SAP Pontevedra 172/2022, 17 de Junio de 2022

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIECLI:ES:APPO:2022:1511
Número de Recurso471/2022
ProcedimientoRecurso de apelación. Procedimiento abreviado
Número de Resolución172/2022
Fecha de Resolución17 de Junio de 2022
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00172/2022

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36057 43 2 2019 0014420

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000471 /2022 -PJuzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.3 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000340 /2021

Delito: LESIONES

Recurrente: Celso, Cornelio, David, Edmundo

Procurador/a: D/Dª MANUEL CARLOS DIZ GUEDES, MANUEL CARLOS DIZ GUEDES, MARIA DEL CARMEN FERREIRA GONZALEZ, MARIA CRENDE RIVAS

Abogado/a: D/Dª ANTONIO LOSADA BERNARDEZ, ANTONIO LOSADA BERNARDEZ, MARCELA ROSANA LORENZO SUAREZ, JOSE LUIS FEIJOO BORREGO

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 172/2022

==========================================================

MAXISTRADO/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra, a dezasete de xuño de dous mil vinte e dous.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación rexistrado co núm. 340/2021, interposto polo procurador Manuel Carlos Diz Guedes, en representación de Celso, por lo procurador Manuel Carlos Diz Guedes na representación de Cornelio, María del Carmen Ferreira González na representación de David e Sra.Crende Riva na representación de Edmundo, contra a sentenza ditada no procedemento PA: 340/2021, do Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes os mencionados recorrentes e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data 13 de abril de 2022, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo CONDENAR y CONDE NO a Cornelio, Celso y a David, en quienes no concurren circunstancias modif‌icativas de la responsabilidad criminal, como autores penalmente responsables de un delito de lesiones del artículo 147.1 del Código Penal, a la pena de un año de prisión, con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena; con imposición de costas.

Y en concepto de responsabilidad civil indemnizarán solidiariamente a Edmundo en la cantidad de 2.307,65 euros.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

Probado y así se declara que el día doce de octubre de dos mil diecinueve, a última hora de la tarde, lo acusados, Cornelio, Celso y David, mayores de edad, con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, puestos de acuerdo y con el propósito de menoscabar la integridad física de Edmundo, tras una breve discusión con este en el interior del bar QUINTEIRO sito en Amorín Tomiño, lo sacan al exterior donde lo agreden causándole lesiones consistentes en traumatismo craneoencefálico, fractura de suelo de órbita izquierda con herniación de tejido graso sin evidencia de herniación del músculo recto inferior, nivel hidroaéreo en seno maxilar izquierdo en probable relación con hemoseno, equimosis en zona lateral izquierda de cuello, en hombroy en axila izquierda, erosión y hematoma en zona de cresta ilíaca izquierda, hematoma en escápula izquierda, hematomasas faciales y perietal izquierdo y erosión en rodilla izquierda.

Tales lesiones precisaron para su sanidad tratamiento médico y cuarenta días de perjuicio personal particular y cinco de perjuicio básico, no restándole secuelas.

Segundo

Contra a devandita sentenza, as representacións procesual dos recorrentes interpuxeron un recurso de apelación, que formalizaron expondo as alegacións que constan no seus escritos, os cales están unidos ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlles os escritos de formalización dos recursos ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa conf‌irmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 16/06/2022.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Os acusados, Cornelio, Celso e David, foron condenados na instancia como autores responsables dun delito de lesións do artigo 147.1 do Código penal, do xeito que máis polo miúdo xa ref‌lectimos nos antecedentes de feito desta mesma sentenza. Acoden agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. E tamén recorre o acusador particular, Edmundo, para que se incremente a pena e a responsabilidade civil a que foron condenados na instancia aqueles. A f‌iscala oponse a que acollamos todos os referidos recursos de apelación, a acusación particular oponse a que acollamos os recursos dos acusados

condenados na instancia, e os dous acusados primeiramente nomeados opóñense a que acollamos o da acusación particular.

Segundo

Os recursos de apelación dos tres acusados poden, e deben, ser tratados dun xeito conxunto pois, se os apelantes Cornelio e Celso alegan, en esencia, o erro na avaliación da proba, a vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva, que a maxistrada xuíza omitiu valorar o declarado pola testemuña Leonardo, e a vulneración da presunción de inocencia, o tamén apelante David limitouse a adherirse a todo o anterior e a engadir a inaplicación do principio in dubio pro reo.

Por maior abastanza, resulta xustif‌icado o anterior pola circunstancia de que a f‌iscala, que se opón aos recursos dos devanditos acusados e tamén ao da acusación particular, emprega un mesmo escrito con idéntico contido, e a acusación particular, ao opoñerse ao recurso do terceiro acusado, remítese ao que alegou na oposición ao dos dous primeiros.

Resulta incompatible a manida mestura de alegacións do tipo das que se ref‌licten nos referidos recursos de apelación. Así, xúntanse a infracción da presunción de inocencia que inicialmente amparaba os acusados e o erro por parte da maxistrada xuíza da instancia na valoración da proba. A pretendida vulneración do artigo

24.2 da Constitución española -presunción de inocencia- suporía a inexistencia de probas de cargo contra os recorrentes. Mentres que o erro na valoración das probas xusto parte da nidia admisión da súa existencia, mais viciadas dunha interpretación equivocada, da cal se discrepa. Dito doutro xeito, a proba non se pode entender inexistente para os efectos da invocación da presunción de inocencia e, simultaneamente, existente para a crítica de que se errou na súa avaliación. A proba ou existe ou non existe, e ren máis.

Aínda así, cando se alega a infracción do dereito á presunción de inocencia, resulta ben conteste e reiterada a xurisprudencia segundo a cal a función do tribunal ad quem non pode consistir en realizar unha nova valoración das probas practicadas en presenza do xulgador de instancia, porque só a este corresponde esa función valorativa. Pero o tribunal si pode verif‌icar que, efectivamente, o xulgador a quo contou con suf‌iciente proba de signo acusatorio sobre a comisión do feito delituoso e a participación nel do acusado para adoptar un pronunciamento de condena, asegurándose tamén de que esa proba se obtivo sen violar dereitos ou liberdades fundamentais e de que se respectaron as súas correctas condicións de oralidade, publicidade, inmediación e contradición, e comprobando tamén que na preceptiva motivación da sentenza o xulgador expresou o proceso de raciocinio, cando menos nos seus aspectos fundamentais, que o levou a decidir sen infrinxir os criterios da lóxica e da experiencia (por todas, a STS,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • SAP Pontevedra 243/2022, 23 de Septiembre de 2022
    • España
    • 23 Septiembre 2022
    ...vulneración da presunción de inocencia. Como sempre ref‌lectimos (por todas, a recente SAP, Penal, Sección 2ª, do 17 de xuño de 2022 -ROJ: SAP PO 1511/2022 - ECLI:ES:APPO:2022:1511-), resulta incompatible a manida mestura de alegacións do tipo das que se ref‌licten no referido recurso de ap......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR