AAP A Coruña 837/2022, 18 de Noviembre de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha18 Noviembre 2022
Número de resolución837/2022

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

A CORUÑA

AUTO: 00837/2022

- C/. DE LAS CIGARRERAS Nº 1 - EDIFICIO ANTIGUA FABRICA DE TABACOS. 1ª PLANTA

Teléfono: 981 18 20 74 /75/36

Correo electrónico: seccion2.ap.coruna@xustiza.gal TFNO. 881 881 899 /895/ 896/ 898

Equipo/usuario: AL

Modelo: 662000

N.I.G.: 15030 43 2 2022 0000327

RT APELACION AUTOS 0000930 /2022

Juzgado procedencia: XDO. INSTRUCIÓN N. 6 de A CORUÑA

Procedimiento de origen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000033 /2022

Delito: ROBO CON FUERZA EN LAS COSAS

Recurrente: Agapito, MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª RAQUEL IGLESIAS REGUEIRA,

Abogado/a: D/Dª JUAN ANTONIO GOMEZ MARCOS,

Recurrido: Alexis

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª MARIA DEL CARMEN ROMERO RODRIGUEZ

A U T O

ILMA. SRA. PRESIDENTA

DONA MARIA-CARMEN TABOADA CASEIRO

ILMOS. SRES. MAXISTRADOS

DON SALVADOR-PEDRO SANZ CREGO

DON XERMAN VARELA CASTEJON- relator

Na Coruña, a 18 de noviembre de 2022.

A SECCIÓN SEGUNDA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA, constituida por los Ilmos. Sres. MAXISTRADOS sinalados a marxe dictaron a presente resolución en base aos siguientes

FEITOS

Único.- Por un auto do nove de xuño de dous mil vinte e dous o Xulgado de Instrución nº 6 da Coruña acordou o sobresemento das actuacións.

Contra esa resolución foi interposto recurso de apelación e mais a subsidiaria apelación pola representación de Agapito . O Xulgado admitiu a trámite o recurso e deu traslado ao Ministerio Fiscal, que manifestou a súa oposición a el.

Con este auto resólvese o amentado recurso, manifestando o parecer da Sala o maxistrado Xermán Varela Castejón.

RAZOAMENTOS XURÍDICOS

Primeiro

O día 10 de xaneiro deste ano presentou unha denuncia en Comisaría o administrador concursal da empresa OFIMEGA acompañado de Agapito . Este último adquirira os bens que se atopaban dentro dun baixo propiedade da mercantil concursada dentro do propio procedemento de concurso. Manifestaron que por ese motivo o administrador concursal entregara ao señor Agapito un xogo de chaves para os efectos de poder retirar eses bens. Manifestaban que ás 19:20 horas do día oito de xaneiro o señor Agapito acudiu ao local pero atopouse coa porta aberta e, dentro do local, cun varón. Ao ser preguntado polo motivo da súa presenza alí, este varón respondeulle que era f‌illo do propietario e comprobaba que cousas faltaban e, tras iso, ese varón deixou o local pechando coas súas propias chaves. Manifestou o señor Agapito que cando regresou observou que varios obxectos non estaban no seu lugar, e valoraba ao denunciar que podían estar a ser preparados polo varón para levalos. Continúa o señor Agapito manifestando que desde fechas atrás ha notado la falta de efectos que se encontraban en el interior del local, así como herramienta que tenían en el local a f‌in de realizar sus trabajos en el interior .

O Xulgado de Instrución acordou a incoación de dilixencias previas e a toma de declaración dos dous denunciantes. No Xulgado o señor Agapito declarou: Que se af‌irma y ratif‌ica en la denuncia presentada el día 10 de enero de 2022 en la Comisaría de Policía de A Coruña. Que el declarante llevaba tiempo notando la falta de efectos depositados en el local y empezó a acudir con frecuencia y a deshoras para tratar de averiguar qué pasaba. Que un sábado por la noche acudió allí, oyó ruidos, se encontró con las puertas abiertas, dio un grito preguntando quién se encontraba allí y apareció un individuo con una linterna que dijo que era el hijo del dueño. Que se encontró diferente material fuera de su sitio y como dispuesto para ser sacado del local. Esa fue la impresión que le dio al declarante. Que el local tenía alarma y comprobó que alguien la estaba manipulando. Que aporta relación de los efectos sustraídos y asimismo aporta un pendrive con las imágenes que grabó con su teléfono móvil . O administrador concursal da empresa conf‌irmou a venda a favor do outro do material e achegou o inventario de bens que se vendían e debían estar no interior do local. A preguntas da acusación manifestou que ao exhibirlle o outro o vídeo do momento do encontro: el declarante pudo reconocer en el mismo a un trabajador de la empresa que había conocido en un juicio por un tema de salarios, que sabe que se llama Alexis . Que le reconoció al declarante que había estado en el local y que estaba pasando una mala racha .

O 4 de maio o Xulgado tomou declaración ao investigado, se ben non levantou acta de tal acto procesual e só a deixou gravada.

Tras iso o Xulgado citou como testemuña a Florencio . Este manifestou que era un dos socios e administradores da empresa. Explicou que os traballadores dispuñan todos de chaves da of‌icina, que pode ser que fosen avisados do peche efectivo da of‌icina dun día para outro e pediulles a todos as chaves. Que os traballadores lle dixeron que as deixaban no local, polo que supuxo que todos o f‌ixeran. Tras ese día, durante un par de meses e mentres o administrador non se facía cargo, el mesmo seguiu acudindo ao local aínda despois de que fora o administrador designado. Engadiu: Recuerda que algún trabajador fue por allí para retirar enseres personales. Cuando cerró la empresa hicieron un inventario y supone que el administrador concursal lo verif‌icó . Dixo non poder recordar se algún traballador podía entrar na of‌icina a recoller enseres . Tamén dixo que o administrador concursal non lle comentara que cousas faltaban. A preguntas da defensa manifestou que podía ser pero que non o sabía, que o investigado traballara con ferramentas propias e que había obxectos que non podían ser trasladados por unha soa persoa.

Tras o anterior foi ditado o auto no que se decidía o sobresemento das actuacións dada la inexistencia de datos objetivos que permitan vincular al investigado con la sustracción denunciada .

O señor Agapito interpón recurso contra esa decisión defendendo que si existirían indicios da comisión dos feitos polo investigado. Manifesta que os delitos cometidos serían o de roubo con forza, por ter empregado chaves falsas para acceder ao local, e o segundo o de invasión do local da empresa. Isto último relaciónao coa constancia dentro do local (en aparatos electrónicos e documentación) de datos persoais dos traballadores, da empresa e de clientes. Os indicios que entende a acusación que apoian a súa pretensión son dous: un é que faltan obxectos da listaxe de inventario achegada polo administrador concursal, e o outro é que consta que o investigado estaba dentro do local o día oito de xaneiro sobre as 19:20 horas, que mentiu sobre o motivo de estar alí e que recoñeceu ter entrado noutras ocasións. Concretamente destaca da declaración do investigado que manifestou que estivera en dúas ocasións, unha a f‌inais do ano 2021 e outra na que coincidiu co señor Agapito ; que manifestou que accedera con chaves que estaban no seu poder, pois di que non llas reclamaron cando pechou a of‌icina. Di que non tiña permiso de ninguén para acceder pero que precisaba unha información que estaba nun ordenador que, sendo da empresa, estaba dentro do local. Usaba unha lanterna. Defende que a valoración deses indicios debe ser realizada en xuízo oral e considera que non está xustif‌icada a explicación dada para acceder, pois a empresa pechara un ano antes (en febreiro do 2021), o socio dixo terlles reclamado as chaves aos traballadores, o horario no que acudiu non tería sentido e non acendeu as luces senón que empregou unha lanterna, ademais de lembrar que mentiu sobre a motivación para estar alí cando se cruzou co denunciante. Entende que pretendía o amparo da escuridade do momento no que accedeu para facerse con obxectos do seu interior.

A defensa expresou a súa oposición ao recurso. Manifesta que estar o día oito de xaneiro alí non implica ter participado en subtracción ningunha e lembra a declaración do socio manifestando que outras persoas tiñan chave e que el mesmo continuou acudindo ao local un tempo.

O Ministerio Fiscal entende que non existen indicios suf‌icientes da participación do investigado nos roubos anteriores pero si de que ese día tentaba levar obxectos del, polo que tería cometido un delito de roubo en grao de tentativa ou un do artigo 203 do Código penal. Como indicios apunta á gravación na que aparece no interior do local e usando unhas chaves que posuía ilexitimamente. Considera relevante que a entrada se producira sobre un ano despois do peche da of‌icina, un sábado na tarde noite sen luz natural e sen usar da iluminación do local senón dunha lanterna, sen avisar a ninguén e mentindo sobre o motivo da súa presenza no lugar.

Segundo

Discute o recurso a valoración do resultado das dilixencias realizada en instancia, entendendo que é propia do xuízo oral e non deste momento. Proclama ademais, tanto o recorrente como o Ministerio Fiscal ao pedir un acollemento parcial, que se entendan suf‌icientes os indicios reunidos para acordar a continuación do proceso.

Debemos analizar, pois, os límites da análise en instrución do resultado das dilixencias en relación co xuízo sobre a continuación do procedemento e os criterios que atender. O Tribunal Supremo en auto do 28 de abril de 2016 (ROJ: ATS 3453/2016) [relator: Antonio del Moral García] analiza o que debe ser obxecto de análise neste momento procesual, partindo, como explica, de que o inicio do proceso supón que inicialmente concorrían indicios da comisión dun delito:

La posibilidad del Instructor de decretar el sobreseimiento asume el papel del juicio de acusación en el procedimiento abreviado. Para entrar en el acto del juicio oral no basta con una parte legitimada dispuesta a sostener la acusación (art. 782.2). Es necesario, además, que un órgano con funciones jurisdiccionales considere "razonable" esa acusación, lo que en el procedimiento abreviado se lleva a cabo, eventualmente, en un doble momento: al elegir por alguna de las opciones legales en el trámite del art. 779; o, en su caso, una vez que las acusaciones han...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR