STSJ Galicia 25/2023, 3 de Febrero de 2023

JurisdicciónEspaña
Fecha03 Febrero 2023
Número de resolución25/2023

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00025/2023

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: RECURSO DE APELACION 7106/2022

APELANTE: ROMEROTRANS DEZA S.L.

Procurador: ANA MARIA TEJELO NUÑEZ

Letrado: JORGE FERNANDEZ LOPEZ

APELADO: SERVICIO GALEGO DE SAUDE

Procurador:

Letrado: ABOGACIA DE LA COMUNIDAD

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos.Sres. e Ilmas. Sras.

Cristina Maria Paz Eiroa (Presidenta)

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

María de los Ángeles López Braña

A Coruña, 3 de febreiro de 2023.

ANTECEDENTES DE FEITO

Único-. Resolución xudicial impugnada. Posicións das partes.

A parte apelante presenta un recurso ante a Sala, que é aquendado a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

É obxecto de impugnación a Sentenza nº 81/2022, de 24 de maio, ditada polo Xulgado do Contencioso nº 3 da Coruña, que rexeita as pretensións impugnatorias da demanda contra a Resolución do 15 de decembro de 2020, ditada polo Órgano de Contratación, no que acorda a exclusión da demandante do proceso de licitación.

Os argumentos en que a parte apelante fundamenta a súa pretensión son os seguintes:

  1. as persoas que son cargos recoñecidos na sentenza como de libre designación están proscritos na LCSP como postos eventuais;

  2. infrínxese o deber de publicidade ao publicarse non no Perf‌il do contratante, como esixe o art. 63 LCSP, senón na web do órgano de contratación, e a sentenza dao por bo. Vulnérase o principio de unicidade do art. 347 LCSP. No Portal de publicacións non se publicou nada. Tampouco se coñecía o nome dos integrantes, aínda que si os seus cargos, e non cabe, como fai a sentenza, diferilos ao Perf‌il do contratante.

  3. A resolución que exclúe á demandante do proceso é opaca e inmotivada. Só se di que se obteñen 11 puntos e que non acada o mínimo de 14, pero non se valora o contraste con outros licitadores, ao que obriga o art. 151.2.b. LCSP.

  4. Existen un vogal e o secretario que non foron identif‌icados, o que impide controlar a súa idoneidade para o desempeño.

  5. Baixo a identif‌icación xenérica na composición da Mesa de 4 persoas, en "persoal" inclúense dúas, polo que nalgunha das sesións concorren 5 persoas, aspectos sobre o que a sentenza garda silencio e vulnera o procedemento establecido.

  6. Non consta o sentido dos votos emitidos na Mesa de contratación.

  7. Tampouco consta que as actas fosen aprobadas tal como esixe a lei.

  8. A respecto da discrecionalidade técnica, descoñécese a titulación do autor do informe, polo que non se pode atribuír o seu carácter de técnico. O informe non se ordenou pola Mesa e en consecuencia non consta en ningún acta.

  9. Indebida denegación de medios de proba de reiteración en alzada. Foron inadmitidos no seu momento por innecesarios os medios relativos nomeamento do persoal da Mesa, identif‌icación do persoal redactor dos pregos e titulación do autor do informe técnico, que se reiteran.

    A parte apelada oponse ás pretensións impugnatorias polos seguintes motivos:

  10. Sobre a Mesa de contratación, ningún dos seus membros é persoal eventual. Son 2 deles persoal de libre designación, que é un concepto diferente. O art. 29.2.b. da LEPG caracteriza ao persoal eventual como de postos non reservados a persoal funcionario. No caso de autos, eses postos están reservados a este tipo de persoal ex art. 51 D. 2006/2005, constituíndo un procedemento ordinario de provisión de postos de traballo conforme co art. 88.1. LEPG, así como o art. 29.3. da Lei 53/2003. A STSXG de 28/5/2021 dá conta desta mesma alegación, con rexeitamento da mesma.

  11. Sobre a transparencia, nin se di en que medida a súa infracción inf‌lúe no procedemento nin que teñan ocasionado indefensión. En relación á publicación, aparece todo o expediente publicado dende distintos accesos web, polo que se cumpre o art. 63 LCSP. En canto á clandestinidade, aparecen publicadas as convocatorias da Mesa á que puido acudir o demandante. A falta de publicación de determinadas actas non é causa de nulidade porque o interesado puido acceder a elas durante o procedemento de contratación e tamén posteriormente, polo que non se acredita indefensión. A aprobación de actas aparece regulada e indícanse que serán asinadas por presidente e secretario como mínimo, e faise na propia sesión, de conformidade co art.

    20.5. da Lei 16/2010. A STSXG de 28/5/2021 dá conta desta mesma alegación, con rexeitamento da mesma.

  12. Sobre a composición dos membros da Mesa, aparecen identif‌icados no expediente, ademais de ser públicas as súas sesións; a identif‌icación xenérica da Lei é concretada no propio acto en función da dispoñibilidade do perf‌il dos membros. En canto ao seu número concreto, o regulamento da Lei establece a súa concreción.

  13. Sobre o informe técnico. A apelante nin acudiu ao acto onde se lle excluíu, onde podía formular alegacións, nin as f‌ixo posteriormente. No Doc. 9 do expediente detállase por que non acadou a apelante a puntuación mínima.

  14. Sobre a discrecionalidade técnica e a titulación do autor do informe, debe indicarse que o seu autor é o supervisor da actividade para a que se realiza a licitación, polo que está perfectamente capacitado para a súa emisión. A apelante cita mal o artigo da LCSP, porque non se trata dun informe dun terceiro alleo ao servizo, polo que non se aplica o art. 326.5. LCSP. Polo demais o seu autor non é persoal eventual.

  15. Sobre a denegación de proba: existe certif‌icación de que os nomeados non son persoal eventual; a identif‌icación de quen confeccionou os pregos é inocua para o debate procesual; e a titulación de quen emitiu o informe técnico, tamén, porque non é de aplicación o art. 326.5. LCSP, porque o informe se realizou por persoal da propia administración.

    FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre a composición da Mesa de contratación.

  1. sobre a diferenza entre persoal eventual e de libre designación.

    Comeza a apelante por indicar que a sentenza dá por bo que haxa persoal eventual na Mesa, malia estar prohibido.

    O apelante confunde persoal eventual con posto de libre designación, malia que a sentenza explica a diferenza con cita incluso de resolucións desta Sala, que a apelante cualif‌ica como erro xudicial.

    A este respecto debemos lembrar a nosa STSXG nº 231/2021, de 28 de maio ( ROJ: STSJ GAL 3359/2021 -ECLI:ES:TSJGAL:2021:3359 )en cuxo FX 4º dixemos, nun suposto idéntico ao que nos ocupa, que " .. a eses postos de traballo ponlles nome a letrada da actora e sostén que unha parte deles son altos cargos ou cargos eventuais ou de conf‌ianza, o que é incerto, pois se trata de funcionarios xerais ou especiais (os estatutarios) que ocupan as súas prazas nas formas ordinarias que a norma prevé, de modo que non existe anomalía algunha en tal composición, nin razón algunha para sospeitar da súa parcialidade, máis aínda se se ten en conta que solicitaron un informe da responsable da unidade de Hostalería da que dependía funcionalmente o servizo para contratar ."

    Por se á apelante lle quedasen dúbidas sobre a argumentación alí ofrecida, a STS nº 1183/2022, de 27 de setembro ( ROJ: STS 3404/2022 - ECLI:ES:TS:2022:3404 ), do FX 3º, fai esta mesma distinción entre persoal eventual e persoal de libre designación, sendo esta segunda unha forma ordinaria de provisión dun posto de traballo, a diferenza da primeira:

    "Tamén viñemos distinguindo, a teor dos artigos 23.2 e 103, apartados 1 e 3, da Constitución, do artigo 58.1 do Regulamento Xeral de ingreso de persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da Función Pública (en diante, Lei 30/1984), do Estatuto Básico do Empregado Público, tanto o aprobado por Lei 7/2007, do 12 de abril, como o vixente texto refundido aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, entre o cesamento daqueles que eran funcionarios de carreira e tiñan un posto funcionarial ao que accederon mediante o sistema de "...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR