SAP Pontevedra 328/2021, 23 de Diciembre de 2021

JurisdicciónEspaña
Fecha23 Diciembre 2021
Número de resolución328/2021

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00328/2021

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MM

Modelo: N85850

N.I.G.: 36060 41 2 2020 0000773

PO PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO 0000025 /2020 M

Organo de procedencia: Juzgado de Instrucción núm. 3 de Vilagarcía

Procedimiento de origen: Diligencias previas 148/20

Delito: HOMICIDIO

Acusación: MINISTERIO FISCAL, Isaac

Procurador/a: D/Dª MARIA ESTHER GARCIA ROMARIS

Abogado/a: D/Dª HUMBERTO DOMINGUEZ GONZALEZ

Contra: Jacobo

Procurador/a: D/Dª MARIA JESUS NOGUEIRA FOS

Abogado/a: D/Dª Antonio Salceda Domínguez

SENTENCIA Nº 328

ILMOS/AS SR./SRAS

Presidente/a:

ROSA COLLAZO LUGO

Magistrados/as:

ROSARIO CIMADEVILA CEA

MARTA GARCÍA MOSQUERA

En PONTEVEDRA, a vintetrés de decembro do dous mil vinteún.

A Sección Segunda da Ilma. Audiencia Provincial de Pontevedra, integrada polas Ilmas. Sras. xa indicadas, ten visto en xuízo oral e público as presentes actuacións, Sumario 25/2020, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución n.º 3 de Vilagarcía de Arousa, seguidas por un delito de homicidio no grao de tentativa contra D. Jacobo, maior de idade e sen antecedentes penais, con DNI NUM000, privado de liberdade pola presente causa dende o día 10 de marzo do 2020, cuxa solvencia non consta, representado pola Procuradora dos Tribunais D.ª María Jesús Nogueira Fos e defendido polo Letrado D. Antonio Salceda Domínguez, sendo parte o Ministerio Fiscal, representado polo Ilmo. Sr. D. Alejandro Pazos Piñeiro no exercicio da acción pública; como acusación particular D. Isaac, representado pola Procuradora dos Tribunais D.ª Esther García Romarís e asistido polo Letrado D. Humberto Domínguez González e actuando Dona Marta García Mosquera como Relatora, quen expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Con data 27/5/2020 ditouse Auto de transformación das Dilixencias Previas 148/2020 en Sumario Ordinario 25/2020-M. Tras ditarse Auto de Procesamento de 21/7/2020, acordouse a conclusión do sumario en data 13/4/2021.

Recibidas as actuacións nesta Audiencia, a tras os pertinentes trámites, presentáronse as conclusións provisionais polo Ministerio Fiscal, a acusación particular e a defensa do procesado. En sesión que tivo lugar o día 26 de outubro do 2021, celebrouse perante este Tribunal xuízo oral e público na causa referenciada, practicándose no mesmo acto as probas propostas polas partes que foran admitidas.

SEGUNDO

O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións def‌initivas cualif‌icou os feitos obxecto deste proceso como constitutivos dun delito de asasinato no grao de tentativa do art. 139.1.1.ª do Código Penal en relación cos artigos 15, 16.1 e 62 do mesmo texto punitivo, acusando como criminalmente responsable a D. Jacobo e solicitando se lle condenase a unha pena de 11 anos de prisión, coas accesorias de inhabilitación absoluta durante o tempo da condena ( art. 55 do Código Penal), prohibición de aproximación a Isaac, ao seu domicilio, lugar de traballo ou calquera outro frecuentado por el nun radio non inferior a 150 metros por un prazo de 10 anos superior ao da pena de prisión imposta ( art. 57.1 en relación co art. 48.2 do Código Penal), e prohibición de establecer con Isaac, por calquera medio de comunicación ou medio informático ou telemático contacto escrito, verbal ou visual por un prazo de 10 anos superior ao da pena de prisión imposta ( art. 57.1 en relación co art. 48.3 do Código Penal), así como o abono das custas procesuais. Solicitou tamén o Ministerio Público, de conformidade co previsto no art. 140 bis, en relación cos art. 105.2 e 106.1 do Código Penal, a imposición ao procesado dunha medida de seguridade de liberdade vixiada por tempo de 10 anos, a determinar e executar con posterioridade ao cumprimento da pena privativa de liberdade.

En concepto de responsabilidade civil solicitou o Ministerio Público que o procesado abone a D. Isaac as cantidades de 27.329,34 euros polas lesións padecidas; 103.518,11 euros polas secuelas causadas; así como nas cantidades que se determinen no acto do xuízo oral, ou ben en execución de sentenza, en relación co prexuízo moral e co lucro cesante sufrido por Isaac e na cantidade de 60 euros polo teléfono móbil desaparecido; cantidades todas elas que se pide incrementar nun 20% por tratarse dun delito doloso, e con aplicación en todo caso do previsto no art. 576 da Lei de Axuizamento Criminal.

Do mesmo xeito o Fiscal pide que o procesado indemnice ao Servizo Galego de Saúde na cantidade que se determine no acto do xuízo oral ou, no seu caso, en execución de sentenza, pola asistencia sanitaria prestada a D. Isaac con ocasión dos feitos obxecto deste procedemento, así como nos gastos previsibles de asistencia sanitaria futura que poida precisar derivados do eventual fracaso da artroplastia da cabeza radial, con aplicación en todo caso, do previsto no art. 576 da Lei de Axuizamento Criminal.

TERCEIRO

A acusación particular, no mesmo trámite, cualif‌icou os feitos como constitutivos dun delito de asasinato no grao de tentativa do art. 139.1.1.ª do Código Penal en relación cos artigos 15, 16.1 e 62 do mesmo texto punitivo, acusando como criminalmente responsable a D. Jacobo e solicitando se lle condenase a unha pena de 13 anos de prisión, con inhabilitación absoluta polo tempo da condena, así como ao abono das custas procesuais; á prohibición de comunicarse ou achegarse á vítima, ao seu domicilio, ao seu lugar de traballo ou calquera outro lugar que frecuente a unha distancia non inferior a 150 metros e por un período de 10 anos superior ao da pena imposta. Pide tamén a acusación particular se lle impoña a medida de liberdade vixiada por un período de 10 anos que se executará con posterioridade ao cumprimento da pena privativa de liberdade.

En concepto de responsabilidade civil solicitou que o procesado abone a D. Isaac as cantidades de 27.329,34 euros polas lesións padecidas; 103.518,11 euros polas secuelas causadas; así como nas cantidades que se determinen no acto do xuízo oral, ou ben en execución de sentenza, en relación co prexuízo moral e co lucro cesante sufrido por D. Isaac e na cantidade de 60 euros polo teléfono móbil desaparecido; cantidades todas

elas que se pide incrementar nun 20% por tratarse dun delito doloso, e con aplicación en todo caso do previsto no art. 576 da Lei de Axuizamento Criminal.

CUARTO

A defensa de D. Jacobo solicitou a libre absolución do seu defendido.

QUINTO

O acusado, D. Jacobo atópase privado de liberdade por esta causa dende o día 10 de marzo do 2020, a resultas da súa detención e posterior medida cautelar de prisión provisional comunicada e sen f‌ianza, que a día se hoxe se mantén.

FEITOS PROBADOS

Da actividade probatoria practicada no acto do xuízo oral de conformidade cos principios de oralidade, contradición e igualdade de armas, resulta acreditado que:

PRIMEIRO

Na madrugada do día 8 de marzo do 2020, en A Illa de Arousa (Pontevedra), sendo aproximadamente as 04:42 h., e estando Isaac no seu domicilio, ao que regresara despois de ter estado en diversos locais de ocio, recibiu unha chamada de Jacobo, a quen coñecía, e co que coincidira esa mesma noite no local Benalúa, da devandita localidade de A Illa de Arousa.

Nesa chamada, Jacobo pediulle a Isaac que o fora recoller ao lugar coñecido como «O Charco», ao que Isaac accedeu, conducindo ata alí o seu propio vehículo. Unha vez xuntos no coche, trasladáronse por indicación de Jacobo ao edif‌icio de usos náuticos situado na Praia do Vao da localidade de A Illa de Arousa, a onde chegaron cerca das 05:00 h.

SEGUNDO

Xa nas inmediacións do edif‌icio de usos náuticos, despois de aparcar Isaac o vehículo na fachada lateral esquerda da edif‌icación, e segundo a suxestión de Jacobo, accederon dende a fachada principal pola zona de gradas ata a parte máis alta da construción, situada a unha altura aproximada duns 7,50 metros da rúa. Chegados alí, Jacobo indicoulle a Isaac que deixara as súas pertenzas no chan, coa expresión "quita o bolso". En tanto Isaac incorporábase, despois de ter deixado no chan o bolso tipo bandoleira que portaba coas súas pertenzas, Jacobo, facendo uso da súa maior complexión física, e sabendo que sometía a Isaac a un risco de morte que non tiña posibilidades de evitar, agarrouno por unha perna e pola cintura, elevouno por riba da varanda, dunha altura aproximada dun metro, e deixouno caer ao baleiro, precipitándose Isaac e impactando co seu corpo no chan de formigón, quedando tendido na parte posterior do edif‌icio. Acto seguido, Jacobo abandonou o lugar a pé, levando consigo o bolso-bandoleira de Isaac, do que se desf‌ixo no camiño de volta.

Isaac permaneceu tendido no chan con graves feridas, conseguindo arrastrarse escasos metros ata un lugar algo máis visible, onde, con todo, non foi atopado ata pasadas as 10:00 h. do día 8 de marzo do 2020 por un veciño que lle prestou auxilio e que requiriu aos servicios sanitarios, que o trasladaron ao hospital.

TERCEIRO

Parte dos efectos persoais que Isaac portaba no momento en que se produciron os feitos foron atopados por varias mariscadoras na Praia de Abilleira de A Illa de Arousa na mañá do día 9 de marzo do 2020, se ben non se atopou o teléfono móbil, valorado en 60 euros.

CUARTO

Por mor da caída, Isaac sufriu as seguintes lesións que supuxeron obxectivamente un risco vital certo e consistiron en: traumatismo torácico, consistente en fracturas costais dereitas, contusión pulmonar, pneumotórax dereito e rotura do hemidiafragma dereito; traumatismo abdominal, consistente en laceración hepática; traumatismo pélvico, consistente en fractura de ramas ilio e isquiobubianas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • ATS 1048/2022, 17 de Noviembre de 2022
    • España
    • November 17, 2022
    ...la representación procesal del procesado Eugenio contra la sentencia de fecha 23 de diciembre de 2021 dictada en el Procedimiento Ordinario 25/2020 por la Sección 2ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra , la cual se confirma en su integridad. - Declarar de oficio las costas procesales d......
  • STSJ Galicia 44/2022, 26 de Abril de 2022
    • España
    • April 26, 2022
    ...la representación procesal del procesado Dimas contra la sentencia de fecha 23 de diciembre de 2021 dictada en el Procedimiento Ordinario 25/2020 por la Sección 2ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra, la cual se confirma en su - Declarar de oficio las costas procesales del recurso. Not......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR