Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público das categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

De conformidade coas previsións contidas na Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, así como do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, para a convocatoria periódica de procedementos de selección de persoal que garantan os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no acceso, procede afrontar a oferta de emprego público de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008.

O ámbito da dita oferta circunscríbense as categorías de persoal estatutario de licenciados sanitarios incluídas no anexo deste decreto.

En consecuencia, tendo en conta as prazas vacantes nas distintas categorías ou especialidades de persoal estatutario licenciado sanitario que afectan o funcionamento dos servizos públicos esenciais, de conformidade co previsto no artigo 30 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, cómpre a aprobación da oferta de emprego público relativa ás categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008.

Na súa virtude, por proposta da persoa titular da Consellería de Sanidade, logo da negociación coa representación sindical no seo da Mesa de Negociación do Persoal Sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de agosto do dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º Aprobación da oferta de emprego público.

De conformidade co disposto no artigo 13.8º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, así como no artigo 30 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, apróbase a oferta de emprego público do persoal estatutario das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008 das categorías de persoal licenciado sanitario incluídas no anexo deste decreto.

Artigo 2º Cuantificación da oferta de emprego público.

Na oferta de emprego público inclúense as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poden ser cubertas con efectivos de persoal existentes segundo a distribución que se detalla no anexo deste decreto.

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR