SAP Pontevedra 35/2020, 22 de Octubre de 2020

PonenteMIGUEL ARAMBURU GARCIA-PINTOS
ECLIES:APPO:2020:1935
Número de Recurso26/2020
ProcedimientoProcedimiento abreviado
Número de Resolución35/2020
Fecha de Resolución22 de Octubre de 2020
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 4ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 4

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00035/2020

-

ROSALIA DE CASTRO,Nº 5 - PALACIO DE JUSTICIA

Teléfono: 986805137/36/38/39

Correo electrónico:

Equipo/usuario: MA

Modelo: N85860

N.I.G.: 36060 41 2 2018 0002666

PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000026 /2020

Delito: APROPIACIÓN INDEBIDA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL, CAMPING EL TERRON SL

Procurador/a: D/Dª , ENCARNACION FERNANDEZ SANCHEZ

Abogado/a: D/Dª , ENRIQUE LEON CARRASCO

Contra: Gaspar

Procurador/a: D/Dª MARIA LUISA RENDO COUTO

Abogado/a: D/Dª JOAQUIN BUCETA HAZAS

SENTENCIA Nº 35/20

==========================================================

ILMOS/AS SR./SRAS

Presidente/a:

Dª NÉLIDA CID GUEDE

Magistrados/as

Dª MARIA JESÚS HERNÁNDEZ MARTÍN

Dº MIGUEL ARAMBURU GARCÍA-PINTOS

==========================================================

Pontevedra, vintedous de outubro de 2020

Vistos pola Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de procedemento abreviado levados co número 26/2020, nos cales foron partes:

  1. Como acusado, don Gaspar , nado en Vilanova de Arousa o día NUM000 de 1968, fillo de Leon e de Agustina, con DNI núm. NUM001, representado pola procuradora dona María Luisa Rendo Couto e defendido polo avogado don Joaquín Buceta Hazas.

  2. Como acusación particular, a compañía Camping El Terrón, S.L., representada pola procuradora dona Encarnación Fernández Sánchez e defendida polo avogado don Enrique León Carrasco.

  3. O Ministerio Fiscal, que interveu sostendo a acusación.

ANTECEDENTES

DE FEITO

Primeiro. O Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa incoou as dilixencias previas 667/2018, nas cales, tras a práctica das dilixencias de instrución que se estimaron necesarias, se ditou un auto de continuación do procedemento o día 23 de xullo de 2019.

Segundo. O Ministerio Fiscal formulou unha acusación contra Gaspar, a quen considerou autor dos seguintes delitos:

(a) Un delito de apropiación indebida do artigo 253.1 do Código penal, polo que solicitou a imposición dunha pena de 3 anos e 6 meses de prisión, accesoria legal e multa de 9 meses cunha cota de 9 euros diarios.

(b) Un delito de estafa do artigo 248.1 e 249.1 do Código penal, polo que solicitou a imposición dunha pena de 21 meses de prisión e accesoria legal.

(c) Un delito de administración desleal do artigo 252.1 en relación co artigo 249, ambos do Código penal, polo que solicitou a imposición dunha pena de 21 meses de prisión e accesoria legal.

Solicitou, ademais, que o acusado fose condenado a indemnizar a Camping El Terrón, S.L., coa suma de 58 035,96 euros mais o xuro legal. Tamén solicitou a condena da entidade Ocio Sport Arousa, S.L., a indemnizar a referida entidade con 3 385,90 euros.

A acusación particular formulou unha acusación contra Gaspar e Ocio Sport Arousa, S.L., aos cales considerou autores dos seguintes delitos:

(a) Un delito de apropiación indebida do artigo 253.1 do Código penal, polo que solicitou a imposición dunha pena de 6 anos de prisión, accesoria legal e multa de 15 meses cunha cota de 10 euros diarios.

(b) Un delito continuado de administración desleal do artigo 252.1 en relación co artigo 249, ambos do Código penal, polo que solicitou a imposición dunha pena de 8 anos de prisión, multa de 15 meses cunha cota de 10 euros diarios.

(c) Verbo de Ocio Sport Arousa, S.L., solicitou a condena de multa de 20 000 euros e a súa disolución.

Solicitou, ademais, que o acusado fose condenado a indemnizar a Camping El Terrón, S.L., coa suma de 58 035,96 euros mais o xuro legal. Tamén solicitou a condena da entidade Ocio Sport Arousa, S.L., a indemnizar a referida entidade con 3 385,90 euros.

Terceiro. Aberto o xuízo oral, a representación do acusado presentou un escrito de conclusións provisionais polo que solicitaba a libre absolución.

Cuarto. Unha vez recibidas as actuacións neste xulgado, sinalouse para o xuízo o día 15 de setembro de 2020, no cal se practicaron as seguintes probas: declaración do acusado, testemuñal de Ruperto, Nicanor, Dulce, Severiano, Enma. E o día 17 de setembro de 2020, Torcuato, Eufrasia, Vidal, Flora, Jose Pedro, Saturnino, Jose Miguel, Carlos José, e proba documental.

O Ministerio Fiscal mudou as súas conclusións suprimindo o último parágrafo do apartado A, e suprimiu B e C; na segunda conclusión, suprimiu os apartados B e C e suprimiu o apartado 5º do 251; na quinta, polo delito de apropiación indebida, solicitou 2 anos de prisión e accesoria e multa de 6 meses cunha cota de 6 euros diarios, e a responsabilidade civil fixouna en 49 000 euros.

A acusación particular mudou en definitivas as súas conclusións provisionais.

A defensa mudou en definitivas as cualificacións do seu escrito de conclusións.

FEITOS PROBADOS

Primeiro. A compañía Camping El Terrón, S.L., explotaba un solar destinado a cámping no lugar do Terrón en Vilanova de Arousa. Desta compañía eran administradores solidarios Dulce e Alfonso.

Dado que ambos querían deixar a explotación do cámping coa intención de que o explotasen o seu fillo Nicanor e o irmán de Gaspar, este último incorporouse a finais do ano 2015 á xestión do cámping e gastou unha importante cantidade de cartos para a realización de diversas obras no establecemento.

Segundo. Camping El Terrón, S.L., concertou coa compañía Alujan Galicia, S.L., a realización de diversas obras no ano 2016 e, ao mesmo tempo, co propósito de obter unha subvención do IGAPE, foi emitida pola construtora unha factura por un importe de 104 586,92 euros. Camping El Terrón, S.L., transferiu á conta bancaria de Alujan Galicia, S.L., a dita suma o día 3 de maio de 2016.

Parte das obras contratadas non se realizaron, polo que o representante legal de Alujan Galicia, S.L., devolveu en tres pagamentos a suma de 49 000 euros, e unha das devolucións realizounas en presenza de Alfonso.

Desde que Gaspar comezou a participar na xestión do cámping, realizaba cobros de distintas cantidades por servizos prestados polo cámping e tamén por servizos propios e, ademais, fixo pagamentos cos seus propios bens, por unha cantidade de varias decenas de miles de euros, por obras de distinto tipo realizadas no cámping.

Non está acreditado que tales cantidades non fosen ingresadas pola sociedade Camping El Terrón, S.L., nin tampouco que se realizase unha liquidación das débedas que a sociedade podía ter con Gaspar.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro. A primeira cuestión que se debe resolver no que atinxe ao proceso é a da lexitimación da acusación particular conforme ao artigo 103 da Lei de axuizamento criminal. Este artigo establece o seguinte:

Tampouco poderán exercer accións penais entre si:

  1. Os cónxuxes, a non ser por delito ou falta cometidos por un deles contra a persoa do outro ou a dos seus fillos, e polo delito de bigamia.

  2. Os ascendentes, descendentes e irmáns por natureza, pola adopción ou por afinidade, a non ser por delito ou falta cometidos por uns deles contra as persoas dos outros.

As accións son exercitadas pola entidade Camping El Terrón, S.L., o que, en principio, excluiría a aplicación da norma; porén, non podemos esquecer que estamos ante unha sociedade familiar da cal forma parte a irmá do acusado, Dulce, que é administradora da sociedade segundo deriva da copia da escritura pública de constitución do préstamo hipotecario (folios 22 e seguintes, punto B); este é o único dato certo que temos verbo da compañía. Como logo se indicará, as probas testemuñais de cargo non son en absoluto abondas para acreditar calquera feito; daquela, debemos partir deste dato: a persoa que aparece na causa con capacidade para administrar a sociedade é a irmá do acusado.

A recente Sentenza 238/2020, do 26 de maio de 2020, da Sala Segunda do Tribunal Supremo ( STS 1309/2020 - ECLI: ES:TS:2020:1309), citada polo Ministerio Fiscal, en relatorio da Excma. Sra. Polo García, sinalaba no fundamento cuarto:

  1. La doctrina recuerda que el art. 103 LECRIM se trata de un precepto subjetivo o formal que afecta directamente al ejercicio de la acción penal y a la formalización de la relación jurídico procesal, impidiendo la constitución de ésta cuando la acción penal pretenda ejercitarse entre los parientes referidos en el precepto. Y aunque cierto y verdad es que se señala que los vínculos familiares son contemplados en ciertos preceptos del Código Penal como agravación de la responsabilidad penal (véase la violencia de género, la agravante de parentesco, los subtipos agravados de quebrantar orden de alejamiento, cometer el delito en presencia de los menores, etc.) lo cierto es que ello ocurre en los casos de delitos contra las personas, pero fuera de ello el vínculo familiar puede operar y opera como una excusa absolutoria en casos de convivencia excluyendo la punibilidad, y como impedimento para ejercer la acción penal.

    Y en la vía del art. 103 LECrim la doctrina apunta qué razones de política criminal aconsejan, en determinados supuestos, que el Estado condicione la efectividad del ius puniendi a la defensa de ciertos intereses prevalentes en la sociedad. Y, en lo que ahora interesa, cuando el Estado se enfrenta a delitos de naturaleza privada, o que afectan o se consuman entre parientes muy cercanos, el interés prioritario no es la persecución y castigo de esas actuaciones, sino el mantenimiento de la paz en el seno de la familia. Así, por ejemplo, esta Sala del Tribunal Supremo en su Sentencia de 14 de marzo de 1990 , ya giraba en la idea de que son razones de política criminal las que aconsejan cerrar el paso a la investigación penal en el seno de la familia, para no interferir peyorativamente en las relaciones que mantienen los más próximos. Y en la misma línea, la Sentencia del Tribunal Supremo de 12 de junio de 1993 , en cuanto se pretende evitar el enfrentamiento de unos familiares con otros para mejor salvaguardar la paz en el seno de las relaciones parentales más próximas.

    En nuestra reciente sentencia 637/2018, de 12...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR