SAP Pontevedra 14/2021, 27 de Abril de 2021

JurisdicciónEspaña
Número de resolución14/2021
Fecha27 Abril 2021

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 4

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00014/2021

- ROSALIA DE CASTRO,Nº 5 - PALACIO DE JUSTICIA

Teléfono: 986805137/36/38/39

Correo electrónico:

Equipo/usuario: MP

Modelo: N85850

N.I.G.: 36057 43 2 2016 0009465

PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000032 /2019

Delito: TRÁFICO DE DROGAS GRAVE DAÑO A LA SALUD

Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

Contra: Jesús Carlos, Juan María, Juan Luis, Sara, Juan Miguel, Pedro Antonio, Sonsoles

Procurador/a: D/Dª ANDREA ESTEVEZ SANTORO, MARIA CRENDE RIVAS, MARIA ELENA SALGADO TEJIDO, PATRICIA CABIDO VALLADAR, ANA MARIA FERNANDEZ NUÑEZ, FRANCISCO JAVIER GARCIA-CONSUEGRA CARRON, MARIA LIMA DURAN

Abogado/a: D/Dª PATRICIA PIÑEIRO VAZQUEZ, JOSE JAVIER VASALLO RAPELA, JAVIER VASALLO RAPELA, JAVIER VASALLO RAPELA, CARLOS DIEZ ORDEJON, ALBERTO SAN ROMAN CRESPO, FERNANDO PEREZ FERNANDEZ

MAXISTRADAS/O:

Dona Nélida Cid Guede (presidenta)

Dona Cristina Navares Villar

Don Miguel Aramburu GarcíaPintos

SENTENZA NÚM. 14/2021

En Pontevedra a 27 de abril de 2021

Vistos pola Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados que se f‌ixo constar, os autos de procedemento abreviado levados nesta sección co número 32 de 2019, nos cales foron partes:

1) Como acusado, don Juan Luis, nado o día NUM001 de 1980 en Tomiño, f‌illo de Fructuoso e de Macarena, con DNI número NUM000, representado pola procuradora dona María Elena Salgado Tejido e defendido polo avogado don Javier Vasallo Rapela.

2) Como acusada, dona Sara, nada na Guarda o día NUM002 de 1989, f‌illa de Victoriano e de Begoña, con DNI número NUM003, representada pola procuradora dona Patricia Cabido Valladar e defendida polo avogado don Javier Vasallo Rapela.

3) Como acusado, don Juan Miguel, nado en Vigo o día NUM004 de 1988, f‌illo de Alexis e de Felisa, con DNI número NUM005, representado pola procuradora dona Ana María Fernández Núñez e defendido polo avogado don Carlos Díez Ordejón.

4) Como acusado, don Pedro Antonio, nado en Mos o día NUM006 de 1988, f‌illo de Bartolomé e de Santiaga, con DNI número NUM007, representado polo procurador don Francisco Javier GarcíaConsuegra Carrón e defendido polo avogado don Alberto San Román Crespo.

5) Como acusada, dona Sonsoles, nada na Guarda o día NUM008 de 1991, f‌illa de Victoriano e de Camila, con DNI número NUM009, representada pola procuradora dona María Lima Durán e defendida polo avogado don Fernando Pérez Fernández.

6) Como acusado, don Jesús Carlos, nado en Tomiño o día NUM010 de 1973, f‌illo de Lázaro e de Encarna, con DNI número NUM011, representado pola procuradora dona Andrea Estévez Santoro e defendido pola avogada dona Patricia Piñeiro Vázquez.

7) Como acusado, don Juan María, nado en Pontevedra o día NUM012 de 1973, f‌illo de Eutimio e de Enriqueta, con DNI número NUM013, representado pola procuradora dona María Crende Rivas e defendido polo avogado don Manuel Carpintero Álvarez.

8) O Ministerio Fiscal, que interveu sostendo a acusación.

ANTECEDENTES DE FEITO

  1. O Xulgado de Instrución número 2 de Tui incoou as dilixencias previas 213/2016, nas cales, tras a práctica das dilixencias de instrución que se estimaron necesarias, se ditou un auto de continuación do procedemento.

  2. O Ministerio Fiscal formulou unha acusación contra as seguintes persoas e solicitou as penas que se indican pola comisión dos seguintes delitos:

    1. Juan Luis e Sara, como autores dun delito de tráf‌ico de drogas das que causan grave dano á saúde dos artigos 368, 374 e 377 do Código penal, dun delito de integración en grupo criminal do artigo 570 ter.1.b do Código penal e dun delito de tenza de armas prohibidas do artigo 563 do Código penal en concurso cun delito de tenza ilícita de armas do artigo 564.1.1 do Código penal; solicita a imposición ao primeiro das seguintes penas: 6 anos de prisión, accesoria, e multa de 3000 euros polo delito contra a saúde pública, 1 ano de prisión polo delito de integración en grupo criminal e 3 anos de prisión polo delito de tenza ilícita de armas; respecto da segunda, 5 anos de prisión, accesoria e multa de 3000 euros polo delito contra a saúde pública, 1 ano de prisión polo delito de integración en grupo criminal e 3 anos de prisión polo delito de tenza ilícita de armas.

    2. Respecto de Juan Miguel, como autor dun delito de tráf‌ico de drogas na modalidade de substancias que causan grave dano á saúde dos artigos 368, 374 e 377 do Código penal, a pena de 4 anos e 6 meses de prisión, accesoria e multa de 3000 euros, e, como autor dun delito de integración en grupo criminal do artigo 570 ter.1.b do Código penal, a pena de 1 ano de prisión e accesoria.

    3. Respecto de Sonsoles, como autora dun delito de tráf‌ico de drogas na modalidade de substancias que causan grave dano á saúde dos artigos 368, 374 e 377 do Código penal, a pena de 3 anos e 6 meses de prisión, accesoria e multa de 3000 euros, e, como autora dun delito de integración en grupo criminal do artigo 570 ter.1.b do Código penal, a pena de 1 ano de prisión e accesoria.

    4. Acusou a Jesús Carlos como autor dun delito de tráf‌ico de drogas das que causan grave dano á saúde dos artigos 368, 374 e 377 do Código penal, dun delito de integración en grupo criminal do artigo 570 ter.1.b do Código penal e dun delito de tenza de armas prohibidas do artigo 563 do Código penal; e solicitou as penas de 8 anos de prisión, accesoria e multa de 300 000 euros polo primeiro delito, 1 ano de prisión polo segundo e 3 anos de prisión polo delito do artigo 563 do Código penal.

    5. Respecto de Pedro Antonio, como autor dun delito de tráf‌ico de drogas das que causan grave dano á saúde dos artigos 368, 374 e 377 do Código penal, a pena de 5 anos de prisión e multa de 9000 euros.

    6. A Juan María, como autor dun delito de tráf‌ico de drogas das que causan grave dano á saúde dos artigos 368, 374 e 377 do Código penal, dun delito de tenza de armas prohibidas do artigo 564.1.º do Código penal e dun delito de atentado do artigo 550.1 do Código penal, as seguintes penas: 9 anos de prisión e multa de 1 000 000 de euros polo primeiro delito, 2 anos de prisión e accesoria polo delito de tenza ilícita de armas e 4 anos de prisión e multa de 6 meses cunha cota de 12 euros/día polo delito de atentado.

  3. Aberto o xuízo oral, as representacións dos acusados presentaron os seus escritos de conclusións provisionais polos que solicitaban a libre absolución.

  4. Unha vez recibidas as actuacións nesta audiencia, o xuízo comezou o día 13 de xaneiro de 2020 e tivo lugar unha nova vista o día 13 de febreiro de 2020, na cal as partes alegaron unha serie de cuestións previas que foron resolvidas por un auto ditado o día 13 de marzo de 2020, día en que se acordou a suspensión da vista; as sesións para a práctica da proba continuaron a partir do día 2 de outubro e prolongáronse ata o día 13 de outubro de 2020, data en que quedaron os autos vistos para sentenza.

  5. Practicouse proba de declaración dos acusados; testemuñal dos gardas civís con tarxetas de identif‌icación persoal NUM014, NUM015, NUM016, NUM017, NUM018, NUM019, NUM020, NUM021, NUM022

    , NUM023, NUM024, NUM025, NUM026, NUM015, NUM027, NUM028, NUM029 e NUM030, dos funcionarios do Servizo de Vixilancia Aduaneira NUM031, NUM032, NUM033, NUM034, NUM035, NUM036

    , e de Bernardo, Celestino, David, Justa, Leonor, Edemiro ; pericial da xefa do Servizo de Sanidade Exterior, dos gardas civís NUM037, NUM038, NUM023, NUM039, NUM040, NUM041, NUM042 e NUM043 e de Natalia (médica psiquiatra); e proba documental.

  6. O Ministerio Fiscal presentou un escrito, que se uniu ás actuacións, coas conclusións def‌initivas.

  7. As defensas mudaron en def‌initivas as súas conclusións provisionais.

    FEITOS PROBADOS

  8. Juan Luis, con antecedentes penais que logo se dirán, Sara e Juan Miguel, todos eles maiores de idade, entre os meses de abril e outubro de 2016, dedicábanse, conxuntamente, ao tráf‌ico de substancias estupefacientes de xeito coordinado entre eles, de forma que Juan Luis adquiría doutras persoas a droga que entre os tres distribuían, sendo Juan Luis quen exercía funcións de dirección, xa que el recibía, principalmente, as chamadas dos compradores e organizaba as entregas, e, ademais, era quen obtiña a droga que logo distribuían.

  9. Juan Miguel entregaba droga a diferentes persoas seguindo as indicacións que recibía de Juan Luis e de Sara en relación cos momentos e lugares en que debía realizar as entregas, e empregaba para os desprazamentos un ciclomotor Piaggio ZIP con matrícula R....RYK, que lle facilitaban os anteriores; e, nun momento determinado, a f‌inais de xullo de 2016, Sara e Juan Luis unicamente lle subministraban droga que el vendía.

  10. Sonsoles, maior de idade, era parella de Juan Miguel e convivía con el, e, ás veces, atendía as chamadas telefónicas que recibía este para lle solicitaren droga terceiros, e tamén os encargos que recibía Juan Miguel de Sara e Juan Luis .

  11. Jesús Carlos, maior de idade, era provedor de droga das persoas anteriormente indicadas, e concertaba as entregas con Juan Luis a través de chamadas telefónicas con este.

  12. Jesús Carlos subministraba drogas a Pedro Antonio, maior de idade, drogas que este distribuía pola súa conta.

  13. Pola súa banda, Jesús Carlos adquiría a droga que logo distribuía de Juan María, maior de idade, e cos antecedentes penais que logo se dirán.

  14. O día 26 de outubro de 2016 efectuouse, con autorización xudicial, unha entrada e rexistro no domicilio de Sara e Juan Luis sito no lugar da DIRECCION000, NUM044, do concello de Oia, onde se atoparon recortes de plástico e os seguintes obxectos: 1) un ordenador portátil marca MacBook Pro con número de serie NUM045 ; 2) un ordenador portátil marca Samsung con número de serie NUM046 ; 3) unha tableta Samsung con número de serie NUM047, con IMEI NUM048 ; 4) un iPad modelo A1432, serie NUM049 ; 5) unha cámara Samsung; 6) un teléfono móbil marca Bic Phone, con IMEI NUM050 ; 7) un teléfono móbil sen...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STSJ Galicia 79/2021, 5 de Noviembre de 2021
    • España
    • 5 Noviembre 2021
    ...de los acusados Bernardo, Luz, Calixto y Benito contra la sentencia de fecha 27 de abril de 2021 dictada en el Procedimiento Abreviado 32/2019 por la Sección 4ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra, la cual se confirma en su - Condenar a los mencionados recurrentes al pago de las costas......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR