Decreto 74/2007, do 12 de abril, polo que se acorda a cesión en propiedade, a título gratuíto, do predio situado no p.k. 63,328 da estrada C-552, A Coruña-Fisterra, a favor do Concello de Vimianzo.
Sección | III. Outras Disposicións |
Emisor | CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA |
Rango de Ley | Decreto |
O Concello de Vimianzo solicitou a cesión en propiedade dun predio rústico situado no p.k. 63,328 da estrada C-552 A Coruña-Fisterra, coa finalidade de destinalo a área de descanso, incluíndo a realización de traballos de aseamento dunha caseta de legoeiro en ruínas.
A titularidade do ben correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 3317/1982, do 24 de xullo (BOE nº 291, do 4 de decembro), modificado polo Real decreto 2708/1983, do 21 de setembro (BOE nº 255, do 25 de outubro) sobre transferencias de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas.
Polo Decreto 291/2003, do 4 de xuño (DOG nº 124, do 27 de xuño) desafectouse do dominio público, polo que o ben ten carácter patrimonial, e por Orde do 31 de xaneiro de 2007 (DOG nº 38, do 22 de febreiro) declarouse a súa alienabilidade.
A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da Consellería de Economía e Facenda, tramitou o expediente de cesión do inmoble de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do patrimonio da comunidade autónoma.
Consonte o disposto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do doce de abril de dous mil sete,
DISPOÑO:
Acórdase a cesión, a título gratuíto, a favor do Concello de Vimianzo, da propiedade do ben inmoble que se describe a seguir:
Predio rústico sito no punto quilométrico 63,328 da estrada C-552 A Coruña-Fisterra, lugar de Repa
rada, no termo municipal de Vimianzo (A Coruña), que ten unha superficie aproximada de 365,80 m. Estrema: ao norte, coa estrada C-552 e María Lavandeira Maceiras; ao sur, con José Antonio Suárez Graíño; ao leste, con José Antonio Suárez Graíño e María Lavandeira Maceiras; e ao oeste, coa estrada C-552 A Coruña-Fisterra.
Inscrito no Rexistro da Propiedade de Corcubión no tomo 885, libro 171 de Vimianzo, folio 16, predio nº 20.910, inscrición 1ª.
Referencia catastral: 15093A503050190000MU.
A cesión en propiedade queda sometida ás seguintes cláusulas:
-
O inmoble destinarase a área de descanso e procederase ao adecentamento das ruínas da caseta de legoeiro.
-
No caso de que o inmoble non sexa dedicado ao uso previsto no acordo de cesión dentro do prazo de 2 anos contados desde o outorgamento da escritura pública, deixase de estalo con posterioridade ou se...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba