STSJ Galicia 223/2022, 3 de Junio de 2022

JurisdicciónEspaña
EmisorTribunal Superior de Justicia de Galicia, sala Contencioso Administrativo
Fecha03 Junio 2022
Número de resolución223/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00223/2022

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7146/2021

RECURRENTE: COLEGIO OFICIAL DE VETERINARIOS DE PONTEVEDRA

Procurador: JUAN PEDRO PERREAU DE PINNINCK Y ZALBA

Letrado: OSCAR AITOR PISON DA SILVA

ADMINISTRACION DEMANDADA: CONSELLERIA DE SANIDADE

Procurador:

Letrado: ABOGACIA DE LA COMUNIDAD

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrados :

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 3 de xuño de 2022

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna a inactividade administrativa da Consellería de Sanidade ante o requirimento formulado en data 13/3/2017 e reiterado o 17/12/2019 para que a administración aprobase unha disposición regulamentaria que desenvolvese o procedemento enunciado no art. 81.4. do Real Decreto 1132/2010, para a prescrición en farmacias de medicamentos de uso hospitalario con f‌ins veterinarios.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. O Colexio Of‌icial de Veterinarios de Pontevedra cursou numerosas peticións para que a administración desenvolvese o procedemento recollido no art. 81.4. RD 1132/2010 co obxecto de autorizar a venda de fármacos de uso hospitalarios para f‌ins veterinarios, para evitar a negativa que na provincia de Pontevedra se vén producindo a instancias da Xunta a este respecto.

  2. A competencia para aprobar o procedemento corresponde á administración autonómica en virtude do art.

    33 EAG. Numerosas CCAA xa teñen aprobado esta normativa dende hai máis dunha década, como é o caso de Andalucía ou Valencia.

  3. Actualmente, aínda que non existe normativa de desenvolvemento aprobada, só a provincia de Pontevedra ten recibidas ordes de prohibición desa dispensa, que non se produce noutras provincias.

    A demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  4. Consonte co informe da Subdirección Xeral de Farmacia do 5/3/2021, ante a ausencia do procedemento, non se está obrigando a realizar solicitude, validación ou aprobación por ningunha autoridade competente previa á prescrición, dispensación ou autorización.

  5. Non existe inactividade administrativa porque non se dirixiu á solicitude competente, xa que neste caso sería precisa a intervención de tres consellerías, non só a de Sanidade; porque non hai obrigatoriedade legal de ditar esta disposición e porque non se recolle un prazo para o desenvolvemento da previsión contida no art. 81.4. Non se cumpren os requisitos do art. 29.1. LXCA para considerar concorrente a inactividade administrativa. A xurisprudencia non inclúe o presente entre os casos de condena fronte á omisión regulamentaria.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, ten lugar a vista do xuízo o día 9/3/2022, na que se practica como proba a testemuña de Covadonga, ademais da documental que obra en autos.

A contía do procedemento f‌ixouse como indeterminada.

Terceiro

Feitos probados.

Resultou probado neste procedemento que:

* Entre o 15/6/2016 e o 10/2/2021 o Colexio Of‌icial de Veterinarios de Pontevedra recibiu polo menos 17 queixas de profesionais denunciando que diversas farmacias da provincia de Pontevedra denegaban a subministración de determinados medicamentos hospitalarios para uso veterinario, alegando ter recibido instrucións da Consellería de Sanidade nese sentido.

* O Colexio Of‌icial de Veterinarios de Pontevedra dirixiu escritos á Consellería de Sanidade nas datas 13/3/2017 e 17/12/2019 reclamando a emisión do acto que desenvolvese o procedemento previsto no art. 81.4. do RD 1132/2010.

* o 8/1/2018 o Colexio Of‌icial de Veterinarios de Pontevedra iniciou un procedemento de queixa perante a Valedora do Pobo que rematou por resolución de data 11/4/2018 por ter constancia esta institución do compromiso de realización dos traballos necesarios para a aprobación do texto, por terlla así transmitido a Consellería de Sanidade.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Antecedentes de interese para o procedemento.

Insta a demandante á Sala a condena de emisión dun acto regulamentario que non foi realizado pola a administración malia os sucesivos requirimentos do Colexio Of‌icial de Veterinarios de Pontevedra.

Neste contexto non resultan controvertidas as xestións realizadas polo Colexio, entre elas as de 13/3/2017 e 17/12/2019 neste sentido, así como o procedemento cursado ante a Valedora do Pobo co mesmo obxecto.

A nivel normativo, non se discute a competencia da CA de Galicia en virtude do art. 33 do Estatuto de Autonomía de Galicia para desenvolver a lexislación básica do Estado entre a que se atoparía o art. 81.4. do Real Decreto 1132/2010, do 10 de setembro, polo que se modif‌ica o Real Decreto 109/1995, do 27 de xaneiro, sobre medicamentos veterinarios.

Segundo

Alcance do control xurisdicional do deber da administración de ditar disposicións regulamentarias.

A demandante sostén que a falta de atención á súa solicitude de emisión de regulamento administrativo é un suposto encadrable dentro da inactividade tutelable xurisdicionalmente consonte co art. 25 e 29.1. LXCA.

As pretensións da demandante están baseadas no que se vén denominando doutrinalmente "omisión regulamentaria" e que se ten formulado xurisdicionalmente habitualmente en dúas formas impugnatorias, a saber: o rexeitamento dunha pretensión en vía administrativa fundamentada na ausencia de disposición regulamentaria que habilite a causa de pedir, ou o silencio ou rexeitamento da petición expresa de emisión dunha disposición de carácter xeral.

No caso que nos ocupa estamos ante esta segunda situación, o que será relevante para o exame que faremos do obxecto do litixio.

  1. Doutrina xurisprudencial a respecto da tutela xurisdicional da omisión regulamentaria.

    A doutrina xurisprudencial a respecto do control xurisdicional da omisión regulamentaria resúmese en que os tribunais non poden esixir á administración que dite a disposición xeral, por formar parte do núcleo de decisión política inherente á acción de goberno, agás en dous supostos: a obrigación directamente nacida da CE, norma con rango de lei ou Dereito da UE; ou cando a omisión denunciada supón a creación implícita dunha situación contraria ao ordenamento xurídico.

    Expona nestes termos a recente STS nº 194/2022, de 17 de febreiro ( ROJ: STS 670/2022 -ECLI:ES:TS:2022:670 ):

    "SÉTIMO.- A xurisprudencia desta Sala Terceira

    Convén comezar coa nosa xurisprudencia sobre o alcance do axuizamento cando se aduce unha omisión regulamentaria.

    A xurisprudencia desta Sala Terceira, respecto do control xurisdicional das omisións regulamentarias, ten un carácter restritivo, pois vimos declarando que a estreita vinculación da potestade regulamentaria coa función constitucional de dirección política do Goberno, recoñecida no artigo 97 da CE, dif‌iculta que o autor da disposición de carácter xeral poida ser forzado polos Tribunais para exercer a potestade regulamentaria nun sentido predeterminado, impoñendo modif‌icacións, adicións ou complementos que dif‌icilmente resultan compatibles co artigo 71.2 da LXCA .

    Neste sentido, en sentenzas do 5 de novembro de 2013 (recurso de casación nº 5886/2009 ) e do 25 de novembro de 2014 (recurso contencioso-administrativo nº 52/2004), entre outras, sinalamos que a declaración xurisdicional de invalidez dunha disposición xeral por razón dunha omisión regulamentaria, con todo, pode ser apreciada en dous casos. Cando a mesma incorra nun incumprimento dunha obrigación expresamente prevista pola Constitución, a Lei ou as normas de Dereito da Unión Europea, ou cando esa omisión ou silencio regulamentario supoña a creación implícita dunha situación xurídica contraria ao ordenamento xurídico.

    Sen que esta caracterización da f‌iscalización xudicial das omisións regulamentarias supoña, de ningún xeito, un control xudicial sobre a predeterminación do contido da norma. Convén non esquecer que o artigo 71.2 da LXCA dispón que " l Os órganos xurisdicionais non poderán determinar a forma en que han de quedar redactados os preceptos dunha disposición xeral en substitución dos que anularen (...)". De modo que o labor de substituír ou engadir contidos á norma regulamentaria aprobada non é un labor que corresponda aos órganos xurisdicionais. A potestade regulamentaria, en def‌initiva, é unha actividade discrecional, aínda que, naturalmente, sometida, polo que fai ao caso, á proscrición xeral da arbitrariedade e ao principio de xerarquía normativa ( artigo 9.3 da CE ).

    Neste sentido, vímonos pronunciando desde as sentenzas do 7 de outubro de 2002 (recurso contencioso administrativo nº 48/1999 ) e do 28 de xuño de 2004 (recurso contencioso administrativo nº 74/2002 ) e as citadas nelas. Doutrina seguida noutras do 19 de febreiro de 2008 (recurso contencioso administrativo nº 95/2007), do 19 de novembro de 2008 (recurso contencioso administrativo nº 55/2007), do 3 de marzo de 2010 (recurso contencioso administrativo nº 4/2008), do 3 de maio de 2012 (recurso contencioso administrativo 29/2008), cando declaramos que " a doutrina desta Sala é, sen dúbida, restritiva en relación co control das omisións regulamentarias, tanto desde o punto de vista formal do seu acceso á xurisdición como desde o punto de vista material ou substantivo, referido ao contido e alcance que corresponde á función revisora do Tribunal. (...). En def‌initiva, como se dixo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR