Decreto 291/2003, do 4 de xuño, polo que se desafectan do dominio público varios bens inmobles situados nos termos municipais de Neda (A Coruña), Vimianzo (A Coruña), As Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e A Pobra do Brollón (Lugo).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do Real decreto 3317/1982 (BOE nº 291, do 4 de decembro), modificado polo Real decreto 2708/1983, sobre transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas (BOE nº 255, do 25 de outubro), integrou no seu patrimonio as casetas de legoeiros e os predios de obras públicas anexos ás estradas transferidas.

O artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título. Neste sentido, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que ten adscritos os bens, emitiu informe favorable da súa desafectación, ó non resultar necesarios para o servicio. Segundo o anterior, foron tramitados pola Consellería de Economía e Facenda os expedientes de desafectación do dominio público do bens de referencia.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a continuación:

  1. Inmoble sito no punto quilométrico 616,160 da estrada AC-115 de Fene a Xubia, lugar do Puntal, no termo municipal de Neda (A Coruña), que ten unha superficie aproximada de 387 m. Sobre este predio construíuse unha caseta de legoeiro dunha

    superficie aproximada de 113 m. Estrema: ó norte, con Manuel Montero Rodríguez; ó sur, con María Luz Rodríguez Cupeiro; ó leste, coa estrada AC-115 de Fene a Xubia; e ó oeste, con canteira de Rosa Rodríguez García.

    Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol no tomo 2.153, libro 82 de Neda, folio 74, predio nº 7.160, inscrición 1ª.

  2. Predio rústico sito no punto quilométrico 63,328 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, lugar de Reparada, no termo municipal de Vimianzo (A Coruña), que ten unha superficie aproximada de 365,80 m. Estrema: ó norte, coa estrada C-552 e María Lavandeira Maceiras; ó sur, con José Antonio Suárez Graíño; ó leste, con José Antonio Suárez Graíño e María Lavandeira Maceiras; e ó oeste, coa estrada...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR