STSJ Galicia 294/2020, 1 de Julio de 2020

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2020:4438
Número de Recurso15297/2019
ProcedimientoProcedimiento ordinario
Número de Resolución294/2020
Fecha de Resolución 1 de Julio de 2020
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00294/2020

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2019 0000595

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015297 /2019 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Aurelia

ABOGADO DANIEL BALSA PENA

PROCURADOR D./Dª. RAFAEL RODRIGUEZ RAMOS

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

DOLORES RIVERA FRADE-PTE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, un de xullo dous mil vinte.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15297/2019, presentado por Dª Aurelia, representado polo procurador Sr. Rodríguez Ramos, dirixido polo letrado Dº Bouza Prieto, contra o acordo de24.01.2019 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 21.997,82 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 24.01.2019 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a denegación da solicitude de rectificación da autoliquidación IVE- 4T-2017 presentada por Dª Aurelia, derivada da venda de solar por obra futura coa entidade COMPACTA GRUPO INMOBILIARIO ( en liquidación ).

A recorrente alega que o 04.12.2007 formalizou escritura de permuta de solar por obra futura con WINTERRA INMOBILIARIA SA, e abonoa 21.997,82 euros de IVE polas vivendas futuras que recibiría; o 26.05.2015 asinouse escritura pública de resolución de contrato por incumprimento do comprador, recuperando a recorrente o terreo e retendo os 35.500 euros entregados. Non recibiu a correspondente factura rectificativa.

O TEAR razoa que o pagamento foi debido o que nos leva a aplícalo artigo 89.cinco.b da LIVE, polo que, a recorrente carece de dereito a obtela devolución da AEAT.

SEGUNDO

A recorrente considera que o procedemento seguido- devolución de ingresos non debidos- é o correcto, citando a STSX Valencia 515/2017, sentenza 92/2019 do TSX Castela-León.

O letrado do Estado con cita da sentenza 196/2019 deste Tribunal considera correcta a actuación da AEAT/TEAR.

Como indica o letrado do Estado, esta sala, nun suposto semellante ( tamén nunha permuta de solar por obra futura que se resolveu ) considerou:

O que acontece é que este suposto A parte de que estarmos ante INGRESOS NON DEBIDOS cousa que non acontece neste caso; cando se repercutiu o IVE, no ano 2005, a cota do IVE correspondente era debida.

Como sinala a xurisprudenza: as SSTS do 19 de xullo de 2003 ( RJ 2003, 7779) , Recurso de Casación núm. 10993/1998 , 16 de decembro de 2003 ( RJ 2003, 9144) , Recurso de Casación núm. 6129/1998 , 21 de marzo de 2007 ( RJ 2007, 3200) , Recurso de Casación núm. 495/2002 , 3 de novembro de 2011 ( RJ 2012, 1838) , Recurso de Casación núm. 4098/2009 , 18 de setembro de 2012 ( RJ 2012, 8931) , Recurso de casación para a unificación de doutrina núm. 357/2010, 17 de decembro de 2012 ( RJ 2013, 1044) , Recurso de casación para a unificación de doutrina núm. 2155/2011, 20 de xuño de 2013 ( RJ 2013, 6003) , Recurso de Casación núm. 5900/2011, e 5 de xullo de 2016 ( RJ 2016, 4170) , Recurso de Casación núm. 2304/2015, nas que se sinalou que debe distinguirse entre "devolución de ingresos indebidos" e "devolución de ingresos debidos que, posteriormente por razón da técnica impositiva, deveñen improcedentes", contemplando así a posibilidade de que a devolución se acorde non só por iniciativa da Administración, senón tamén a solicitude dos obrigados tributarios, polo que xa non se fala neste caso de devolucións de oficio.

No caso presente estarmos no segundo suposto; Tal e coma indica a CV 1470/13 DXT: Por tanto, non cabe cualificar como "indebido" ou ingreso dás cotas do Imposto sobre ou Valor Engadido correctamente devengadas pola realización dunha operación suxeita ao devandito tributo, aínda que posteriormente deban ser devoltas ao suxeito pasivo por quedar sen efecto a operación.

O procedemento de recuperación de tales cotas será, por tanto, o sinalado no referido artigo 89, apartado cinco, terceiro parágrafo, letra b) da Lei reguladora do tributo.

Neste caso, a empresa estará obrigada a reintegrar o importe das cotas repercutidas en exceso, feito que motivará a súa consignación como menor Imposto devengado na declaración-liquidación do Imposto sobre o Valor Engadido do período, trimestral ou mensual segundo as obrigacións da empresa, no que se produciu a rectificación.

A obrigación de emisión da factura rectificativa xorde desde a rescisión do contrato, pois a non conclusión dun contrato ten como efecto dimanante a restitución da situación inicial, o cal, en materia de facturación supón a emisión dunha factura de signo contrario sen prexuízo das posibles penalizacións pactadas a nivel contractual. A rectificación deberá facerse na forma prevista polo artigo 24 do Regulamento do Imposto sobre o Valor Engadido , aprobado por Real Decreto 1624/1992, do 29 de decembro ( RCL 1992, 2834 e RCL 1993, 404) , segundo o cal: "nos casos a que se refire o artigo 80 da Lei do Imposto , o suxeito pasivo estará obrigado a expedir e remitir ao destinatario das operacións unha nova factura ou documento na que se rectifique ou, no seu caso, anúlese a cota repercutida, na forma prevista no artigo 13 do Regulamento polo que se regulan as obrigacións de facturación, aprobado polo Real Decreto 1496/2003 , do 28 de novembro ( RCL 2003, 2790) ". dunha factura de signo contrario sen prexuízo das posibles penalizacións pactadas a nivel contractual.

Esta conclusión é, evidentemente, contraria ó criterio que establecen as sentenzas citas polo recorrente - TSX Valencia, Castela-León...- que consideran que, cando...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STS 1192/2022, 27 de Septiembre de 2022
    • España
    • 27 Septiembre 2022
    ...2020 por la Sección 4ª de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, recaída en el recurso núm. 15297/2019. Comparece como parte recurrida la Administración General del Estado, representada y asistida por la Abogacía del Ha sido ponente el Excmo. ......
  • ATS, 11 de Diciembre de 2020
    • España
    • 11 Diciembre 2020
    ...2020 por la Sección 4ª de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, que desestimó el recurso 15297/2019, promovido contra la resolución de 24 de enero de 2019 dictada por el Tribunal Económico- Administrativo Regional de Galicia que desestimó la ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR