SAP Pontevedra 21/2021, 11 de Febrero de 2021

JurisdicciónEspaña
Número de resolución21/2021
Fecha11 Febrero 2021

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00021/2021

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MI

Modelo: N85850

N.I.G.: 36038 43 2 2019 0002389

PO PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO 0000055 /2019 CR

Delito: ABUSOS SEXUALES

Denunciante/querellante: Juan Pablo, Ramona, Regina, MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª MARIA BELEN ALVAREZ SANCHEZ, MARIA BELEN ALVAREZ SANCHEZ, MARIA BELEN ALVAREZ SANCHEZ,

Abogado/a: D/Dª JESUS SALVADOR TRUJILLO GARCIA, JESUS SALVADOR TRUJILLO GARCIA, JESUS SALVADOR TRUJILLO GARCIA,

Contra: Amador

Procurador/a: D/Dª MARIA MERCEDES PEREIRO DOMINGUEZ

Abogado/a: D/Dª YOLANDA FORTUNEZ ORTEGA

SENTENZA NÚM. 21

=========================================================

Maxistrados/a:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilma. Sra. dona Belén María Fernández Lago

==========================================================

Pontevedra, once de febreiro de 2021

Foi vista en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 55/2019, procedente do Xulgado de Instrución núm. 2 de Pontevedra e seguida polo trámite de procedemento sumario ordinario polo delito de abusos sexuais, contra don Amador, con DNI núm. NUM000, nado o día NUM005 de 1968 en Pontevedra, f‌illo de Camilo e de María Consuelo, e sen antecedentes penais, en prisión por esta causa, representado pola procuradora dona María Mercedes Pereiro Domínguez e defendido pola avogada dona Yolanda Fortúnez Ortega.

Foron parte acusadora dona Ramona, don Juan Pablo e dona Regina, representados pola procuradora dona María Belén Álvarez Sánchez e defendidos polo avogado don Jesús Trujillo García, que exerceron a acusación particular; e o Ministerio Fiscal, en representación do cal interveu don David de la Fuente.

Actuou como relator don José Juan Ramón Barreiro Prado .

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Estas actuacións instruíronse por un presunto delito de abusos sexuais; tras seren practicadas as oportunas dilixencias, convocáronse as partes para o xuízo oral, que tivo lugar o día 21 de xaneiro de 2021 e ao cal compareceron as persoas que se indican na acta redactada para o efecto.

Segundo

O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións def‌initivas, atribuíu os feitos ao acusado en concepto de autor, sen a concorrencia de circunstancias modif‌icadoras da responsabilidade penal, e cualif‌icounos como constitutivos de:

- Un delito continuado de agresión sexual do artigo 180.1, circunstancias 3ª e 4ª, e 180.2, en relación cos artigos 178, 179 e 74, todos eles do Código penal de 1995, e solicitou a pena de 15 anos de prisión, coa accesoria de inhabilitación absoluta durante o tempo da condena, así como a inhabilitación para o exercicio de of‌icio relacionado con menores de idade durante seis anos ( artigo 192.2 do Código penal de 1995).

- Un delito continuado de agresión sexual do artigo 180.1, circunstancias 3ª e 4ª, e 180.2, en relación cos artigos 178, 179 e 74, todos eles do Código penal de 1995, e solicitou a pena de 15 anos de prisión, coa accesoria de inhabilitación absoluta durante o tempo da condena, así como a inhabilitación para o exercicio de of‌icio relacionado con menores de idade durante seis anos ( artigo 192.2 do Código penal de 1995).

- Un delito de agresión sexual do artigo 180.1, circunstancias 3ª e 4ª, e 180.2, en relación cos artigos 178 e 179, todos eles do Código penal de 1995, e solicitou a pena de 13 anos de prisión, coa accesoria de inhabilitación absoluta durante o tempo da condena, así como a inhabilitación para o exercicio de of‌icio relacionado con menores de idade durante catro anos ( artigo 192.2 do Código penal de 1995).

Igualmente solicitou que se impoña ao procesado, conforme ao artigo 57 do Código penal citado, a prohibición de acudir ao lugar onde residan Regina, Ramona e Juan Pablo, así como ao domicilio das súas familiares Irene, Lidia e Virginia, por un período de cinco anos unha vez que saia de prisión. Solicita así mesmo a imposición das custas ao procesado.

En concepto de responsabilidade civil solicitou que o acusado indemnice a Regina e a Ramona con 65 000 € para cada unha polos prexuízos e o dano moral causados a estas, e a Juan Pablo na cantidade de 6000 € polo dano moral producido.

Retirou a acusación polos delitos de lesións psíquicas que constaban na cualif‌icación provisional.

Terceiro

A acusación particular de Ramona, Juan Pablo e Regina, nas súas conclusión def‌initivas, atribuíndo os feitos ao acusado en concepto de autor, sen a concorrencia de circunstancias modif‌icadoras da responsabilidade penal, cualif‌icou os feitos como constitutivos de:

- Un delito continuado de agresión sexual do artigo 180.1, circunstancias 3ª e 4ª, e 180.2, en relación cos artigos 178, 179 e 74, todos eles do Código penal de 1995, e solicitou a pena de 15 anos de prisión, coa accesoria de inhabilitación absoluta durante o tempo da condena, así como a inhabilitación para o exercicio de of‌icio relacionado con menores de idade durante seis anos

- Un delito continuado de agresión sexual do artigo 180.1, circunstancias 3ª e 4ª, e 180.2, en relación cos artigos 178, 179 e 74, todos eles do Código penal de 1995, e solicitou a pena de 15 anos de prisión, coa accesoria de inhabilitación absoluta durante o tempo da condena, así como a inhabilitación para o exercicio de of‌icio relacionado con menores de idade durante seis anos

- Un delito de agresión sexual do artigo 180.1, circunstancias 3ª e 4ª, e 180.2, en relación cos artigos 178 e 179, todos eles do Código penal de 1995, e solicitou a pena de 13 anos de prisión, coa accesoria de inhabilitación

absoluta durante o tempo da condena, así como a inhabilitación para o exercicio de of‌icio relacionado con menores de idade durante seis anos.

Igualmente solicitou que se impoña ao procesado, conforme ao artigo 57 do Código penal citado, a prohibición de acudir ao lugar onde residan Regina, Ramona e Juan Pablo, así como ao domicilio das súas familiares Irene, Lidia e Virginia, por un período de dez anos unha vez que saia de prisión. Tamén solicita que as custas procesuais sexan por conta de Amador .

En concepto de responsabilidade civil, solicitou que o acusado indemnice a Regina e a Ramona con 65 000 € para cada unha polos prexuízos e o dano moral causados, e a Juan Pablo na cantidade de 6000 € polo dano moral producido.

Retirou a acusación polos delitos de lesións psíquicas que constaban na cualif‌icación provisional.

Cuarto

A defensa do procesado, que se mostrou desconforme coa petición correlativa das acusacións, negou non só os feitos relatados, senón tamén a descrición inicial referente ao ánimo e á situación de superioridade que se narra; e ref‌ire que o seu patrocinado está limitado intelectualmente, tal e como f‌igura nas actuacións, concretamente no folio 53. Así, manifestou que os feitos non son constitutivos de delito ningún; e que, ao non existir delito, non hai autor, nin concorren circunstancias modif‌icadoras da responsabilidade criminal, aínda que, no suposto de que se estimasen as declaracións acusatorias, serían aplicables tales circunstancias como as dispostas no artigo 20 do Código penal. En conclusión, solicitou a libre absolución do seu patrocinado.

FEITOS PROBADOS

O procesado, Amador, cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais, sempre co propósito de satisfacer o seu apetito sexual, levou a cabo os seguintes feitos na casa situada no lugar DIRECCION000, núm. NUM001, DIRECCION001 (Pontevedra):

  1. Entre, polo menos, o ano 1996 e o ano 2001, cando a súa sobriña Regina, nacida o NUM002 de 1990, contaba con seis anos de idade -e ata que tivo, polo menos, os 11 anos- e acudía á casa onde o procesado vivía cos seus pais e irmán (avós e tío respectivamente de Regina ), practicamente a diario, salvo as f‌ins de semana, levábaa ao seu dormitorio agarrándoa fortemente polos brazos, de xeito que en ocasións lle deixaba mazaduras; alí, valéndose da súa forza superior e da súa condición familiar, deitábaa na cama, quitáballe a roupa, bicábaa en diversas partes e facíalle tocamentos por todo o corpo, introducíndolle case todas as veces os dedos, a lingua e o pene na vaxina; ao mesmo tempo, poñíalle f‌ilmes pornográf‌icos, masturbábase e exaculaba enriba do seu corpo.

  2. Así mesmo, dende aproximadamente o ano 2005, á súa sobriña Ramona, nacida o NUM003 de 2001, quen tamén ía á referida casa da súa avoa e do procesado, este, servíndose da súa forza física superior e da súa condición familiar, metíaa no seu cuarto e unha vez alí, para que non ofrecese oposición, tapáballe a boca e o nariz sen deixala respirar ata que accedía a facer ou deixarse facer o que el quería. Facíaa obxecto de tocamentos debaixo da roupa, bicábaa en diversas partes do corpo e introducíalle os dedos na vaxina. Tamén lle poñía películas pornográf‌icas e obrigábaa, cando se masturbaba, a chuparlle o seme dos dedos. Isto sucedía practicamente todos os días ata que Ramona foi ao centro DIRECCION002, no curso 2008-2009, cando deixou de acudir diariamente á casa da súa avoa, mais o procesado continuaba coa súa conduta antes narrada durante as f‌ins de semana ata que a nena cumpriu os nove anos, idade con que ela xa foi capaz de evitalo, aínda que o procesado trataba de colocarse ao seu lado nas comidas familiares para así tocarlle por debaixo da mesa nos seus órganos xenitais.

  3. Por outra parte, unha noite do ano 2006, cando o seu sobriño Juan Pablo, nacido o NUM004 de 1999, tiña sete anos e estaba a durmir nun dos dormitorios da casa antes citada, o procesado entrou no cuarto e acendeu a luz, de forma que espertou o menor, quen o viu espido da cintura para abaixo co pene en erección; e, aproveitándose da súa condición de familiar e da súa...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • SAP Pontevedra 172/2022, 17 de Junio de 2022
    • España
    • 17 Junio 2022
    ...e prexuízos morais, non mellor sorte que os anteriores motivos pode correr. Na nosa SAP, Penal, Sección 2ª, do 11 de febreiro de 2021 (ROJ: SAP PO 313/2021 - ECLI:ES:APPO:2021:313) O baremo introducido pola disposición adicional 8ª da Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados res......
  • SAP Pontevedra 120/2021, 20 de Mayo de 2021
    • España
    • 20 Mayo 2021
    ...logo, de plena asunción por este Tribunal; por iso, a elas nos remitimos. Na nosa SAP, Penal, Sección 2ª, do 11 de febreiro de 2021 (ROJ: SAP PO 313/2021 - ECLI:ES:APPO:2021:313) O baremo introducido pola disposición adicional 8ª da Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados resul......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR