STSJ Galicia 399/2021, 1 de Octubre de 2021

JurisdicciónEspaña
Número de resolución399/2021
Fecha01 Octubre 2021

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00399/2021

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2020 0000886

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015302 /2020 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Cosme

ABOGADO BERNARDO DIEZ GARCIA

PROCURADOR D./Dª. FERNANDO IGLESIAS FERREIRO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

MARIA DOLORES RIVERA FRADE-PTE

JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

JUAN SELLÉS FERREIRO

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, un de outubro dous mil vinte e un.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15302/2020, presentado por Dº Cosme, representado polo procurador Sr.Iglesias Ferreiro, dirixido polo letrado Dº Díez García , contra o acordo de 12.03.2020 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 33.893,67+30.189.88 EUROS .

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 12.03.2020 do TEAR que, rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación IRPF anos 2013-14 ( acta de conformidad ): non facturara servizos á sociedade dedicada a procesos de suspensión de pagamentos e calculáronllos consonte os prezos de mercado.

SEGUNDO

O recorrente alega a infracción do art. 140.1 LXT, dado que xa sufrira unha comprobación dos exercicios 2013-14 ós que achegara toda a documentación fiscal e contabilidade.

O letrado do Estado opón: a) estarmos ante un acta de conformidade e b) as comprobacións previas dos exercicios 2013-14 foron de tipo formal.

Compre determinar a incidencia que supón que as liquidacións dos anos 2013-14 derivan dun acta asinada en conformidade.

Consonte co artigo 140.2 LXT: os feitos e elementos determinantes da débeda tributaria respecto dos que o obrigado tributario prestara a súa conformidade expresa non poderan ser impugnados agás proba de que incorreu nun erro de feito. Tamén o artigo 144.2 LXT - verbo das actuacións de inspección- establece os mesmos efectos e limitacións de impugnación.

O artigo 187.4 RD 1065/2007 recolle: O obrigado tributario non poderá revogala conformidade manifestada no acta, mailo seu dereito a recórrelo liquidación resultante desta e a presentar alegacións dacordo co disposto no parágrafo 3.b deste artigo.

Do dito resulta que, o relevante é concretar se a alegación da infracción do art. 140.1 LXT, entre ou non dentro das posibilidades de impugnación das liquidacións resultantes das actas de conformidade.

En canto ao alcance das impugnacións das liquidacións derivadas de actas de conformidade tivo ocasión de pronunciarse en múltiples ocasións o Tribunal Supremo. E, neste sentido, podemos citar, por exemplo, a Sentenza do 9 de decembro de 2011 ( RJ 2012, 2644) (Recurso de Casación número 653/2008), na cal se afirma o seguinte: "Como se dixo na Sentenza desta Sala do 6 de xuño de 2005 ( RJ 2005, 5457) (recurso de casación número 3149/2000 ), prescindindo das distintas posturas da doutrina científica acerca da natureza das actas de conformidade, a xurisprudencia, preocupouse máis de distinguir tres aspectos diversos no valor probatorio das mesmas: primeiro, a declaración de coñecemento que realice o funcionario que autoriza a acta, que goza da presunción de veracidade configurada no 1218 do Código Civil ( LEG 1889, 27) , facendo as actas proba do feito ao cal se refiren e á súa data, por tratarse dun documento emanado dun funcionario público competente, no exercicio das súas funcións e coas solemnidades requiridas legalmente, tal e como esixe o art. 1216 do mesmo texto legal; segundo, no concernente ós feitos, o contribuínte non pode rexeitalos, porque facelo sería atentar contra o principio de que ninguén pode ir contra os actos propios, a non ser que probe que incorreu en notorio erro ao aceptar tales feitos; e terceiro, no relativo á interpretación e aplicación de normas xurídicas, a acta de conformidade é impugnable, porque a estas operacións non se estenden as presuncións antes ditas.

A Lei Xeral Tributaria de 1963 ( RCL 1963, 2490) , tras a forma operada pola Lei 10/85, do 26 de abril ( RCL 1985, 968) , deu nova redacción ao artigo 145.3 , dispoñendo que "3. As actas e dilixencias estendidas pola Inspección dos Tributos teñen natureza de documentos públicos e fan proba dos feitos que motivan a súa formalización, salvo que se acredite o contrario". Este último precepto foi declarado constitucional pola sentenza do Tribunal Constitucional 76/90, do 26 de abril (RTC 1990, 76) , que veu confirmar o valor probatorio de tales actas e dilixencias, cuxa eficacia ha de medirse á luz do principio da libre valoración da proba, e que tal valor refírese soamente aos feitos comprobados directamente polo funcionario, quedando fóra do seu alcance as cualificacións xurídicas.

De acordo cos criterios jurisprudenciales desta Sala, as liquidacións derivadas das actas de conformidade son susceptibles de impugnación, primeiro en vía económico-administrativa e, logo, en vía contencioso-administrativa, respecto de as normas aplicadas. Agora ben, o artigo 61.2 do Regulamento Xeral de Inspección , aprobado por Real Decreto 939/1986, do 25 de abril ( RCL 1986, 1537) , establece que "en ningún caso poderán impugnarse polo obrigado tributario os feitos e os elementos determinantes das bases tributarias respecto de os que deu a súa conformidade, salvo que probe incorrer en erro de feito".

A práctica dos Tribunais veu admitindo que o contribuínte poida recorrer a liquidación derivada da acta á que presta a súa conformidade no que é aplicación estrita do Dereito, como pode ser a alegación de defectos formais na formalización, porque os feitos reflíctanse de maneira imprecisa, porque os feitos veñan englobados en cualificacións xurídicas etc..

Na nosa xurisprudencia se han considerados cuestións de cualificación xurídica a elevación ao íntegro ( Sentenza do 9 de decembro de 2010 ( RJ 2010, 8939) , recurso de casación para a unificación de doutrina número 43/2006 ), as magnitudes económicas resultantes da aplicación do sistema de estimación indirecta ( Sentenza de 28 xaneiro 1997(sic), recurso de casación 4190/1992 ) e a gradación dunha sanción así como a aplicación dun determinado beneficio de redución ( Sentenza de 28 febreiro 1997 ( RJ 1997, 1084) , recurso de apelación 12160/91 ).

Fronte a devandito tipo de cuestións, os feitos son todos aqueles acaecimientos da vida real que teñen unha sustantividad propia e independente da norma".

Aplicarmos estes principios ó caso de autos e temos que a aplicación do artigo 140.1 e 144 LXT determina una controversia de tipo xurídico e non de feito. A esto xuntamos que no acta de conformidade dos anos 2013-14 non se fai referencia ás comprobacións limitadas iniciadas o 04.09.2015 e 13.11.2015, polo que, difícilmente, pode considerarse que é un FEITO ADMITIDO, que impide impugnalas liquidacións.

Esto obriga a desbotala oposición do letrado do Estado neste punto.

TERCEIRO.- Entrando a avaliala impugnación por infracción do artigo 140.1LXT, este artigo establece: Efectos da regularización practicada no procedemento de comprobación limitada.

  1. Ditada resolución nun procedemento de comprobación limitada, a Administración tributaria non poderá efectuar unha nova regularización en relación co obxecto comprobado ao que se refire o parágrafo a) do apartado 2 do artigo anterior salvo que nun procedemento de comprobación limitada ou inspección posterior descúbranse novos feitos ou circunstancias que resulten de actuacións distintas das realizadas e especificadas na devandita resolución.

    O artigo 140 2 dispón. A resolución administrativa que poña fin ao procedemento de comprobación limitada deberá incluír, polo menos, o seguinte contido:

    1. Obrigación tributaria ou elementos da mesma e ámbito temporal obxecto da comprobación.

    Compre determinar, polo tanto, cales foron a obrigatributaria/elementos da mesma que determinaron as actuacións de comprobación limitada dos anos 2013/14 e as de inspección dos anos 2013/14, as dúas relativas ó IRPF.

    Segundo resulta do expediente, as actuacións ( iniciadas o 04.09.2013 e 13.11.2015) de comprobación limitada dos exercicios 2013-14, dirixíanse a comprobar INCIDENCIAS ( sen indicar cales) verbo do IRPF ( e tamén IVE ), solicitándolle á achega dos libros rexistros de vendas e ingresos, compras e gastos e de bens de inversión. Indicándolle logo que a INCIDENCIA tiña por obxecto: constatar que os datos que figuran nos libros rexistro se axustan ós consignados na declaración.

    O que acontece é que a comprobación non se limitou a esta comprobación formal; as liquidacións que se ditaron minguaron os gastos declarados- non cumprían co art. 30.2 LIRPF- e as dotacións de provisións e gastos de difícil xustificación- non cumprían coa LISociedades e cos artigos 28 e 30.2.4º Lei do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • ATS, 13 de Julio de 2022
    • España
    • 13 Julio 2022
    ...Cuarta de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, que estimó parcialmente el recurso nº 15302/2020 interpuesto frente al acuerdo del Tribunal Económico- Administrativo Regional de Galicia (TEARG) de 12 de marzo de 2020, desestimatorio de la rec......
  • STS 1195/2023, 28 de Septiembre de 2023
    • España
    • Tribunal Supremo, sala tercera, (Contencioso Administrativo)
    • 28 Septiembre 2023
    ...de 2021 por la Sección Cuarta de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, en el recurso núm. 15302/2020. Ha comparecido como parte recurrida la ADMINISTRACIÓN GENERAL DEL ESTADO, bajo la representación que le es propia del Abogado del Ha sido po......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR