SAP Pontevedra 20/2022, 1 de Febrero de 2022

PonenteMARIA DEL ROSARIO CIMADEVILA CEA
ECLIECLI:ES:APPO:2022:739
Número de Recurso77/2021
ProcedimientoProcedimiento abreviado
Número de Resolución20/2022
Fecha de Resolución 1 de Febrero de 2022
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00020/2022

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MV

Modelo: N85850

N.I.G.: 36005 41 2 2019 0000751

PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000077 /2021 J

Órgano de procedencia: Instrucción núm. 2 de Caldas de Reis

Procedimiento de origen: diligencias previas 283/19

Delito: LESIONES

Acusación: MINISTERIO FISCAL, Constancio

Procurador/a: MARIA LUCIA COSTOYA OTERO

Abogado/a: MARIA DOLORES FONDEVILA TABOADA

Contra: Desiderio

Procurador/a: D/Dª JOAQUIN GABRIEL SANTOS CONDE

Abogado/a: D/Dª MARIA INES BARREIRO REBOREDO

SENTENZA Nº 20

ILMO/AS SR./SRAS.

JOSE JUAN BARREIRO PRADO, presidente

ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO

ROSARIO CIMADEVILA CEA

Pontevedra, un de febreiro de dous mil vinte e dous.

Foi vista en xuízo oral e público, ante a Sección 002 desta Audiencia Provincial a causa instruída co número 77/21, procedente das dilixencias previas núm. 283/19 do Xulgado de Instrución núm. 2 de Caldas de Reis e seguida polo trámite de procedemento abreviado por un delito de lesións, contra:

- Don Desiderio, con DNI núm. NUM000, natural de Padrón (A Coruña), nado o 10 de agosto de 1982, f‌illo de Felicisimo e Virginia, sen antecedentes penais, en situación de liberdade por esta causa, representado polo procurador don Joaquín Gabriel Santos Conde e defendido pola letrada dona María Inés Barreiro Reboredo.

É parte acusadora don Constancio, representado pola procuradora dona María Lucía Costoya Otero e defendido pola letrada dona Mª Dolores Fondevila Taboada, e o Ministerio Fiscal en representación do cal interveu o Sr. David de la Fuente.

Actuou como relatora a maxistrada donaRosario Cimadevila Cea .

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Estas actuacións foron tramitadas polo Xulgado de Instrución núm. 2 de Caldas de Reis e deron lugar á incoación das dilixencias previas núm. 283/19. Leváronse a cabo todas as dilixencias probatorias que se estimaron procedentes e o xuíz instrutor acordou a prosecución do trámite establecido polo artigo 779 da Lei de axuizamento criminal (LACrim).

SEGUNDO

Unha vez trasladadas as dilixencias aos que se constituíron como parte, o Ministerio Fiscal

presentou un escrito no cal cualif‌icou os feitos como:

[...] constitutivos de un delito de LESIONES del art. 147.10 Y 150 del código penal, respondiendo el acusado en concepto de autor conforme el art. 28.1º del Código Penal, no concurriendo circunstancias modif‌icativas de responsabilidad penal. Solicitó como pena la imposición de TRES AÑOS Y DOS MESES DE PRISIÓN e inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de condena. Costas. En concepto de responsabilidad civil el acusado indemnizará 380 euros por los días de curación y la cantidad que corresponda por los gastos originados por la colocación de los dos implantes o, en caso de que no se los haya colocado, se determine el importe de la colocación de dos implantes por un odontólogo.

TERCEIRO

A representación procesual da acusación particular Constancio presentou un escrito onde cualif‌icaba os feitos como:

[...] constitutivos de un delito de lesiones del art. 147 apartado 1 del CP respecto de Desiderio, respondiendo en concepto de autor el acusado de acuerdo con el art. 28 del Código Penal, concurriendo en el acusado la circunstancia agravante de abuso de superioridad, número 2 del art. 22 del Código Penal . Solicita le sea impuesta las penas de dos años y un día de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de condena. Y costas procesales. En cuanto a la responsabilidad civil, el acusado Desiderio indemnizará a Constancio por las lesiones sufridas con la cantidad de 11.929 euros desglosado de la siguiente manera: con 378,68 euros por perjuicio por pérdida temporal de calidad de vida a razón de 3 días de perjuicio moderado y 7 días de perjuicio básico; la cantidad de 1.729,32 euros por las secuelas funcionales (2 puntos) y la cantidad de 9.821 euros por los IO puntos de perjuicio estético, a lo que habrá de añadirse los gastos por la implantación de las prótesis dentales perdidas en la cantidad que se f‌ijará en el juicio oral o, en su defecto, en ejecución de sentencia en concepto de daños y perjuicios, haciendo uso como criterio orientativo del baremo recogido en la Resolución 20 de marzo de 2019 de la Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones y Ley 35/2015, de 22 de septiembre, de reforma del sistema para la valoración de los daños y perjuicios causados a las personas en accidentes de circulación, todo ello incrementado en un 50% por la naturaleza del delito y las circunstancias concurrentes; interesando que en la Sentencia que se dicte se haga constar que dichas cantidades devengarán el interés legal incrementado en dos puntos, conforme a lo dispuesto en el art. 576, apartado 1 de la Ley de Enjuiciamiento Civil .

CUARTO

Esta Audiencia foi sinalada como órgano competente para o coñecemento e resolución da causa e trasladáronse as actuacións á defensa do acusado, que cumpriu o trámite presentando o escrito de defensa.

QUINTO

Tras seren recibidas as actuacións nesta Audiencia ditouse un auto en que se admitiron as probas propostas polas partes e se acordou a súa práctica no mesmo acto do xuízo oral. Este sinalouse para o día 20 de xaneiro de 2022 e realizouse co resultado que consta na acta.

O Ministerio Fiscal mudou as súas conclusións en def‌initivas aínda que modif‌ica algúns aspectos do seu escrito provisional nos seguintes termos:

En la 1ª: SE MODIFICA PARA DECIR QUE ERAN LAS 13.10 HORAS Y QUE EL SEGUNDO APELLIDO DE LA VICTTIMA ES Constancio . ADEMÁS, SE AÑADE AL FINAL QUE Constancio FUE ATENDIDO DE SUS LESIONES A LAS 14.11 HORAS DEL 4/07/19 EN EL PAC DE CUNTIS, ASI COMO EL DÍA 5/7/19 EN LA UNIDAD DE SALUD BUCODENTAL DE VILAGARCIA DE AROUSA, IRROGANDO AL SERGAS PERJUICIOS POR LOS GASTOS DE ASISTENCIA SANITARIA PRESTADA

En la 2ª: SE ELIMINA EL ART 150 CP Y SE CALIFICA COMO DELITO DEL ART 147 CP .

En la 5ª se solicita la imposición de la pena de 9 meses de prisión y se añade que EL ACUSADO INDEMNIZARÁ AL SERGAS EN LA CANTIDAD QUE SE ACREDITE EN EJECUCION POR LOS GASTOS PRESTADOS A Constancio LOS DIAS CUATRO Y CINCO DE JULIO DE 2019.

A acusación particular e a letrada da defensa modif‌icaron en def‌initivas as súas conclusións.

FEITOS PROBADOS

Sobre as 13:10 horas do día 4 de xullo de 2019, o acusado, Desiderio, cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais, recriminou o seu veciño Constancio por rifar coa súa nai, cando este se dirixía cara ao seu coche que tiña aparcado a carón da súa vivenda no lugar da Bragaña, número 15, de Cuntis, e deulle ademais unha puñada na boca.

Constancio foi atendido das lesións ás 14:10 horas do mesmo día no Punto de Atención Continuada (PAC) de Cuntis, e ao seguinte día na Unidade de Saúde Bucodental de Vilagarcía de Arousa, o que lle ocasionou ao Sergas os correspondentes gastos. Resultou cunha ferida no beizo superior, coa perda da peza dental número 22, e con mobilidade da número 21, inf‌luíndo neste resultado que xa padecía unha enfermidade periodontal xeneralizada. Estas lesións precisaron para a súa sanidade, ademais dunha primeira asistencia médica, de tratamento odontolóxico. Tardou na súa curación uns 10 días, dos cales tres foron de prexuízo moderado e sete de prexuízo básico. Quédalle unha secuela funcional na boca pola perda completa traumática do incisivo, mentres que a mobilidade da peza dental número 21 se asimila como secuela á súa caída por resultar afuncional neste estado e tender á súa perda. Tamén lle resta un prexuízo estético moderado.

A perda das dúas pezas dentais pode ser reparada mediante a colocación de dous implantes osteointegrados ou cunha prótese. E tanto unha como outra anularían o prexuízo estético causado. A colocación dos dous implantes osteointegrados, se pode realizarse, sería a opción máis próxima para a restitución do estado anterior. De se levar a cabo esta colocación, reduciríase a puntuación da secuela funcional nun 75%; nun 50% se se coloca unha prótese f‌ixa; e nun 25% no caso dunha prótese removible.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Os feitos declarados probados son legalmente constitutivos dun delito de lesións, previsto e penado no artigo 147.1 do Código penal.

A acusación particular exercida por Constancio sempre cualif‌icou os devanditos feitos como constitutivos do referido delito básico de lesións, mentres que o f‌iscal, que nun principio os considerara constitutivos dun delito do artigo 150 do Código penal, nas súas conclusións def‌initivas retirou a acusación por este artigo para acusar só polo amentado artigo 147.1 do mesmo texto legal.

Este mesmo Tribunal, na súa SAP, Penal, Sección 2ª, do 7 de novembro de 2017 (ROJ: SAP PO 2268/2017 -ECLI:ES:APPO:2017:2268) xa razoaba o seguinte:

[...] No relativo aos dentes, a médica forense informou de que existía un estado anterior patolóxico, xa que o estado das pezas dentais era malo e puido favorecer a súa perda; e que non se tiña en conta o proceso apical con mobilidade do primeiro premolar superior dereito por considerarse anterior á agresión. Cómpre lembrar en tal sentido a doutrina xurisprudencial ao respecto. E así a STS, Penal, Sección 1ª, do 16 de xuño de 2016 (ROJ: STS 2905/2016 - ECLI:ES:TS:2016:2905) resulta ben signif‌icativa cando razoa o seguinte:

La STS 92/2013 mantiene la calif‌icación de deformidad en un caso de pérdida de dos piezas dentarias que hubo que extraer con posterioridad y fueron sustituidas por dos prótesis f‌ijas. Esta sentencia, citada en el recurso del Ministerio Fiscal, aplicando el Acuerdo, se ocupa de la relevancia de la afectación exponiendo: "que no es lo mismo, por ejemplo, la mera rotura de una o varias piezas dentarias que su pérdida...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR