STSJ Galicia 475/2020, 13 de Noviembre de 2020

JurisdicciónEspaña
Fecha13 Noviembre 2020
Número de resolución475/2020

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00475/2020

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2019 0001130

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015532 /2019 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Belinda

ABOGADO ANTONIO CENDAN FERNANDEZ-PEINADO

PROCURADOR D./Dª. ISABEL ANGELA CENDAN FERNANDEZ PEINADO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

DOLORES RIVERA FRADE-PTE

JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

JUAN SELLÉS FERREIRO

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, trece de novembro dous mil vinte.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15532/2019, presentado por Dª Belinda representado polo procurador Sra. Cendán Fernández Peinado, dirixido polo letrado Dº Cendán Fernández-Peinado, contra o acordo de 26.05.2019 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 67.173,74 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 23.05.2019 do TEAR que non admite a trámite a solicitude de suspensión da dilixencia de embargo de bens núm. NUM000.

SEGUNDO

O recorrente, con base na STS de 21.12.2017, alega que a resolución do TEAR debeu ser, no seu caso, de desestimación e non de inadmisión.

O advogado do Estado subliña que, no presente caso, non se achegou documentación acreditativa dos prexuízos non reparables.

Para resolvela controversia seguimos o dito na recente sentenza deste Tribunal de 16.09, nun suposto moi semellante ( falta de documentacióin que acreditara os prexuízos non reparables).

Dispón o artigo 46.4 do Real Decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento Xeral de desenvolvemento da Lei Xeral Tributaria, ao regular a suspensión polo TEA que: "Emendados os defectos ou cando o trámite de corrección non fose necesario, o tribunal económico-administrativo decidirá sobre a admisión a trámite da solicitude, e inadmitiraa cando non poida deducirse da documentación incorporada ao expediente a existencia de indicios dos prexuízos de difícil ou imposible reparación ou a existencia de erro aritmético, material ou de feito.

A admisión a trámite producirá efectos suspensivos desde a presentación da solicitude e será notificada ao interesado e ao órgano de recadación competente.

A inadmisión a trámite supoñerá que a solicitude de suspensión tense por non presentada para todos os efectos. Devandito acordo deberá notificarse ao interesado e comunicarse ao órgano de recadación competente con indicación da data de notificación ao interesado.

O acordo de inadmisión a trámite non poderá recorrerse en vía administrativa".

A controversia céntrase a teor da alegacións vertidas nos escritos de demanda e contestación en se o TEAR debía admitir a trámite a solicitude de suspensión da liquidación, citando a demandante en favor da súa tese (o procedente sería, no seu caso, a desestimación) a sentenza do Tribunal Supremo do 21 de decembro de 2017 (Recurso: 496/2017).

Nesta sentenza, o Tribunal Supremo interpreta o artigo 46.4 do Real Decreto 520/2005 da seguinte maneira:

""1. Así pois, o interesado debe presentar unha solicitude independente pedindo a suspensión do acto obxecto dunha reclamación simultánea ou anterior, achegando a documentación que acredite que a súa execución pode causarlle danos e prexuízos de difícil ou imposible reparación.

  1. Realizada esta presentación, ao órgano chamado a decidir cábelle (i) requirir ao peticionario para que emende en 10 días defectos na solicitude ou na documentación que adxunta ou, (ii) se non considera necesario o trámite de corrección, resolver a solicitude.

  2. Na primeira hipótese, unha vez transcorrido o prazo de 10 días, poden presentarse as seguintes situacións: (i) que o solicitante non cubra o trámite, nese caso procederá o arquivo da petición; (ii) que atenda o requirimento de corrección pero sen emendar os defectos, situación na que o desenlace previsto na norma é a inadmisión da solicitude; e (iii) que os defectos sexan...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR