SAP Pontevedra 546/2020, 17 de Diciembre de 2020

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2020:2398
Número de Recurso457/2020
ProcedimientoRecurso de apelación
Número de Resolución546/2020
Fecha de Resolución17 de Diciembre de 2020
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00546/2020

Modelo: N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Teléfono: 986817388-986817389 Fax: 986817387

Correo electrónico: seccion6.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: PL

N.I.G. 36045 41 1 2018 0000703

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000457 /2020

Juzgado de procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.2 de REDONDELA

Procedimiento de origen: JVH JUICIO VERBAL (DESAHUCIO PRECARIO) 0000326 /2018

Recurrente: Justa

Procurador: MARIA MARTINEZ NOVELLE

Abogado: ANTONIO FERNANDO OTERO ALFAYA

Recurrido: Macarena

Procurador: JOSE JAIME PEREZ ALFAYA

Abogado: LUIS ALBERTO ORGE MIGUEZ

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados

D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, D. JOSÉ FERRER GONZÁLEZ E Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO,

pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NÚM.546/20

Vigo, dezasete de decembro de dous mil vinte

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo VERBAL 326/18 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Redondela ós que correspondeu o rolo 457/20, nos que aparece como parte apelante e demandante D.ª Justa representada pola procuradora D.ª ANA MARTÍNEZ NOVELLE e asistida do letrado D. ANTONIO F. OTERO ALFAYA, e como parte contra da que

se apela e demandada D.ª Macarena, representada polo procurador JOSÉ J. PÉREZ ALFAYA e asistida do letrado D. LUIS ORGE MÍGUEZ .

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 2 de Redondela, con data do 27 de febreiro de 2020, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

" Que debo estimar y estimo íntegramente la demnda formulada por doña Macarena contra DOÑA Justa y en consecuencia:

  1. Declaro que ha lugar al desahucio en precario de la vivienda sit camino de DIRECCION000 nº NUM000 de CAPHPELA.

  2. Condeno a la demandada doña Justa a dejar el inmueble libre y expedito, a disposición de la actora perviniéndole que si así no lo hace podrá ser lanzada por la fuerza y a su costa

  3. Se hace expresa imposición de costas a la demandada."

Segundo

Contra a dita sentenza a procuradora D.ª MARÍA MARTINEZ NOVELLE, en representación de D.ª Justa, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 17 de decembro de 2020.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Atopámonos novamente ante un xuizo verbal de desaf‌iuzamento por precario exercitada polos propietarios fronte a súa nora, que se atopa en trámite de divorcio do f‌illo daqueles, postulando os actores a procedencia da acción, ao disfrutar a demandada da casa por mera condescendencia e no contexto dunha relación conxugal hoxe rota. A sentenza ditada en primeira instancia estima a demanda e recurre a demandada, invocando en esencia nesta alzada a liña argumental mantida na primeira instancia, e que fundamenta en dous pilares: A) Un primeiro, que ostenta título posesorio representado polo auto de de 22 de xuno de 2018, ditado polo Xulgado de Instrucción dentro dun procedimento de violencia de xénero. B) E o segundo, que realizou obras da casa de tal entidade que lle facultan para exercitar o dereito de retención do artigo 453, en relación co artigo 361, ambos do CC, de tal xeito que mentres a propiedade non lle satisfaga o importe das obras non pode recuperar a posesión.

SEGUNDO

O primeiro motivo do recurso non pode estimarse, dado o limitado alcance, temporal e de contido, do auto penal de atribución posesoria da vivenda que constitúe o domicilio familiar a favor da vítima. En efecto, a resolución penal non entra -nin podería realmente facelo- na cuestión de se estamos ante unha situación de precario, ou dito doutro xeito, está partindo, nesa interina toma de postura, dunha situación posesoria de feito, dos dous cónxuxes, inclinándose por razóns obvias por concedela exclusivamente á denunciante, pero sen decidir, nin sobre a propiedade -ganancial, privativa dun dos cónxuxes, ou dun terceiro- nin, tampouco, sobre a existencia dun título que lexitime a posesión ou un mellor dereito a posuir.

En expresión da doutrina xurisprudencial " existe una jurisprudencia consolidada de esta sala de la que resulta que, cuando un tercero -frecuentemente en la práctica los padres de uno de los miembros de una pareja, casada o no- cede gratuitamente el uso de una vivienda para que sirva a su uso genérico de vivienda, para cubrir la necesidad de alojamiento de esa unidad familiar, sin f‌ijar un plazo determinado ni un uso específ‌ico al que deba destinarse, no hay comodato (cfr. art. 1750 CC) sino precario, lo que permite recuperar la vivienda cuando cesa el único título que justif‌icaba la posesión de sus ocupantes, la voluntad de quien cedió el uso ( art. 250.1.2.ª LEC). La situación de precario no puede cambiar por la atribución judicial del uso de la vivienda familiar a uno de los miembros de la pareja en caso de crisis matrimonial. En consecuencia, debe prosperar la acción de desahucio por precario cuando "la situación de quien ocupa una vivienda cedida sin contraprestación y sin f‌ijación de plazo por su titular para ser utilizada por el cesionario y su familia como domicilio conyugal o familiar es la propia de un precarista, una vez rota la convivencia, con independencia de que le hubiera sido atribuido el derecho de uso y disfrute de la vivienda, como vivienda familiar, por resolución judicial" ( sentenzas de 2, 29 e 30 de outubro e 14 de novembro de 2008, 30 de abril de 2011).

TERCEIRO

A resolución da segunda das cuestións xa resulta máis problemática e delicada, non só polas diversas situacións de feito coas que podemos encontrarmos senón tamén, e en parte como consecuencia diso, polas decisións dos distintos tribunais, non exactamente iguais e harmonizables. Haberá que ter en conta, e a título de simple exemplo, se a vivenda de lite é de nova construcción ou non, neste segundo suposto, a envergadura das obras ou a procedencia dos cartos, de ambos cónxuxes ou soamente da parte demandada de desaf‌iuzamento, a posesión desta última por tan dilatado período de tempo que, en unión da entidade das obras, poidan facer presumir unha vontade de cesión posesoria incompatible coa f‌igura do precario ou, en f‌in, os acordos concretos de todos os interesados.

CUARTO

Como principio xeral, son inicialmente incompatibes os institutos do precario e do dereito de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 8 de Junio de 2022
    • España
    • June 8, 2022
    ...la sentencia dictada con fecha 17 de diciembre de 2020, por la Audiencia Provincial de Pontevedra (sección 6.ª) en el rollo de apelación n.º 457/2020, dimanante de los autos de juicio verbal n.º 326/2018 del Juzgado de Primera Instancia n.º 2 de Mediante diligencia de ordenación se tuvo por......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR