SAP Pontevedra 159/2021, 29 de Junio de 2021

JurisdicciónEspaña
Número de resolución159/2021
Fecha29 Junio 2021

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00159/2021

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MM

Modelo: N85850

N.I.G.: 36042 41 2 2018 0001539

ROLO:PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000005 /2021 I

Xulgado de procedencia: XDO. 1ª INST. E INSTRUCCIÓN NÚM. 3 DE DIRECCION000

Procedemento de orixe: DILIXENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 585/2018

Delito: ABUSO SEXUAL A MENORES DE 16 AÑOS

ACUSACIÓN: MINISTERIO FISCAL, Laura, Juan Pedro (VICTIMAS/PERXUDICADOS)

Contra: Miguel Ángel

Procurador: ANTONIO DANIEL RIVAS GANDASEGUI

Letrada: MARIA CONSUELO GIL GARCIA

SENTENZA NÚM. 159

==========================================================

Maxistrados/as:

Ilmo Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra, a 29 de xuño de 2021

Foi vista anta a Sección Segunda desta Audiencia Provincial a causa instruída co número 5/2021, procedente do Xulgado de1ª Instancia e Instrución núm.3 de DIRECCION000 e seguida polo trámite de procedemento abreviado polo delito de abuso sexual a menores de 16 anos, contra:

Miguel Ángel DNI NUM000, nado o día 28 de decembro e 1964 en DIRECCION000, f‌illo de Calixto e de Sara, con domicilio en DIRECCION001 núm. NUM001, DIRECCION002 de DIRECCION000, cuxos antecedentes penais no constan, cuxa solvencia no consta, en liberdade por esta causa, representado polo procurador don Antonio Daniel Rivas Gandasegui e defendido pola aVogada dona María Consuelo Gil García.

É parte acusadora o Ministerio Fiscal, en representación do cal interveu Carmen Díaz.

Actúa como relator o maxistrado José Juan Ramón Barreiro Prado .

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Estas actuacións instruíronse por un presunto delito de abuso sexual a menores de 16 anos. Practicadas as oportunas dilixencias, foron convocadas as partes a xuízo oral, que tivo lugar os días 15 e 22 de xuño de 2021, coa comparecencia das persoas que se relacionan na acta redactada para o efecto.

Segundo

Tras a práctica da proba, o Ministerio Fiscal, nas súas conclusións def‌initivas, cualif‌icou os feitos como constitutivos dos seguintes delitos:

- Un delito continuado de abusos sexuais sobre menor de 13 anos dos artigos 183.1 e 4.d) e 74.1 e 3 do Código penal na súa redacción vixente no momento dos feitos, por mor da Lei orgánica 5/2010, que absorbe un delito de abuso sexual do artigo 181.1, 2 e 4 en relación co artigo 180.1.4º da regulación vixente con anterioridade, Lei orgánica 11/1999, sobre a persoa de Juan Pedro .

- Un delito continuado de abusos sexuais sobre menor de 16 anos dos artigos 183.1 e 4.a) e d) e 74.1 e 3 do Código penal sobre a persoa de Laura .

O acusado deberá responder en concepto de autor consonte os artigos 27 e 28 do Código penal, sen que concorran circunstancias modif‌icadoras da responsabilidade criminal.

O Ministerio Fiscal solicitou a imposición das seguintes penas:

  1. Polo primeiro delito:

    - Seis anos de prisión e accesorias legais (inhabilitación absoluta durante o tempo da condena, artigo 55 do Código penal).

    - A pena accesoria de prohibición de aproximarse a menos de 500 metros de Juan Pedro, do seu domicilio, centro escolar, lugar de traballo ou calquera outro que frecuente, así como de comunicarse con el por calquera medio por tempo superior en nove anos ao da duración da pena de prisión que resulte imposta, en total 15 anos ( artigo 57 en relación co artigo 48 do Código penal).

    - A pena accesoria de inhabilitación especial para calquera profesión ou of‌icio, sexa ou non retribuído, que comporte contacto regular e directo con menores de idade por un tempo superior en cinco anos ao da duración da pena de prisión que resulte imposta, en total 11 anos ( artigo 192.3 do Código penal).

    - A medida de liberdade vixiada por tempo de nove anos, consistente en prohibición de acudir a eventos, espectáculos públicos, privados ou deportivos, recintos ou acontecementos públicos ou deportivos destinados a menores de idade; prohibición de levar a cabo actividades organizadas de carácter laboral, participativo, lúdico ou deportivo en que interveñan menores; prohibición de aproximarse aos recintos en que se estean levando a cabo tales espectáculos ou eventos a unha distancia inferior a 500 metros; prohibición de aproximarse a menos de 500 metros de Juan Pedro, do seu domicilio, centro escolar, lugar de traballo ou calquera outro que frecuente, así como de comunicarse con el por calquera medio; e sometemento a un programa de educación sexual ( artigo 192.1 en relación co artigo 106.1.e), f), g), i) e j) do Código penal).

  2. Polo segundo delito:

    - Seis anos de prisión e accesorias legais (inhabilitación absoluta durante o tempo da condena, artigo 55 do Código penal).

    - A pena accesoria de prohibición de aproximarse a menos de 500 metros de Laura, do seu domicilio, centro escolar, lugar de traballo ou calquera outro que frecuente, así como de comunicarse con ela por calquera medio por tempo superior en nove anos ao da duración da pena de prisión que resulte imposta, en total 15 anos ( artigo 57 en relación co artigo 48 do Código penal).

    - A pena accesoria de inhabilitación especial para calquera profesión ou of‌icio, sexa ou non retribuído, que comporte contacto regular e directo con menores de idade por un tempo superior en cinco anos ao da duración da pena de prisión que resulte imposta, en total 11 anos ( artigo 192.3 do Código penal]).

    - A medida de liberdade vixiada por tempo de nove anos, consistente en prohibición de acudir a eventos, espectáculos públicos, privados ou deportivos, recintos ou acontecementos públicos ou deportivos destinados a menores de idade; prohibición de levar a cabo actividades organizadas de carácter laboral, participativo, lúdico ou deportivo en que interveñan menores; prohibición de aproximarse aos recintos en que se estean levando a cabo tales espectáculos ou eventos a unha distancia inferior a 500 metros; prohibición de aproximarse a menos de 500 metros de Laura, do seu domicilio, centro escolar, lugar de traballo ou calquera outro que frecuente, así como de comunicarse con ela por calquera medio; e sometemento a un programa de educación sexual ( artigo 192.1 en relación co artigo 106.1.e), f), g), i) e j) do Código penal).

    - O pagamento das custas procesuais.

    En concepto de responsabilidade civil, solicitou que o acusado indemnice a Laura na cantidade de 25 000 € polo prexuízo moral causado, cantidade que devindicará o xuro legal conforme o artigo 576 da Lei de axuizamento civil.

Terceiro

A defensa do acusado solicitou a libre absolución do seu patrocinado.

FEITOS PROBADOS

Na DIRECCION001, número NUM001, parroquia de DIRECCION002, do concello de DIRECCION000, dende cando menos o ano 2010, vivían xuntos o acusado, Miguel Ángel, cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais, a súa nai, a irmá Ofelia e os f‌illos desta, Juan Pedro, nado o NUM002 de 1998, e Laura, nada o NUM003 de 2004.

Laura padece a DIRECCION003 fráxil, enfermidade hereditaria que provoca discapacidade intelectual e alteracións emocionais e sociais, que, nas mulleres, se traduce en timidez. E esta circunstancia era perfectamente coñecida polo acusado, como tío carnal de Laura e Juan Pedro .

Nun día que non se puido concretar, pero, en todo caso, no ano 2009, cando Juan Pedro tiña 11 anos de idade, o acusado pediulle que fose con el ata o seu cuarto para ver unha película. E, cando estaban deitados na cama, o acusado, co ánimo de satisfacer o seu instinto sexual, meteu a man por debaixo do pantalón de Juan Pedro para tocarlle o pene, e díxolle que, se non se deixaba, lle diría á avoa do menor, que para este era como unha nai, que o sorprendera masturbándose, e conseguiu así o acusado masturbalo.

Guiado do mesmo ánimo, no domicilio que compartían, o acusado, Miguel Ángel, seguiu a tocarlle o cu ao seu sobriño Juan Pedro e a masturbalo ata facelo exacular en múltiples ocasións, ata que este último, no ano 2011, cumpriu 13 anos de idade e logrou negarse a que o seu tío seguise a facelo.

A partir de entón, e cando Laura contaba con 8 anos e ata que xa tiña 13 anos de idade, o acusado, Miguel Ángel, co ánimo de satisfacer o seu instinto sexual, e na maioría dos casos no domicilio que compartían, en múltiples ocasións tocoulle o cu e os peitos, abrazouna con forza, puxo as súas pernas entre as da menor, e pasoulle o pau dunha vasoira por entre as súas pernas sobre a roupa.

Juan Pedro renunciou expresamente a calquera tipo de indemnización que por estes feitos lle puidese corresponder.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Resultado da proba practicada

1.1.- No relativo ás circunstancias residenciais, familiares e sociais :

Na DIRECCION001, número NUM001, parroquia de DIRECCION002, do concello de DIRECCION000, dende cando menos o ano 2010, vivían xuntos o acusado, Miguel Ángel, a súa nai, a irmá Ofelia e os f‌illos desta, Juan Pedro, nado o NUM002 de 1998, e Laura, nada o NUM003 de 2004.

Laura padece a DIRECCION003 fráxil, enfermidade hereditaria que provoca discapacidade intelectual e alteracións emocionais e sociais, que, nas mulleres, se traduce en timidez. E esta circunstancia era perfectamente coñecida polo acusado, como tío carnal de Laura e Juan Pedro .

O anterior resultou indiscutido por admitíreno todos e por mor da proba pericial practicada.

1.2.- Nos feitos relacionados con Juan Pedro :

O acusado, Miguel Ángel, declarou que era mentira o que se lle imputaba; que no 2009 non sorprendera o seu sobriño Juan Pedro masturbándose nin o ameazou con dicirllo á súa avoa; que el nunca o masturbou nin lle f‌ixo exacular; e que non sabe por que o seu sobriño di que si.

O propio Juan Pedro declarou o seguinte: que o seu tío, o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • SAP Pontevedra 20/2022, 1 de Febrero de 2022
    • España
    • 1 Febrero 2022
    ...a movérselle por mor da puñada. Verbo da declaración da vítima, na nosa recente SAP, Penal, Sección 2ª, do 29 de xuño de 2021 (ROJ: SAP PO 1496/2021 - ECLI:ES:APPO:2021:1496) razoabamos o A vítima é testemuña da súa propia agresión [...], sempre que concorran os parámetros deseñados pola xu......
  • SAP Pontevedra 321/2021, 22 de Diciembre de 2021
    • España
    • 22 Diciembre 2021
    ...do Código penal. Terceiro No relativo ao delito de abusos sexuais, xa na nosa recente SAP, Penal, Sección 2ª, do 29 de xuño de 2021 (ROJ: SAP PO 1496/2021 - ECLI:ES:APPO:2021:1496) ref‌lectiamos e razoabamos o Verbo dos delitos de abusos sexuais f‌inalmente imputados pola acusación pública,......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR