STSJ Galicia 350/2022, 13 de Octubre de 2022

JurisdicciónEspaña
EmisorTribunal Superior de Justicia de Galicia, sala Contencioso Administrativo
Fecha13 Octubre 2022
Número de resolución350/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00350/2022

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO. PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7106/2021

RECURRENTE : Visitacion

Procurador: IAGO ESPASANDIN BARREIRO

Letrado: EVA MARIA LLOMPART RIERA

ADMINISTRACION DEMANDADA: MINISTERIO DE FOMENTO; ENTIDAD PUBLICA EMPRESARIAL ADIF-ALTA VELOCIDAD

Procurador:

Letrado: ABOGACIA DEL ESTADO; ABOGACIA DEL ESTADO

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pronunciou a

SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrados :

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 13 de outubro de 2022

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna a desestimación presunta da reclamación de responsabilidade patrimonial por expropiación por vía de feito interposta solidariamente contra o Ministerio de Fomento e contra ADIF Alta Velocidade (AV) o 27/2/2019, que deu lugar ao procedemento de Responsabilidade Patrimonial nº 2019/974-AP.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. iniciouse na vía administrativa reclamación por RP por ocupación por vía de feito de 5 parcelas da demandante, que quedaron totalmente afectadas ao dominio público ferroviario ao quedar dentro da traza proxectada para o túnel do Agro, parte como falso túnel e parte como túnel a mina. No proxecto básico da obra (subtramo Silleda Carboeiro- Silleda Dornelas) de 4/12/2003, e no proxecto construtivo contense a ocupación temporal das parcelas pero non a súa expropiación, razón pola cal foi excluída do trámite de información pública. A subdirectora de expropiación de ADIF en informe de 16/12/2020 indicou que a construción dun falso túnel esixe a afección das parcelas, quer por expropiación, quer por servidume, informe que nunca foi notif‌icado á interesada. O inicio do procedemento expropiatorio pola vía de urxencia incluíu as cinco parcelas como obxecto de ocupación temporal, aínda que o trámite non lle foi notif‌icado, polo que volveu ser excluída da información pública, polo que a súa comparecencia no procedemento foino sen consultar ambos proxectos básico e de construción. A partir de 2009 interpuxéronse varias reclamacións por considerar abusivo o uso aquí da f‌igura da ocupación temporal. En resumo, ADIF contemplou defectuosamente unicamente a ocupación temporal das leiras en vez de seren obxecto de expropiación para a construción do túnel e ademais se rexeitaron todas as reclamacións por silencio en prexuízo da demandante, con impedimento de acceso aos proxectos.

  2. A construción do falso túnel produciu unha profunda e irreversible alteración dos terreos da demandante. A reposición da cuberta vexetal non foi apropiada porque non se realizaron controis de calidade nin tarefas de mantemento, non habendo na altura Plan de Xestión ambiental e non acreditando ADIF que a reposición fose coa calidade do estado anterior. Ademais, os terreos quedaron sen recursos hídricos, debido ao desvío de acuíferos durante as obras de perforación.

  3. ADIF segue posuíndo os terreos a día de hoxe, malia as reclamacións feitas, e iso aválao a existencia de marcos. Non existiu ningún acto de devolución, a diferenza do que sucedeu con outras f‌incas desta obra, como se acredita coa demanda.

  4. Coa desposesión das parcelas se impediu a produción agrícola e o resto de usos do chan rústico, así como dos recursos mineiros do subsolo.

  5. O valor da indemnización debe comprender o do solo rústico a 10 €/m2, semellante a outros concedidos polo TSXG; a indemnización dos recursos mineiros, así como os danos morais causados. A pretensión vén constituída pola declaración de nulidade do expediente de ocupación temporal, a declaración de ocupación def‌initiva por vía de feito, con declaración de imposible restitución e a indemnización correspondente.

  6. A afección ao dominio público ferroviario abrangue os terreos precisos para construír o túnel, e os terreos situados sobre o falso túnel tamén o integran.

  7. No proxecto básico xa debía constar que os terreos era preciso expropialos para a construción do túnel. Ao non facerse, vulnerouse, entre outros, o trámite de información pública. Aínda que se publicou a ocupación temporal das parcelas iso non salva o erro. A falta de información pública debe conlevar, segundo a xurisprudencia, a nulidade do procedemento.

  8. A data de inicio do expediente expropiatorio para os efectos de determinar o inicio de cómputo de xuros debe ser de seis meses posteriores á aprobación do proxecto do que se deriva a declaración de ocupación, polo tanto dende 5/6/2004 e non dende a ocupación.

  9. Foron expropiadas facultades dominicales por vía de feito, que deben ser compensadas, tal como recoñece a xurisprudencia e a subdirectora de ADIF, ben por expropiación, ben por servidume, sen que caiba neste caso a convalidación do procedemento expropiatorio.

  10. Existe nulidade do procedemento de ocupación temporal e expropiación por vía de feito; existe tamén abuso de dereito e desviación de poder.

  11. Concorren os presupostos da responsabilidade patrimonial neste caso: causalidade, antixuridicidade da actuación da AP, prazo, que non opera a prescrición porque aínda a día de hoxe non puido saber as razóns da expropiación, e o dano avaliado na forma acreditada.

    A Avogacía do Estado, en representación do Ministerio de Fomento e de ADIF oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  12. existiu unha ocupación temporal das parcelas, que pasados os 4 anos foron devoltas á propietaria en setembro de 2010. Ao coñecer os termos da ocupación temporal, a demandante coñecía en que momento cesaría esta. As parcelas non foron devoltas porque non constitúen dominio público ao non estaren ocupadas por vía férrea e esa institución da ocupación temporal é idónea para escavar un falso túnel. Os terreos

    foron restaurados paisaxística e ambientalmente antes da f‌inalización da ocupación temporal. Non existen evidencias de que a restauración impida o uso das leiras como prados;

  13. existe desviación procesual na demanda, porque na vía administrativa se pretendeu a RP, que se viu rexeitada, mentres que no contencioso se pretende ademais a declaración de nulidade do procedemento de ocupación temporal das cinco parcelas, a expropiación def‌initiva por vía de feito das mesmas e o pago do seu valor total previa declaración de imposible restitución ao seu estado orixinario. Sostense que só se poderán analizar as partidas indemnizatorias que non se correspondan co valor dos bens e dereitos afectados pola expropiación, os cales deberán ser determinados na fase de prezo xusto e de ser o caso revisados polo XEP e a vía xudicial. En consecuencia, o debate debe circunscribirse aos danos e perdas derivados da pretendida merma de calidade do chan reposto tras a ocupación e non cuestións relativas ao prezo xusto duns terreos que nunca foron expropiados.

  14. A existencia dun segundo modif‌icado sobre o túnel, que se tramitou antes da f‌inalización do período de ocupación temporal, non obstaculizou a devolución das f‌incas. Dende setembro de 2010 a demandante puido acceder de novo ás súas f‌incas e exercitar as accións de RP que tivese por oportunas, polo que o prazo de prescrición da acción comezou neste momento.

  15. Con independencia do anterior, négase merma na capacidade produtiva da parcela. Consta no expediente realización de medidas correctivas, correctoras e compensatorias, que tivo lugar en 2010.

  16. en canto á valoración das parcelas, non hai proba de que fosen de similares características das que se atopaban do doutro lado da estrada, con cualif‌icación diferente no catastro, nin dos criterios de valoración pretendidos de contrario. A situación de abandono non demostra a falta de cualidades para o cultivo.

  17. En relación á afección ao dominio público dos terreos ocupados polo falso túnel, a Lei ferroviaria aplicable non prevé que o terreo sobre o que se atopa o túnel o integre.

  18. O contido do proxecto construtivo nesta obra é semellante aos da súa clase e non se aprecian contradicións entre a def‌inición de ocupación temporal do proxecto construtivo e a realización do falso túnel. O sombreado en gris no graf‌iado dos mapas non implica expropiación actual senón que se emprega tamén para as temporais e as servidumes.

  19. Non existiu vía de feito á vista da documentación do expediente. A ausencia do trámite de información pública aquí carece de transcendencia, á vista da xurisprudencia aplicable. No caso de autos o trámite existiu en 2006 con ocasión da publicación no BOE do proxecto construtivo onde constaban as parcelas da demandante como afectadas de forma temporal para a construción do falso túnel. A acción de reclamación de responsabilidade patrimonial estaría prescrita por seren os feitos de 2010.

    Na quenda de conclusións, a demandante considerou probado que a administración mantén a posesión das parcelas; que non pode polo seu propio pé recuperar as parcelas polo simple paso de catro anos da ocupación temporal, porque a lexislación de contratos esixe a recepción das obras e a devolución expresa dos terreos ocupados: neste sentido, queda acreditado que no expediente se enviaron cartas a outros afectados notif‌icándolles de forma expresa a devolución de terreos; que non cabe construír un falso túnel sobre unha propiedade co título de ocupación temporal, esixíndose cando menos expropiación ou establecemento de servidume, como recoñece o informe de ADIF de 16/12/2020; que os terreos sobre o túnel teñen a condición de demaniais e están afectos por servidumes; así como os danos ocasionados como consecuencia de toda esta situación. A acción en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR