STSJ Galicia 199/2022, 23 de Mayo de 2022

JurisdicciónEspaña
EmisorTribunal Superior de Justicia de Galicia, sala Contencioso Administrativo
Fecha23 Mayo 2022
Número de resolución199/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00199/2022

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7601/2021

RECURRENTE: Apolonia

Procurador: JOSE ANTONIO CASTRO BUGALLO

Letrado: JOSE PEREZ REY

ADMINISTRACION DEMANDADA: CONSELLERIA DE ECONOMIA,EMPREGO E INDUSTRIA

Procurador:

Letrado: ABOGACIA DE LA COMUNIDAD

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrados :

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 23 de maio de 2022

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna o silencio administrativo contra a solicitude de execución efectuada en data 10/5/2021 diante da Consellería de Economía, Emprego e Industria, das resolucións do Xurado de Expropiación de Galicia de data 27/7/2017.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. Ante a declaración concursal da empresa benef‌iciaria da expropiación e a constatación do impago do prezo xusto declarado polo XEG, os créditos da expropiada deben ser satisfeitos pola administración expropiante, porque non é admisible o exercizo da potestade expropiatoria sen indemnización, nin debe a expropiada ser tratada como unha simple acredora da masa concursal. Existe un informe técnico da administración que avala o aboamento da cantidade.

  2. Existe xurisprudencia neste sentido que indica a responsabilidade da administración en caso de concurso da benef‌iciaria, que ademais é o sentido da STSXG nº 183/2020, nunha situación idéntica a esta entre as mesmas partes.

    A demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  3. Existe causa de inadmisión do recurso como consecuencia da vía empregada, xa que se pretende condenar á administración por falta de execución dun acto propio que en realidade non o é, xa que provén do XEG, que non ten a condición de administración autonómica. Tampouco os actos f‌irmes do XEG impoñen claramente unha obriga a cargo da administración, porque a benef‌iciaria é unha empresa. Tampouco consta a insolvencia da nova benef‌iciaria, polo que debe inadmitirse o recurso.

  4. Non existe responsabilidade da administración porque esta só pode ter natureza subsidiaria, unha vez que se acredite a imposibilidade de cobro doutro xeito, e aínda cabe que un terceiro sexa o benef‌iciario def‌initivo, a resultas dun procedemento xudicial en curso, e en relación a este terceiro non foi demostrada a súa insolvencia.

  5. En canto ao informe da administración, non é unha declaración de vontade do órgano, senón unha opinión

    dun funcionario non asumida en ningunha resolución.

  6. En relación aos termos en que se concretaría a responsabilidade, de existir, non debe aboarse a totalidade do reclamado, porque xa se aboou unha parte inicialmente, polo que o importe sería pola diferenza; no caso de existir premio de afección, só será por esa diferenza, e no tocante aos xuros de demora, só deberan computarse, chegado o caso, dende a intimación feita o 10/5/2021.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, foi practicada unicamente a documental que obra en autos.

A contía do procedemento f‌ixouse en 49.699, 37 euros.

Terceiro

Feitos probados.

Resultou probado neste procedemento que:

- A empresa Pizarras Veira do Río SL non acudiu ao emprazamento feito pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para os días 16/5/2018 e 27/7/2018 no Concello de Mondoñedo para o aboamento do prezo xusto sinalado en relación ás parcelas nº NUM000 e NUM001 .

- A persoa titular das parcelas percibiu unicamente en tempo e forma as cantidades de 681,35 € e 382,20 € derivadas dos depósitos feitos previos á ocupación.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre a inadmisibilidade por falta de actuación administrativa impugnable e o carácter subsidiario da responsabilidade da administración respecto das obrigas da benef‌iciaria.

Comeza a demandada a súa contestación formulando como causa de inadmisión a incorrección xurídica de ter articulado o recurso pola vía do art. 29.2. LXCA, xa que na súa opinión a Consellería non é a administración autora do acto, senón o XEG, e en todo caso, non procedería unha condena porque estaríase obviando a responsabilidade da benef‌iciaria da expropiación, que actualmente é unha terceira empresa que non se atopa en situación de insolvencia. Ao mesmo tempo, a falta dese requisito fundamenta o primeiro motivo de oposición sobre o fondo, polo que ambos motivos serán contestados conxuntamente.

A pretensión debe ser rexeitada, polos argumentos que de contado se relacionan.

Comecemos por lembrar que o art. 29.2. LXCA indica que " Cando a Administración non execute os seus actos f‌irmes os afectados poderán solicitar a súa execución, e se esta non se produce no prazo dun mes desde tal petición, poderán os solicitantes formular recurso contencioso-administrativo.. ".

Obxecta a demandada que o autor do acto é o XEG, pero a administración non ignora que a única función dese órgano é dirimir determinadas cuestións relativas á potestade expropiatoria da que é titular a Xunta de Galicia,

nomeadamente relativas á f‌ixación do prezo xusto, que é a condición de exercicio da potestade recoñecida na LEF. En consecuencia, as súas decisións vinculan directamente ao titular do poder de expropiar no que aos seus pronunciamentos se ref‌ire, sen prexuízo do que logo se dirá nas relacións trilaterais entre expropiante, expropiados e benef‌iciaria. Polo tanto o único órgano ao que dirixir unha petición de execución dun acto f‌irme é á Consellería titular da potestade á que está adscrita a actuación do XEG.

En canto á falta de determinación da concorrencia da obrigación de responder pola obriga do pago do prezo xusto, que entende que ha de imputarse en primeiro lugar á benef‌iciaria, sen que conste a declaración da obriga contra a administración expropiante, debe ser rexeitada esta alegación, en primeiro lugar porque non é controvertido que a benef‌iciaria non se presentou as dúas veces que foi convocada no Concello de Mondoñedo para a realización do pago do prezo, nin que posteriormente foi declarada en situación de concurso. A propia administración desencadeou as ferramentas para tentar o cobro pola vía de constrinximento sen acadalo. Pois ben, é esta situación de insolvencia def‌initiva a que neste caso xustif‌ica o nacemento da responsabilidade subsidiaria da administración expropiante, aínda que a xurisprudencia nin sequera esixe esa situación, e abonda con que non se verif‌ique o pago do prezo xusto pola benef‌iciaria para desencadearse a responsabilidade da expropiante, en tanto que garante de que a privación do dereito de propiedade se vai verif‌icar, tal como prevén o art. 33 CE e a LEF a cambio dunha indemnización, sen que sexa xusto nin polo tanto admisible en dereito, que o expropiado teña que pasar polo calvario de ir reclamando aos sucesivos potenciais terceiros benef‌iciarios para que lle sexa satisfeito o pago do prezo unha vez que foi privado do ben. E isto non só porque el non encetou ningún tipo de relación negocial previa de carácter voluntario coa benef‌iciaria concursada que o deba colocar no lugar que lle corresponda entre o conxunto de acredores da masa concursal, senón por mandado directo do art. 33 CE que impide que ninguén poda ser privado dos seus bens sen a correspondente indemnización, algo que lle corresponde asegurar ao titular da potestade expropiatoria, que actúa en nome do interese xeral, e por isto mesmo debe asegurar dilixentemente o aboamento do prezo, dilixencia que non se completa só con esixir vía executiva a procura do diñeiro no patrimonio do benef‌iciario, senón asegurando o resultado do pago do prezo, que non foi quen de facer previamente mediante unha caución suf‌iciente de quen se vai benef‌iciar da expropiación, mediante a comprobación da solvencia ou o establecemento de exiguos depósitos que posteriormente se demostran claramente insuf‌icientes.

En canto á existencia dese terceiro benef‌iciario que fose propietario dos terreos como consecuencia da transmisión de dereitos mineiros, cos dereitos e obrigas relativos ao pago do prezo xusto, e do que pendía un recurso na Sala, este foi resolto pola STSXG nº 68/2022, de 25 de febreiro ( ROJ: STSJ GAL 1323/2022

- ECLI:ES:TSJGAL:2022:1323 ) onde ademais de acoller o recurso da recorrente relativo ao seu dereito a transmitir o dominio da concesión a esa terceira empresa, inicialmente denegado na vía administrativa pola Consellería, indicamos a existencia da obriga da administración expropiante de asumir o pago do prezo unha vez que a primeira benef‌iciaria non o realizou, con independencia de cal sexa a causa, e sen prexuízo da sorte que poda correr a concesión mineira á que vaian afectos os terreos para os que se realizou a expropiación, o que implica que unha vez que a benef‌iciaria orixinaria non paga, xa xorde a obriga subsidiaria a cargo da administración, por máis que logo se transmita a concesión a unha terceira benef‌iciaria solvente . O expropiado non ten que agardar o pago dese terceiro, ten que agardalo da administración. Dixemos no FX 2º nesa resolución que:

"Neste punto debe advertirse que o relevante para que xurda a responsabilidade subsidiaria non é que a benef‌iciaria obrigada ao pago do prezo xusto non poida facelo por resultar insolvente, senón que non o faga, pola razón que for; por iso, frustrado ese pago, e unha vez que os expropiados acreditasen esixilo á primeira obrigada (a benef‌iciaria), terían aberta a acción...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR