SAP Pontevedra 90/2022, 23 de Marzo de 2022

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIECLI:ES:APPO:2022:969
Número de Recurso47/2020
ProcedimientoProcedimiento abreviado
Número de Resolución90/2022
Fecha de Resolución23 de Marzo de 2022
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00090/2022

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MM

Modelo: N85850

N.I.G.: 36038 43 2 2016 0000416

ROLO: PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000047 /2020 I

ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Órgano de procedencia: Xulgado de Instrución núm. 2 de Pontevedra

Procedemento de orixe: DPA dilixencias previas de procedemento abreviado 198/2016

Delito: estafa (todos os supostos)

Acusación: Ministerio Fiscal, Cecilia

Procuradora: Cristina María del Río Recouso

Avogada: Lourdes González-Lagana Vicente

Contra: Pablo Jesús, Crescencia (responsables civís subsidiarios), Alberto

Procuradoras : María Belén Álvarez Sánchez, María Sanjuán Carril, Marina Martínez Pillado

Avogados/a: Yolanda Fortúnez Ortega, Antonio Justo Martínez-Paúl Domínguez, Pablo Espinosa de Soto

SENTENZA Nº90

Maxistrado/as

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado,

presidente

Ilma. Sra. dona Rosa Collazo Lugo

Ilmar. Sra. Dona Marta Elvira García Mosquera, suplente

Pontevedra, 23 de marzo de 2022

Foi vista ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial a causa instruída co número 47/2020, procedente do Xulgado de Instrución núm. 2 de Pontevedra e seguida polo trámite de procedemento abreviado polo delito de estafa, contra:

Alberto, con DNI núm. NUM000, nado en Bilbao (Biscaia) o día NUM001 /1977, f‌illo de Eleuterio e de Matilde, con domicilio na RUA000, núm. NUM002, 15800 Melide (A Coruña), con antecedentes penais, cuxa solvencia non consta, en liberdade por esta causa, representado pola procuradora dona Marina Martínez Pillado e defendido polo avogado don Pablo Espinosa de Soto.

Son partes acusadoras dona Cecilia, representada pola procuradora dona Cristina del Río e defendida pola avogada dona Lourdes González-Lagana Vicente, que exerceu a acusación particular, e o Ministerio Fiscal, en representación do cal interveu dona Carmen Novo Colldefors.

Son responsables civís subsidiarios dona Crescencia, representada pola procuradora dona María Sanjuán Carril e defendida polo avogado don Antonio Martínez-Paúl Domínguez, e don Pablo Jesús, representado pola procuradora dona María Belén Álvarez Sánchez e defendido pola avogada dona Yolanda Fortúnez Ortega.

Actúa como relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Con orixe na querela presentada o día 20 de xaneiro do 2016 nos xulgados de Pontevedra a pedimento de dona Cecilia, o Xulgado de Instrución núm. 2 de Pontevedra acordou incoar dilixencias previas de procedemento abreviado, antecedentes da presente causa. Tras seren practicadas as oportunas dilixencias foron convocadas as partes ao xuízo oral, que tivo lugar o día 28 de outubro de 2021.

Segundo

O Ministerio Fiscal formula unha acusación contra don Alberto, a quen, no trámite de conclusións def‌initivas, considera autor dun delito continuado de estafa dos artigos 248.1, 249 e 250.1.6.º do Código penal (CP), e solicita a imposición dunha pena de 4 anos de prisión, coa accesoria de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, e multa de 10 meses cunha cota diaria de 10 euros, coa responsabilidade subsidiaria no caso de non pagamento, e as custas do proceso. Solicita tamén que, en concepto de responsabilidade civil, o acusado indemnice a dona Cecilia en 22 483,65 euros e nas cantidades derivadas da solicitude do crédito, con aplicación do xuro legal.

Terceiro

A acusación particular, no mesmo trámite, cualif‌ica os feitos como constitutivos dun delito de estafa previsto no artigo 248.1, en relación cos artigos 250.1.6.º e 74 do Código penal, coa concorrencia da circunstancia agravante de reincidencia do artigo 22.8.ª do Código penal, e solicita a imposición ao acusado das penas de 6 anos de prisión e 24 meses de multa a razón de 10 euros diarios. En concepto de responsabilidade civil, ao abeiro dos artigos 109 e seguintes do Código penal, solicita do acusado e dos responsables civís solidarios, dona Crescencia e don Pablo Jesús, as seguintes contías:

- De don Alberto : 22 684,07 euros, e mais os xuros bancarios e legais, e 6000 euros por danos morais.

- De dona Crescencia : 7197 euros e os xuros bancarios e legais.

- De don Pablo Jesús : 4000 euros e mais os xuros bancarios e legais.

Solicita tamén a condena en custas.

Cuarto

A defensa do acusado solicita a libre absolución. Alternativamente, pide a aplicación do disposto no artigo 268 do Código penal e, alternativamente tamén, no caso dunha eventual sentenza condenatoria, a aplicación da atenuante prevista no artigo 22.6.ª do Código penal, por dilacións indebidas do proceso.

Quinto

A defensa de dona Crescencia solicitou a libre absolución do acusado e, xa que logo, que se declare a inexistencia de responsabilidade civil.

Sexto

A defensa de don Pablo Jesús solicitou a libre absolución do seu patrocinado como responsable civil.

FEITOS PROBADOS

Primeiro

Don Alberto, maior de idade, e dona Cecilia coñecéronse na primavera do 2014, e iniciaron unha relación sentimental que durou aproximadamente ata xuño do 2015, no curso da cal Alberto conviviu puntualmente con Cecilia no domicilio desta en Pontevedra, se ben era frecuente que se ausentase durante períodos máis ou menos longos por supostos motivos de traballo como broker, alegando viaxes a cidades como Londres ou Hong Kong. No momento de iniciar a relación, Alberto estaba casado con dona Crescencia

, sendo isto descoñecido por Cecilia, quen só chegou a saber da relación matrimonial de Alberto por terceiras persoas, arredor do mes de febreiro do 2015.

Segundo

En xaneiro de 2015, e despois dun tempo aproximado dun mes sen case comunicación con Alberto

, este chega a Pontevedra mostrándose abatido e triste, o que motiva que Cecilia se interese polo seu estado e as causas deste, e refírelle entón Alberto que se atopa nunha perentoria situación económica de dimensións familiares, ante o cal Cecilia se ofrece a axudalo. Con tal f‌in, Cecilia subscribe un préstamo coa entidade mercantil Abanca por importe de 50 000 euros, pretextando ante a f‌inanceira que iría destinado á explotación gandeira que rexenta o seu irmán, se ben a súa verdadeira intención era axudar a Alberto a saír da referida situación. O importe do préstamo foi aboado na conta bancaria de que Cecilia é titular o día 12 de febreiro do 2015.

Terceiro

Unha vez que foi ingresado o crédito, sen que conste como puido facerse coas chaves da banca electrónica de dona Cecilia, don Alberto f‌ixo uso delas sen consentimento nin autorización de Cecilia, e conseguiu levar a cabo as seguintes transferencias dende a conta dela:

Transferencia o día 17/02/2015 por importe de 6146,32 euros a favor da mercantil Bigbank AS Consumer Finance, Sucursal en España, correspondente á cancelación do crédito ao consumo subscrito coa citada mercantil o día 25/07/2014, a nome de dona Crescencia, sen que conste que fose esta quen o solicitase.

Transferencia o día 19/02/2015 por importe de 2590 euros a favor de don Severino, en pago da débeda contraída por don Alberto por contratarlle tempo atrás determinados traballos.

Transferencia o día 19/02/2015 por importe de 4000 euros a favor da mercantil ATM 2006 Norte, SL, da cal é administrador único don Pablo Jesús, que é o pai de Alberto .

Transferencia o día 19/02/2015 por importe de 1322,42 euros a favor da mercantil Kurpes Collection, SL, entidade da cal é administrador único don Ruperto, respondendo o ingreso ao pago dun pedido de calzado que realizou Alberto .

Transferencia o día 27/02/2015 por importe de 641,48 euros a favor da mercantil Getbucks Spain, SL, correspondente á cancelación de débeda por solicitude dun minicrédito a nome de dona Crescencia, sen que conste que fose esta quen o solicitase.

Transferencia o día 27/02/2015 por importe de 409,85 euros a favor de Ferratum Spain, SL, correspondente á cancelación do crédito rápido subscrito coa citada mercantil o día 16/11/2014, a nome de dona Crescencia

, sen que conste que fose esta quen o solicitase.

Transferencia o día 01/06/2015 por importe de 2900 euros a favor da mercantil TH Passion Group, SL, en pago de débeda por un pedido realizado pola entidade Arquitrabe Artdeco, SL, da cal nese momento era propietario e administrador único don Alberto .

Transferencia o día 02/06/2015 por importe de 1674 euros a favor da mercantil TH Passion Group, SL, en pago de débeda por un pedido realizado pola entidade Arquitrabe Artdeco, SL, da cal nese momento era propietario e administrador único don Alberto .

De todas estas cantidades, das cales dispuxo don Alberto de maneira ilexítima en prexuízo de dona Cecilia, non restituíu a esta importe ningún, a pesar dos reiterados requirimentos da prexudicada.

Cuarto

Entre o 16/02/2015 e o 01/06/2015, dende a conta bancaria de que é titular dona Cecilia constan efectuadas disposicións de diñeiro a través do sistema HalCash por un importe total de 3000 euros.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Primeiro

Alegada alternativamente pola defensa do acusado a aplicabilidade no presente caso da escusa absolutoria prevista no artigo 268 do Código penal, procede analizar esta cuestión en primeiro lugar, xa que se trataría dunha causa persoal de exclusión da punibilidade, que este Tribunal mesmo podería aplicar de of‌icio (SSTS 42/2006, do 27 de xaneiro; 361/2007, do 24 de abril; 493/2009, do 8 de maio; SAP de Badajoz 25/2010, do 4 de marzo).

Sendo o delito polo que se acusa un daqueles acollidos no ámbito de aplicación obxectivo do artigo 268 do Código penal, resta por analizar se a relación existente no momento dos feitos entre don Alberto e dona Cecilia encaixa nalgunha das relacións persoais para as cales o precepto...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STSJ Galicia 119/2022, 23 de Noviembre de 2022
    • España
    • 23 Noviembre 2022
    ...la sentencia de fecha 23 de marzo de 2022 dictada por la Sección 2ª de la Audiencia provincial de Pontevedra en el procedimiento abreviado 47/2020, debemos revocar y revocamos ésta y en su virtud absolvemos a Arcadio y a Cecilio de cualquier responsabilidad derivada de los hechos enjuiciado......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR