STSJ Galicia 228/2022, 10 de Junio de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha10 Junio 2022
Número de resolución228/2022

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00228/2022

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7151/2021

RECURRENTE: Ángel Daniel, Nieves

Procurador: JUAN LAGE FERNANDEZ-CERVERA

Letrado: ANGEL SUTIL GARCIA

ADMINISTRACION DEMANDADA: AUGAS DE GALICIA; CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Procurador:

Letrado: ABOGACIA DE LA COMUNIDAD; ABOGACIA DE LA COMUNIDAD

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Presidente:

Francisco Javier Cambón García

Maxistrados :

Juan Carlos Fernández López

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 10 de xuño de 2022

ANTECEDENTES

DE FEITO

Primeiro-. Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna a desestimación presunta da solicitude dirixida á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para que anulase a expropiación ilegal dunha leira da súa propiedade para executar as obras de acondicionamento do regato de Fontiñas, ao seu paso por Lalín, así como de pago da indemnización substitutoria; con posterioridade á interposición do recurso a demandante solicitou ampliación á resolución da directora de Augas de Galicia de 09.04.21 que inadmitiu a trámite a súa solicitude de revisión de oficio.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. Procede a admisión á trámite do recurso contencioso así coma do escrito inicial presentado o 8/7/2020, e a anulación da resolución de Augas de Galicia de 9/4/2021, que inadmite a solicitude de revisión de oficio, por carecer manifestamente de fundamento ao non existir cousa xulgada, por infrinxirse coa resolución ditada o art. 48.1. en relación co art. 106.3. da LPACAP.

  2. Procede a admisión á trámite do recurso contencioso así coma do escrito inicial presentado o 8/7/2020, e a anulación da resolución de Augas de Galicia de 9/4/2021, que inadmite a solicitude de revisión de oficio, por carecer manifestamente de fundamento ao non existir cousa xulgada, o quenon se axusta a dereito xa que ao considerar que se desestimaron no fondo outras cuestións substancialmente iguais, o que non se axusta a dereito, xa que, segundo se probou nos antecedentes da demanda, todas as actuacións e recursos interpostos contra a Xunta en relación á expropiación que afecta á demandante den 1997 ata 2019, ningún deles é substancialmente igual á acción de nulidade que se exercita xa que en ningún dos recursos interpostos contra a Xunta tiña por obxecto a revisión do acto de expropiación nin se solicitou nunca a nulidade de pleno dereito do acto, polo que non existe cousa xulgada procedendo que o Tribunal admita o recurso, anule a resolución de Augas de Galicia e dite sentenza estimatoria das peticións en canto ao fondo.

  3. A resolución expresa de 9/4/2021 debe ser anulada conforme co art. 48.1. LXCA por infrinxir o art. 222.1. e 4 LAC, en relación aos efectos da cousa xulgada material.

    A demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  4. A inadmisión da petición de revisión de oficio é conforme a dereito, e tendo esgotados medios procedimentais e argumentos limítase a volver a pedir co único obxecto de incrementar a indemnización obtida no seu día;

  5. a pretensión actora excede os límites da revisión de oficio;

  6. a cantidade reclamada non resulta conforme a dereito;

    Segundo-. Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

    Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, foi practicada unicamente a documental e pericial que obra en autos.

    A contía do procedemento fixouse en 3.166.904,84 euros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro. Obxecto do litixio. Identidade substancial co PO 7147/2021.

O presente litixio presenta unha identidade substancial co obxecto analizado no PO 7147/2021, do que recaeu a STSXG nº 110/2022, de 25 de marzo, cuxa formulación presentamos no FX 1º nestes termos:

"PRIMEIRO.-Mediante Decreto 100/1995, do 31 de marzo, declarouse a utilidade pública e urxente ocupación de os bens afectados polas obras do proxecto de acondicionamento do regato de Pontiñas ao seu paso por Lalín, aínda que foi despois anulado por esta sala en sentenza de 23.01.01, ditada no PO 9215/1996 , que, ao tempo recoñeceu o dereito dos recorrentes a recibir as indemnizacións para determinar en fase de execución, segundo os criterios que despois fixou a STS de 16.03.05 . Entre aqueles non figurada don Carlos María, a pesar de ser propietario dunha leira expropiada sobre a que fixou o xurado de expropiación un prezo xusto cifrado en 55.962,64 euros, nun acordo que gañou firmeza; con todo, o importe fixado non se lle chegou a abonar, polo que solicitou a súa retasación, que finalmente se fixou en sentenza desta sala de 24.05.07 (PO 8079/2006 ), por un importe de 167.161,31 euros, co premio de afección incluído. Esta circunstancia non lle impediu que comparecese no incidente de execución da sentenza desta sala de 23.01.01 , o que se denegou por auto de 14.01.13, confirmado polo de 14.05.13. Entre unha e outra resolucións xudiciais, solicitou o 14.03.13 da Consellería de Medio Ambiente e de Augas de Galicia que lle abonasen unha indemnización de 3.166.904,84 euros, polo defectuoso funcionamento do servizo público, o que se denegou por resolución de 17.09.14, confirmada por esta sala en sentenza firme de 04.10.16 (PO 7535/2013). Finalmente , con data 13.07.20 promoveu o interesado unha acción de revisión de oficio do acto administrativo da expropiación, aparellada ao pago da mesma suma que antes reclamou, cos seus xuros, que se inadmitiu por resolución da presidenta de Augas de Galicia de 09.04.21, fundada na existencia de cousa xulgada. Fronte a esta resolución álzase o presente recurso, a través dunha demanda que refire eses feitos e pretende que se anule, así como que se lle recoñeza ao señor Carlos María o dereito para percibir a cantidade de 3.166.904,84 euros que reclamou, cos seus xuros e dedución das cantidades que recibiu polo prezo xusto e retasación da leira, o que ampara nestes tres motivos: o primeiro, porque o feito de que se ditou a primeira sentenza que rexeitou o pago da indemnización non impide que estea lexitimado para solicitar a revisión de oficio dos actos nulos sen suxeición...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR