STSJ Galicia 79/2021, 5 de Noviembre de 2021

JurisdicciónEspaña
Número de resolución79/2021
Fecha05 Noviembre 2021

T.S.X.GALICIA SALA CIVIL/PENAL

A CORUÑA

SENTENCIA: 00079/2021

-

Domicilio: PLAZA DE GALICIA S/N

Telf: 981184876 Fax: 981184887

Correo eletrónico:

Equipo/usuario: NS

Modelo: 001100

N.I.G.: 36057 43 2 2016 0009465

ROLLO: RPL APELACION RESOLUCIONES DEL ART.846 TER LECRIM 0000084 /2021

Juzgado procedencia: AUD.PROVINCIAL SECCION N. 4 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000032 /2019

RECURRENTE: Belarmino, Benito , Bernardo , Luz , Calixto

Procurador/a: ANDREA ESTEVEZ SANTORO, ANA MARIA FERNANDEZ NUÑEZ , MARIA ELENA SALGADO TEJIDO , PATRICIA CABIDO VALLADAR , MARIA CRENDE RIVAS

Abogado/a: PATRICIA PIÑEIRO VAZQUEZ, CARLOS DIEZ ORDEJON , JAVIER VASALLO RAPELA , JAVIER VASALLO RAPELA , JAVIER VASALLO RAPELA

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL, Belarmino

Procurador/a: , ANDREA ESTEVEZ SANTORO

Abogado/a: , PATRICIA PIÑEIRO VAZQUEZ

SENTENCIa Nº 79/2021

Ilmos. Sres. Magistrados:

Don José Antonio Varela Agrelo

Don Fernando Alañón Olmedo

Don Carlos Suárez-Mira Rodríguez

A Coruña, 5 de noviembre de dos mil veintiuno.

La Sala de lo Civil y Penal del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, compuesta por los magistrados arriba expresados, vio en grado de apelación (Rollo 84/2021) el Procedimiento Abreviado seguido en la Sección 4ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra (rollo número 32 de 2019), partiendo de la causa que con el número 213/16 tramitó el Juzgado de Instrucción número 2 de Tui por delitos contra la salud pública y otros contra los acusados Belarmino, Regina, Evelio, Bernardo, Luz, Benito y Calixto. Son partes en este recurso, como apelantes, los 4 últimos acusados y condenados mencionados, representados respectivamente por los procuradores doña María Elena Salgado Tejido, doña Patricia Cabido Valladar, doña Ana Fernández Núñez y doña María Crende Rivas y asistidos respectivamente por los letrados don José Javier Vasallo Rapela, don José Javier Vasallo Rapela, don Carlos Diez Ordejón y don José Javier Vasallo Rapela y como apelado el Ministerio Fiscal.

Es Magistrado Ponente el Ilmo. Sr. don Carlos Suárez-Mira Rodríguez.

a ntecedentes de hecho
PRIMERO

La sentencia dictada con fecha 27 de abril de 2021 por la Sección 4ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra contiene los siguientes hechos probados, que se aceptan:

8. Bernardo, con antecedentes penais que logo se dirán, Luz e Benito, todos eles maiores de idade, entre os meses de abril e outubro de 2016, dedicábanse, conxuntamente, ao tráfico de substancias estupefacientes de xeito coordinado entre eles, de forma que Bernardo adquiría doutras persoas a droga que entre os tres distribuían, sendo Bernardo quen exercía funcións de dirección, xa que el recibía, principalmente, as chamadas dos compradores e organizaba as entregas, e, ademais, era quen obtiña a droga que logo distribuían.

9. Benito entregaba droga a diferentes persoas seguindo as indicacións que recibía de Bernardo e de Luz en relación cos momentos e lugares en que debía realizar as entregas, e empregaba para os desprazamentos un ciclomotor Piaggio ZIP con matrícula W....RRH, que lle facilitaban os anteriores; e, nun momento determinado, a finais de xullo de 2016, Luz e Bernardo unicamente lle subministraban droga que el vendía.

10. Regina, maior de idade, era parella de Benito e convivía con el, e, ás veces, atendía as chamadas telefónicas que recibía este para lle solicitaren droga terceiros, e tamén os encargos que recibía Benito de Luz e Bernardo.

11. Belarmino, maior de idade, era provedor de droga das persoas anteriormente indicadas, e concertaba as entregas con Bernardo a través de chamadas telefónicas con este.

12. Belarmino subministraba drogas a Evelio, maior de idade, drogas que este distribuía pola súa conta.

13. Pola súa banda, Belarmino adquiría a droga que logo distribuía de Calixto, maior de idade, e cos antecedentes penais que logo se dirán.

14. O día 26 de outubro de 2016 efectuouse, con autorización xudicial, unha entrada e rexistro no domicilio de Luz e Bernardo sito no lugar DIRECCION000, NUM000, do concello de Oia, onde se atoparon recortes de plástico e os seguintes obxectos: 1) un ordenador portátil marca MacBook Pro con número de serie NUM001; 2) un ordenador portátil marca Samsung con número de serie NUM002; 3) unha tableta Samsung con número de serie 1CC7 YNZLD, con IMEI NUM003; 4) un iPad modelo A1432, serie NUM004; 5) unha cámara Samsung; 6) un teléfono móbil marca Bic Phone, con IMEI NUM005; 7) un teléfono móbil sen marca; 8) un teléfono iPhone NUM006, modelo A1524; 9) un iPhone 5, modelo A1387; 10) un teléfono móbil Samsung, con IMEI NUM007; 11) unha axenda amarela con inscricións manuscritas; 12) 27 105 euros en efectivo; 13) unha cartilla da Caixa Geral de Depósitos, número de conta NUM008, banco xestor 0879 de Vila Nova de Cerveira; 14) 290 libras esterlinas; 15) dúas memorias USB; 16) diversidade de recortes de bolsas de plástico; e 17) unha báscula Tanita.

15. No momento de presentarse a comisión xudicial no lugar, Luz e Bernardo, desde o interior da vivenda, tiraron ao exterior unha pistola marca Röhm, modelo RG230, do calibre .22, transformada para disparar, en perfecto estado de funcionamento.

16. Ademais, tamén tiraron desde o interior da vivenda un bote de vidro que tiña no seu interior seis bolsas cun total de 2,256 gramos de cocaína cun 68,29% de pureza; unha bolsa con 0,24 gramos de cocaína cunha pureza do 55,47%; unha bolsa con 16,117 gramos de cocaína cunha pureza do 71,03%; outra con 6,124 gramos de cocaína cunha pureza do 65,08% e 0,345 gramos de cocaína cunha pureza do 36,04%; e unha caixa de metal que contiña no seu interior tres bolsas con 1,716 gramos de cocaína cunha pureza do 68,64%. Esta droga tiña un valor no mercado de 2661,04 euros. Estas substancias foron atopadas o día 7 de marzo de 2017 no predio lindeiro, onde caeron cando foron guindadas.

17. Luz e Bernardo tiñan esta droga para distribuíla a terceiros.

18. Ademais, no interior dun garaxe anexo á vivenda atopouse un revólver marca Astra, calibre 22 milímetros, en perfecto estado de funcionamento, así como munición metálica do calibre 7,62 e catro caixas de munición do calibre 22.

19. Luz e Bernardo carecían de licenza de armas.

20. Tamén se rexistrou, con autorización xudicial, o domicilio de Bernardo e Luz sito no número NUM009, NUM010, do lugar DIRECCION001, da parroquia de DIRECCION002, no concello de Tomiño, onde se encontraron unha máquina de envasado ao baleiro e bolsas para tal fin e un paquete con 0,211 miligramos de cocaína cunha pureza do 68,16%, cun valor no mercado de 21,05 euros. Ademais, atopáronse dous teléfonos móbiles: un Sony Xperia con IMEI NUM011 e un Samsung con IMEI NUM012.

21. O día 26 de outubro de 2016 realizouse, autorizada xudicialmente, unha entrada e rexistro no domicilio de Benito e de Regina, sito no número NUM010 do barrio de DIRECCION003, Tomiño, onde, entre outros obxectos, se atoparon os seguintes: 1) unha báscula de precisión marca MYCO; 2) un teléfono móbil Alcatel con IMEI NUM013; 3) un teléfono móbil LG, sen batería nin tarxeta, con IMEI NUM014; 4) un teléfono móbil, sen tarxeta SIM, con IMEI NUM015 e NUM016; 5) un teléfono móbil marca Sharp, sen tarxeta nin batería, con IMEI NUM017; 6) un teléfono-reloxo Smart Watch; e 8) numerosas bolsas de plástico transparente de pequeno tamaño.

22. O día 26 de outubro de 2016, con autorización xudicial, rexistrouse o domicilio de Belarmino sito na AVENIDA000, número NUM018, NUM019, NUM020, no cal se encontraron: 1) tres tacos con billetes envasados e plastificados, dous dos cales contiñan 10 000 euros e un terceiro 10 010 euros, e 105 euros en billetes de cinco; 2) tres botes baleiros de manitol, un dos cales deu positivo a cocaína; 3) dous restos de embalaxe de plástico tipo filme, látex con forma de ladrillo, que deron positivo a cocaína tras a aplicación dun reactivo; 4) dúas culleres, un CD e un bote de plástico que tiñan unha substancia branca e que deron positivo a cocaína tras a aplicación dun reactivo.

23. Ademais, atopáronse, neste rexistro, os seguintes obxectos: 1) unha pistola marca Reck, do calibre 8 mm, transformada para disparar munición metálica de proxectil único do calibre 6,35 mm, á cal se lle eliminara o deflector introducindo un tubo de aceiro recamarado para empregar a devandita munición metálica; 2) un revólver marca ME, modelo 38 Compact, do calibre 9 mm e número de identificación NUM021; 3) unha pistola semiautomática marca SM, modelo 15, do calibre 8 mm Knall, con número de identificación NUM022.

24. Ese mesmo día, 26 de outubro de 2016, practicouse, por orde xudicial, unha entrada e rexistro no domicilio de Belarmino sito no número NUM023 do lugar de DIRECCION004, en Tomiño, onde se atoparon os seguintes obxectos e substancias: 1) unha bolsa con 216,5 gramos de fenacetina, lidocaína e ácido bórico; 2) unha maleta prateada con cinco bolsas cun peso, respectivamente, de 996,3, 995,9, 997,5, 996,1 e 997,3 gramos de fenacetina, lidocaína e ácido bórico; 3) un paquete de plástico de cor negra que contiña 199,9 gramos de cocaína cunha pureza do 72.2% e cun valor no mercado de 55 551,28 euros; 4) un paquete de plástico que contiña 999,1 gramos de cocaína cunha pureza do 58,52% e cun valor no mercado de 96 685,404 euros; 5) un paquete de plástico que contiña 341,4 gramos de heroína cunha pureza do 58,52% e cun valor no mercado de 36 896,193 euros. Belarmino posuía a cocaína e a heroína para distribuíla a terceiros.

25. Ademais, no rexistro atopáronse, entre outros, os seguintes obxectos: 1) unha prensa hidráulica composta por tres pezas; 2) unha prensa hidráulica de cor vermella; 3) unha máquina de envasado; 4) un muíño da marca Moulinex, empregado para manipular estupefacientes; 4) un rolete de madeira con cinta adhesiva; 5) dúas básculas de precisión; 6) un bidón...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR