SAP Pontevedra 256/2022, 7 de Octubre de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha07 Octubre 2022
Número de resolución256/2022

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00256/2022

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36038 43 2 2018 0001757

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000745 /2022 -PJuzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.3 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000332 /2020

Recurrente: Pedro Miguel

Procurador/a: D/Dª CESAR ANGEL ESCARIZ VAZQUEZ

Abogado/a: D/Dª BERNARDO MONFORT DE BEDOYA

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 256/2022

==========================================================

MAXISTRADO/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilmo. Sr. don Luis Barrientos Monje

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra, a sete de outubro de dous mil vinte e dous.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída, o recurso de apelación rexistrado co núm. 745/22, interposto polo procurador Sr. Escariz Vázquez, en representación de Pedro Miguel contra a sentenza ditada no procedemento PA: 332/2020 do Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data a un de marzo de dous mil vinte e dous, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo CONDENAR y CONDE NO a Pedro Miguel, en quien no concurren circunstancias modif‌icativas de la responsabilidad criminal, como autor penalmente responsable de un delito de DAÑOS MEDIANTE INCENDIO, de los artículos 266.2 en relación con el 263.2. circunstancia 4 del Código Penal, a las penas de tres años de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena y multa de doce meses con una cuota diaria de cuatro euros con la responsabilidad personal subsidiaria del artículo 53 del Código Penal en caso de impago; con imposición de costas.

Y en concepto de responsabilidad civil deberá indemnizar a Instituciones Penitenciarias en la cantidad de 77.09 euros.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

Probado y así se declara que el acusado, Pedro Miguel, mayor de edad, con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, sobre las 01,10horas del día veintiséis de abril de dos mil dieciocho, se encontraba en la celda número NUM000 de la cuarta galeria del departamento de aislamiento del centro penitenciario de A Lama donde cumplía condena. Y, movido por la intención de causar un menoscabo en sus instalaciones, procedió a aplicar la llama de un encendedor al cochón que tenía a su disposición para dormir, y lo desplazó hasta la zona de la puerta para propagar sus efectos, consiguiendo provocar la combustión de esta y haciendo saltar el sistema de alarma, lo que motivó la intervención de varios funcionarios que al abrir la puerta consiguieron apagarlo con un extintor.

Debido al material ignífugo del que estaba fabricado el cochón se provocó una densa humareda que afectó a las paredes y al suelo de la celda. El repintado de la misma tuvo un coste de 596,80 euros y la reposición del colchón un coste de 175,29 siendo todo ello propiedad de Instituciones Penitenciarias.

Segundo

Contra a devandita sentenza, as representacións procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlles os escritos de formalización dos recursos ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa conf‌irmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 06/10/2022.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Pedro Miguel foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de danos mediante incendio do artigo 266.2, en relación co artigo 263.2.4º, do Código penal, do xeito que máis polo miúdo ref‌lectimos nos antecedentes de feito desta mesma sentenza, polo que agora acode en apelación perante esta alzada. O f‌iscal oponse a que acollamos este recurso.

Segundo

O que f‌inalmente solicita o apelante no seu recurso é que se estimen las pretensiones con todos los pronunciamientos favorables a mi defendido, anulando la recurrida con nueva redacción en la que se atenúe la pena o resolviendo la absolución o, en caso contrario, la reducción solicitada .

Lóxica e comprensiblemente, Pedro Miguel poderá discrepar dun pronunciamento adverso aos seus intereses, mais non por iso se pode concluír, sen máis, que tal decisión non se razoase ou que parta dunha errónea

valoración dos medios probatorios. A insuf‌iciencia ou falta de racionalidade na motivación fáctica, o suposto afastamento manifesto das máximas da experiencia ou a omisión de todo razoamento sobre algunha ou algunhas das probas practicadas que puidesen ter relevancia ou cuxa nulidade fose improcedentemente declarada, como agora esixe o artigo 790.2, último parágrafo, da Lei de axuizamento criminal para a anulación da sentenza da instancia, non se demostraron por ningures. Neste sentido, a STS, Penal, Sección 1ª, do 28 de xaneiro de 2021 (ROJ: STS 230/2021 - ECLI:ES:TS:2021:230) lembra que, conscientes moitas veces desas limitacións, non é infrecuente que os recorrentes, ao abeiro dunha pretendida falla ou insuf‌iciencia de motivación que atribúen á sentenza contra a que apelan, o que en realidade perseguen non é outra cousa que impoñer a súa particular, lexítima, e mesmo plenamente razoable avaliación da proba sobre a realizada, tamén con suf‌iciente fundamento e dende a obxectividade e imparcialidade que é propia da súa función, polo órgano xurisdicional. E estas pretensións, naturalmente, non poden prosperar na medida en que perseguen un efecto -a nulidade da sentenza- que en realidade non descansa na súa falta de motivación, senón na discrepancia de quen recorre contra a valoración probatoria realizada nela. E este é o caso que agora nos ocupa, no cal, se ben o recorrente alude na súa solicitude á anulación da sentenza contra a que apela, en realidade consideramos que, mediante o erro na valoración da proba, o que pretende é a súa absolución ou, subsidiariamente, a minoración da pena como tamén solicita.

Pois ben, o propio acusado-apelante, Pedro Miguel, admitiu que se queimou de xeito accidental o colchón da cela que unicamente el ocupaba no Centro Penitenciario da Lama, ao quedarse durmido cun cigarro acendido. Mais esta versión que deu dos feitos notoriamente contrasta coa que tamén subministraron ata tres funcionarios do devandito centro. Como máis polo miúdo se ref‌licte no fundamento de dereito primeiro da sentenza contra a que se apela, os tres amentados funcionarios declararon que Pedro Miguel rifaba e se retaba co interno da cela...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR