SAP Pontevedra 41/2023, 14 de Marzo de 2023

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIECLI:ES:APPO:2023:775
Número de Recurso5/2023
ProcedimientoProcedimiento abreviado
Número de Resolución41/2023
Fecha de Resolución14 de Marzo de 2023
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00041/2023

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MAR

Modelo: N85850

N.I.G.: 36006 41 2 2021 0001013

PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000005 /2023-M

Delito: TRÁFICO DE DROGAS GRAVE DAÑO A LA SALUD

Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

Contra: Eloisa, Leon

Procurador/a: D/Dª MARIA SANJUAN CARRIL, PEDRO ANDRES BARRAL VILA

Abogado/a: D/Dª LUCIANO PRADO DEL RIO, JOSE MARIA MENDEZ-BENEGASSI SILVA

SENTENZA NÚM.41

===================================================== =========

Presidente:

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado

Maxistradas:

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilmo. Sr. don Tomás Farto Piai

===================================================== =========

Pontevedra, catorce de marzo de dous mil vinte e tres.

VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 5/23, procedente do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Núm. 2 de Cambados (DPA 163/2021), e seguida polo trámite de procedemento abreviado polo delito contra a saúde pública, na modalidade prevista nos artigos 368 e 369.1.5ª do Código penal, contra:

.- Eloisa, con DNI núm. NUM000, nacida en Meis (Pontevedra), o día NUM001 1960, f‌illa de Pelayo e de Jacinta, con domicilio en Lgar. DIRECCION000 NUM002, Mosteiro, Meis (Pontevedra), sen antecedentes penais, representada pola Procuradora MARÍA SANJUAN CARRIL, e defendida polo Avogado LUCIANO PRADO DEL RIO; e contra

.- Leon, con DNI núm. NUM003, nacido en Meis (Pontevedra), o día NUM004 1985, f‌illo de Sergio e de Raimunda, con domicilio en Lgar. DIRECCION000 NUM002, Mosteiro, Meis (Pontevedra), con antecedentes penais non computables para esta causa, representado polo Procurador PEDRO ANDRÉS BARRAL VILA, e defendido polo Avogado JOSÉ MARÍA MÉNDEZ-BENEGASSI SILVA.

É parte acusadora o Ministerio Fiscal, en representación do cal intervén don Pablo Varela Castejón. É relator o maxistrado don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

As presentes actuacións instruíronse por un presunto delito contra a saúde pública, na modalidade prevista nos artigos 368 e 369.1.5ª do Código penal, e practicadas as oportunas dilixencias, convocouse ás partes a xuízo oral, que se celebrou o día 2 de marzo de 2023, e a cuxo acto compareceron quen se relaciona na acta levantada para o efecto.

SEGUNDO

O Ministerio Fiscal nas súas conclusións def‌initivas, cualif‌icou os feitos como constitutivos dun delito contra a saúde pública, na modalidade prevista nos artigos 368 e 369.1.5ª do Código penal, do que responden os acusados en concepto de AUTOR dos artigos 27 y 28 do C.P., sen que concorran circunstancias modif‌icadoras da responsabilidade penal, solicitando impoñer a cada un dos acusados as seguintes penas: 9 anos de PRISIÓN coa pena accesoria de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o mesmo tempo da condena, e á pena de multa de 1.091.000 €, coa responsabilidade persoal subsidiaria do artigo 53.2 do C.P. no caso de non pagamento, coa proporción de 3 días de privación de liberdade por cada

10.000 €. Procede a imposición das custas da presente instancia.

Tamén solicitou darlle a todas as substancias estupefacientes incautadas ou destino legalmente previsto non artigo 128 do C.P., art. 338 parágrafo 2º da Lei de axuizamento criminal, e vos outros instrumentos e efectos do delito incautados ou destino previsto non art. 374 do C.P.

TERCEIRO

Por as defensas dos acusados se solicitou a libre absolución ao non ter participación algunha nos feitos presuntamente delituosos.

FEITOS PROBADOS

Con motivo da entrada e rexistro no domicilio situado no lugar de DIRECCION000, núm. NUM002, do Mosteiro, concello de Meis, propiedade da acusada Eloisa, onde residía co seu f‌illo tamén acusado Leon (as circunstancias persoais de ambos os dous acusados xa constan e non teñen antecedentes penais), autorizado por un auto do 4 de xuño de 2021 e realizado a partir das 17:36 horas, as autoridades incautáronse no seu interior das seguintes substancias estupefacientes e psicótropas repartidas polas diferentes dependencias da vivenda:

- 1155,079 g de cocaína (898,3592452 g reducida á pureza), valorados en 49 207,97 €;

- 737,718 g de heroína (59,3283276 g reducida á pureza), valorados en 21 533,72 €;

- 108,1528119 kg de marihuana (cánnabis), valorados en 203 508,67 €;

- 1,8326906 kg de resina de cánnabis (haxix), valorados en 8772,22 €;

- 738 g de cristal, sen valorar;

- 407 g de crack, sen valorar;

- 50 l de licor de marihuana, sen taxar, e

- gran cantidade de substancia de corte: para a heroína (4 kg e 721 g) e para a heroína (29 kg e 580 g).

Ademais, as autoridades atoparon material necesario para a preparación da droga co f‌in da súa posterior distribución e venda, que tamén foi comisado.

Tamén se encontraron 460 €, distribuídos en 23 billetes de 20 €, que foron intervidos e depositados na conta do xulgado instrutor.

O acusado Leon transmitira previamente parte da marihuana -2 kg-, sobre as 11 horas do mesmo día 4 de xuño de 2021, a outros dous individuos que acudiron ao referido domicilio para a súa adquisición, coa pretensión dunha venda posterior. Esta substancia foilles intervida máis tarde e séguese outro procedemento por estes feitos.

A droga intervida estaba destinada, polo menos en parte, ao consumo alleo, e a ser vendida ou transmitida de forma onerosa ou gratuíta a terceiros, promovendo e favorecendo o consumo destes.

Mediante un auto do 8 de xuño de 2021, acordouse a destrución da droga intervida.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Cualif‌icación xurídica dos feitos

Os feitos declarados probados son legalmente constitutivos dun delito contra a saúde pública, na modalidade prevista nos artigos 368 e 369.1.5ª do Código penal.

A natureza e clase das substancias de que se incautaron as autoridades no interior do domicilio onde residían ambos os dous acusados, en esencia, cocaína, heroína, marihuana (cánnabis), resina de cánnabis (haxix), cristal, crack e licor de marihuana, exímenos de maiores esforzos argumentativos verbo da afectación ao ben xurídico que se intenta protexer mediante a consideración delituosa que se fai no tipo básico previsto no artigo 368 do Código penal.

E outro tanto é mester dicir verbo da agravación de notoria importancia prevista no artigo 369.1.5ª do Código penal se se repara en que a barreira cuantitativa que debe levar á aplicación deste subtipo agravado se sitúa, tan só en relación coa cocaína, arredor dos 750 gramos (acordo do Pleno non xurisdicional da Sala 2ª do Tribunal Supremo do 19 de outubro de 2001 e SSTS 925/2008, do 26 de decembro, 821/2008, do 4 de decembro, e 695/2008, do 12 de novembro, que se citan na máis recente aínda STS, Penal, Sección 1ª, do 18 de outubro de 2022 -ROJ: STS 3726/2022 - ECLI:ES:TS:2022:3726-). Nesta última resolución mesmo se lembra, coa STS 804/2014, do 27 de novembro, que para o cómputo e consideración da cantidade de notoria importancia se deben sumar as distintas substancias, aínda que cada unha en particular non supere o límite sinalado para cada droga. E repárese en que xa só os 1155,079 g de cocaína (898,3592452 g reducida á pureza) superan con moito os referidos 750 gramos, polo que a sinxela remisión aos feitos probados e ás notorias importantes cantidades das substancias intervidas dispénsanos de maiores comentarios.

Segundo

Autoría

2.1. É responsable criminalmente en concepto de autor ( artigos 27 e 28 do Código penal) do devandito delito contra a saúde pública o acusado Leon . Este, primeiro no seu escrito de defensa e logo no xuízo oral, recoñeceu os feitos de que o acusaba o f‌iscal e confesouse autor deles.

Ben é certo que no seu escrito de conclusións provisionais, que mudou en def‌initivas, realizaba unha serie de apreciacións verbo da atribución que se lle facía dos 108,1528119 kg de marihuana e dos 50 l de licor de marihuana, que dicía que eran de Herminio . E que no trámite de informe asumiu a súa responsabilidade pola cocaína, heroína e haxix, mais non así polo crack nin polo cristal porque non foron analizados, nin tampouco polo licor de marihuana nin pola marihuana que se lles vendera a Jacobo e Juan, porque tiña escasa presenza de THC e estaba podre.

Deixando á marxe as discrepancias e mesmo contradicións en tal xeito de proceder, tan só co que recoñece, aínda que excluísemos o que a defensa ref‌lectía no seu escrito de conclusións provisionais mudadas en def‌initivas e o informado no correspondente trámite, xa cumpridamente completaría o tipo penal do tráf‌ico de drogas en cantidade de notoria importancia.

En relación coas outras consideracións que no mesmo escrito ref‌lectía, abonda con remitirnos á ben consolidada e conteste xurisprudencia. Así, e por todas, a STS, Penal, Sección 1ª, do 15 de decembro de 2022 (ROJ: STS 4609/2022- ECLI:ES:TS:2022:4609) sinala o seguinte:

Y conforme señalábamos en la sentencia núm. 205/2020, de 21 de mayo, citada por los recurrentes "el porcentaje del principio activo, tetrahidrocannabinol (THC) no indica que solo en ese porcentaje sea hachís y el resto proveniente de mezcla o adulteración; íntegramente se trata de hachís, al margen del porcentaje de THC,

que únicamente determina su potencia (vd. STS 393/2015, de 12 de junio ); es decir, como establece la STS 732/2012, de 1 de octubre, carece de relevancia el porcentaje de tetrahidrocannabinol de la droga intervenida, en orden a la determinación de la cantidad de notoria importancia; pues a diferencia de lo que ocurre con la heroína y cocaína, que son sustancias que se obtienen en estado de pureza por procedimientos químicos, alterándose su composición inicial al ser mezclada con otros aditivos, los derivados del cannabis, en sus diversas presentaciones, son...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR