discriminación.

Neste sentido, a Comunidade Autónoma de Galicia con competencia en materia de función pública, de conformidade co establecido no seu Estatuto de autonomía no título II, capítulo I, artigo 27, e o seu Parlamento, facendo uso desa atribución competencial, aprobou a Lei 13/2007, do 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, pola que se eleva a reserva de cota nas ofertas de emprego público a unha porcentaxe non inferior ao 7%, de xeito que poida alcanzarse o 2% dos efectivos totais da Administración, disposición adicional 7ª, artigo 32.

Non obstante, o cumprimento da cota de reserva nas administracións públicas debe ir acompañado doutra serie de medidas que incidan non só no ingreso senón tamén no acceso e na permanencia destas persoas no emprego público.

É necesario complementar as cotas de reserva con outras medidas tales como unha regulación exhaustiva da forma de determinación e distribución das...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR