SAP Pontevedra 112/2023, 26 de Mayo de 2023

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIECLI:ES:APPO:2023:1610
Número de Recurso65/2021
ProcedimientoProcedimiento sumario ordinario
Número de Resolución112/2023
Fecha de Resolución26 de Mayo de 2023
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00112/2023

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MAR

Modelo: N85860

N.I.G.: 36008 41 2 2019 0001795

PO PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO 0000065 /2021-M

Delito: ABUSOS SEXUALES

Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL, Salome

Procurador/a: D/Dª, MARGARITA PEREIRA RODRIGUEZ

Abogado/a: D/Dª, PATRICIA CASTEDO LAGARON

Contra: Humberto

Procurador/a: D/Dª ERNESTO VAZQUEZ-REY FARTO

Abogado/a: D/Dª ALBERTO GONZALEZ GONZALEZ

SENTENZA NÚM.112

Maxistrado/as:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Pontevedra, vinte e seis de maio de dous mil vinte e tres.

Foi vista en xuízo oral, ante esta Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 65/2021, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Cangas, e seguida polo trámite de procedemento sumarioordinario por un delito de abuso sexual previsto no art. 181.1 e 4 do Código penal contra Humberto, con DNI núm. NUM000, nado o día NUM001 de 1987 en Perú, f‌illo de Miguel e de

Amparo, con domicilio en RUA000 NUM002, NUM003, DIRECCION000 (Pontevedra), de quen non f‌iguran antecedentes penais computables para os efectos de reincidencia, cuxa insolvencia foi declarada na súa peza separada de responsabilidades pecuniarias, representado polo procurador Ernesto Vázquez-Rey Farto e defendido polo avogado don Alberto González González.

É acusación particular dona Salome, representada pola procuradora Margarita Pereira Rodríguez e defendida pola avogada Patricia Castedo Lagaron. É parte acusadora o Ministerio Fiscal, en representación do cal interveu don Santiago Miguel de Cruces.

Actuou como relator donJosé Juan Barreiro Prado .

ANTECEDENTES DE HECHO
Primeiro

Estas actuacións instruíronse por un presunto delito de abuso sexual con introdución previsto no artigo 181.1 e 4 do Código penal ; tras seren practicadas as oportunas dilixencias, convocáronse as partes para o xuízo oral que tivo lugar o día 18 de abril de 2023 e ao cal compareceron as persoas que se indican na acta redactada para o efecto.

Segundo

O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións def‌initivas, atribuíu os feitos ao acusado en concepto de autor, conforme o previsto no artigo 28 do Código Penal, sen a concorrencia de circunstancias modif‌icadoras da responsabilidade penal. Cualif‌icou os feitos como constitutivos dun delito de abuso sexual con introdución previsto no artigo 181.1 e 4 do Código penal, e solicitou a imposición da pena de 8 anos de prisión, con inhabilitación para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo, con costas de conformidade co disposto no artigo 123 CP.

En concepto de responsabilidade civil, o procesado deberá indemnizar a Salome na cantidade de 20.000€ polos prexuízos sufridos.

HECHOS PROBADOS

Sobre as 17 horas do día 17 de setembro de 2019, Salome acudiu á vivenda situada na DIRECCION001, NUM004, NUM005, de DIRECCION000, onde se encontraba o procesado, Humberto, cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais, en compañía doutra persoa xa falecida.

Durante a súa estancia na referida vivenda ata as 21 horas do mesmo día, Humberto e Salome mantiveron relacións sexuais.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A declaración da vítima pode ser considerada proba de cargo suf‌iciente para poder alzar a presunción de inocencia, incluso aínda que sexa a única proba dispoñible, o que é frecuente que suceda en casos de delitos contra a liberdade sexual, porque, ao producirse xeralmente os feitos delituosos nun lugar oculto, se dif‌iculta a concorrencia doutra proba diferenciada. Así o declararon tanto o Tribunal Constitucional ( SSTC 229/1991, do 28 de novembro; 64/1994, do 28 de febreiro; e 195/2002, do 28 de outubro) como o Tribunal Supremo ( SSTS 339/2007, do 30 de abril; 187/2012, do 20 de marzo; 688/2012, do 27 de setembro; 788/2012, do 24 de outubro; 469/2013, do 5 de xuño; 553/2014, do 30 de xuño; e máis recente aínda STS, Penal, Sección 1ª, do 18 de xaneiro de 2023 -ROJ: STS 152/2023 - ECLI:ES:TS:2023:152-).

Para verif‌icar a estrutura racional do proceso valorativo da declaración testemuñal da vítima, a xurisprudencia establece certas notas ou parámetros que, sen constituír cada unha delas un requisito ou esixencia necesaria para a validez do testemuño, coadxuvan a súa valoración, pois a lóxica, a ciencia e a experiencia indican que a ausencia destes requisitos determina a insuf‌iciencia probatoria do testemuño, o que o priva da aptitude necesaria para xerar certeza.

As aludidas notas ou parámetros consisten na análise do testemuño dende a perspectiva da súa credibilidade subxectiva, da súa credibilidade obxectiva e da persistencia na incriminación. Estes parámetros de valoración constitúen unha garantía do dereito á presunción de inocencia, xa que, fronte a unha proba única, que procede ademais da parte denunciante, a dita presunción esencial só pode quedar desvirtuada cando a referida declaración supera os criterios racionais de valoración que lle outorguen a consistencia necesaria para proporcionar, dende o punto de vista obxectivo, unha convicción ausente de toda dúbida racional sobre a responsabilidade do acusado. A def‌iciencia nun dos referidos parámetros non invalida a declaración, e pode compensarse cun reforzamento noutro, pero, cando a declaración constitúe a única proba de cargo, unha

def‌iciente superación dos tres parámetros de contraste impide que a declaración inculpatoria sexa apta por si mesma para poder ter por alzada a presunción de inocencia.

Os criterios orientativos para que tan só coa declaración da vítima se poida alzar a presunción de inocencia son obxecto de copiosa cita por parte da xurisprudencia e podemos escolmalos, como o fai o ATS, Penal, Sección 1ª, do 1 de decembro de 2022 (ROJ: ATS 17884/2022 - ECLI:ES:TS:2022:17884A), do seguinte xeito:

  1. ausencia de incredibilidad subjetiva, derivada de las relaciones entre el declarante y el acusado, que pudieran conducir a la existencia de un móvil de resentimiento, enemistad, venganza, enfrentamiento, interés o de cualquier otra índole semejante, que prive a esa declaración de la aptitud necesaria para generar certidumbre;

  2. verosimilitud, es decir constatación de la concurrencia de algunas corroboraciones periféricas de carácter objetivo, que avalen lo que no es propiamente un testimonio (declaración de conocimiento prestada por una persona ajena al proceso) sino una declaración de parte, en cuanto que la víctima puede personarse como parte acusadora particular o perjudicada civilmente en el procedimiento ( arts. 109 y 110 LECrim ) o, cuando menos, la inexistencia de datos de tal carácter objetivo, que contradigan la veracidad de la versión de la víctima; y

  3. persistencia en la incriminación, que debe ser prolongada en el tiempo, plural, sin ambigüedades ni contradicciones, ya que la única posibilidad de evitar la situación de indefensión del acusado que proclama su inocencia, es la de permitirle que cuestione ef‌icazmente la declaración que le incrimina, poniendo de relieve aquellas contradicciones que, valoradas, permitan alcanzar la conclusión de inveracidad.

Segundo

No relativo ao primeiro dos criterios, notas ou parámetros, a ausencia de incredibilidade subxectiva, derivada das relacións entre Salome e o acusado, Humberto, cómpre ter en conta as seguintes circunstancias.

Salome non só denunciou o agora acusado, Humberto ( Francisco ), senón tamén a Aureliano ( Patatero ), cuxa hipotética responsabilidade penal se declarou extinguida mediante un auto do 29 de xuño de 2020, por mor do seu falecemento o 9 de marzo de 2020.

Na denuncia que inicialmente presentou o mesmo día dos feitos perante a Garda Civil de DIRECCION000

, Salome manifestou, entre outras cousas e polo que agora nos interesa, o seguinte: a denunciante referiu que se encontraba na casa de dous amigos, aos cales coñecía como Francisco (que cría que era do Perú) e Patatero ; que este último vive na DIRECCION001, NUM004, NUM005 ; que no piso do tal Patatero foi onde sucederon os feitos, que descoñecía máis datos destes, e que tamén eran amigos do seu noivo, Gustavo .

Na seguinte declaración que Salome realizou o día 18 de setembro de 2019, perante o equipo de policía xudicial da Garda Civil de DIRECCION000, referiu que se atopaba na casa do seu amigo Patatero, sita na DIRECCION001, núm. NUM004, NUM005, da localidade de DIRECCION000 ; nese domicilio estaban Patatero e outro mozo chamado Francisco, que ambas as persoas eran amigos do seu noivo, Gustavo ; que quedara con Patatero para verse na súa casa o día anterior, que a conversa fora a través de WhatsApp (a dicente achegou captura de pantalla da conversa).

Na declaración que Salome realizou xa na fase de instrución da presente causa e, polo tanto, en presenza xudicial e con intervención de todas as partes -f‌iscal, o seu propio letrado e o dos dous daquela investigadosdeclarou que coñecía a Patatero, porque era amigo do seu noivo dende que estaban en segundo da ESO e despois porque eles comezaron a falar pouco a pouco; que si que a f‌in de semana anterior estiveran xuntos, porque se atoparon nunha discoteca, que esa f‌in de semana estaba nunha xuntanza cos seus compañeiros de traballo, e o seu noivo saíu fóra porque a declarante continuaba bailando con Patatero ; que, despois desa f‌in de semana, estaba falando con Patatero, porque Patatero estaba dispoñible no móbil, os seus outros amigos estaban traballando e porque conf‌iaba en Patatero, sabendo que era amigo do seu noivo; que, a través da aplicación, estiveron falando ata as tres ou as catro da mañá, xa que á declarante lle custa durmir e por iso colle o móbil e se pon a conversar; que quedaron o martes porque a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR