SAP Pontevedra 20/2020, 19 de Junio de 2020

JurisdicciónEspaña
Fecha19 Junio 2020
Número de resolución20/2020

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 4 PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00020/2020

- ROSALIA DE CASTRO,Nº 5 - PALACIO DE JUSTICIA

Teléfono: 986805137/36/38/39 Correo electrónico: Equipo/usuario: MA

Modelo: N85850

N.I.G.: 36008 41 2 2019 0000280

PO PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO 0000063 /2019

Delito: HOMICIDIO

Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL, Flora Procurador/a: D/Dª, MARIA MERCEDES PEREIRO DOMINGUEZ

Abogado/a: D/Dª, ALFREDO IGLESIAS SANTOS

Contra: Leovigildo, INSTITUTO DE MEDICINA LEGAL

Procurador/a: D/Dª PEDRO SANJUAN FERNANDEZ, Abogado/a: D/Dª LUCIANO PRADO DEL RIO,

SENTENZA Nº20/20

MAXISTRADAS/O

Dona Nélida Cid Guede (presidenta)

Dona María Jesús Hernández Martín

Don Miguel Aramburu García-Pintos

Pontevedra, dezanove de xuño de 2020

Visto pola Sección 4ª da Audiencia Provincial de Pontevedra o procedemento sumario ordinario número 63/2019, no cal foron partes:

  1. Como acusado, don Leovigildo, nado en DIRECCION000 o día 25 de xaneiro de 1964, f‌illo de Modesta e de Rodrigo, con DNI NUM000, representado polo procurador don Pedro Sanjuán Fernández e defendido polo avogado don Luciano Prado del Río.

  2. Como acusación particular, dona Flora, representada pola procuradora dona María Mercedes Pereiro Domínguez e defendida polo avogado don Alfredo Iglesias Santos.

  3. O Ministerio Fiscal, que interveu sostendo a acusación.

Foi relator o maxistrado Miguel Aramburu García-Pintos.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de Instrución número 2 de DIRECCION000 incoou o procedemento sumario 68/2019, no cal, tras a práctica das dilixencias de instrución que se estimaron necesarias, se ditou un auto de conclusión do sumario o día 15 de novembro de 2019.

Segundo

O Ministerio Fiscal formulou unha acusación contra Sebastián como autor dunha tentativa de delito de asasinato dos artigos 139 e 16 do Código penal, e solicitou a imposición dunha pena de 14 anos de prisión e prohibición de achegarse a menos de 500 metros da vítima e de comunicarse con ela polo período de 20 anos. En concepto de responsabilidade civil, solicitou a condena do acusado a indemnizar a Flora coa suma de 49 395,20 euros mais o xuro legal e ao Sergas coa suma de 4683,52 euros.

A acusación particular formulou unha acusación contra Sebastián como autor dunha tentativa de delito de asasinato dos artigos 139 e 16 do Código penal, e solicitou a imposición dunha pena de 14 anos de prisión e prohibición de achegarse a menos de 500 metros da vítima e de comunicarse con ela polo período de 20 anos. En concepto de responsabilidade civil, solicitou a condena do acusado a indemnizar a Flora e a súa f‌illa coa cantidade que se determine na execución da sentenza.

Terceiro

A representación do acusado presentou un escrito de conclusións provisionais polo que solicitaba a libre absolución.

Cuarto

Unha vez recibidas as actuacións neste xulgado, sinalouse para o xuízo o día 28 de maio de 2020, no cal se practicaron as seguintes probas: declaración do acusado, testemuñal de Flora, Aurelia, dos gardas civís con tarxetas de identif‌icación números NUM001, NUM002, NUM003, NUM004, NUM005, NUM006 e NUM007, e de Consuelo, pericial dos médicos forenses Delia e Clemente, e proba documental.

O Ministerio Fiscal mudou en def‌initivas as súas conclusións engadindo como dano moral a suma de 6000 euros a prol da vítima.

A defensa mudou en def‌initivas as cualif‌icacións do seu escrito e formulou acusación subsidiariamente polo delito de lesións do artigo 148.1 concorrendo a desistencia do artigo 16, ambos artigos do Código penal.

FEITOS PROBADOS

Primeiro

Leovigildo, maior de idade, e Flora eran parella sentimental e convivían na data do día 7 de febreiro de 2019 no domicilio sito na RUA000, número NUM008, de DIRECCION000 . A dita convivencia comenzara 7 meses antes.

Segundo

Ese día, cando Leovigildo volveu ao domicilio, xunto coa f‌illa da súa parella de 10 anos de idade, arredor das 14:10 horas, entrou na cociña da vivenda onde estaban Flora e a súa curmá, Aurelia ; unha vez alí, Leovigildo foi ao dormitorio da parella e, dado que Flora se decatou de que Leovigildo estaba molesto, foi tamén ao dormitorio.

Unha vez no interior, comezaron a discutir e, nun momento dado, Leovigildo, coa intención de causarlle a morte, agarrou a Flora pola cara e virouna para deixar ao descuberto o pescozo; entón, sacou un instrumento inciso para cravalo nesa zona, Flora tentou defenderse agarrando a man en que Leovigildo portaba o dito instrumento pero non puido impedir que a cortase na hemicara esquerda desde o pavillón auricular esquerdo ata o queixo.

Flora comezou a berrar e a pedir auxilio e conseguiu librarse de Leovigildo ; e, cando se apartou del, este cravoulle o instrumento inciso na fosa renal dereita, e ela caeu seguidamente ao chan.

Alertadas polos berros de Flora, Aurelia e a menor acudiron ao dormitorio. Nun primeiro momento non puideron abrir a porta pero, ao insistir, lográrono e viron a Flora tirada no chan sangrando. Leovigildo díxolle a Aurelia, ao tempo que brandía algo, "¿quieres que te dé también?", polo que ela marchou coa nena para a cociña e, mentres estaban alí, Leovigildo saíu do domicilio.

Segundo

A consecuencia dos feitos relatados, Flora tivo as seguintes lesións: unha ferida incisa na fosa renal dereita, de 5 centímetros de profundidade e 10 centímetros de lonxitude, unha ferida incisa na hemicara esquerda desde o pavillón auricular esquerdo ata o queixo; unha fractura-afundimento da lámina papirácea da órbita dereita, con probable afectación postraumática do músculo recto medial ipsilateral; un hematoma de partes brandas na rexión parotidiana esquerda, probablemente con laceración asociada; unha tumoración preparotidiana esquerda poscirúrxica, con diminución de tamaño e alteración da ecoestrutura da glándula parótide esquerda, probablemente en relación con cambios postraumáticos e poscirúrxicos; unha paresia no territorio da comisura labial esquerda e do queixo; unha laceración cutánea na rexión lumbar dereita, e un trastorno por estrés postraumático.

Estas lesións curaron en 76 días, dos cales 5 estivo hospitalizada. Precisou para a curación dunha intervención cirúrxica para a reconstrución de planos e sutura na ferida da fosa renal. Réstanlle, como secuelas, unha paresia na rexión inframandibular esquerda e peribucal esquerda que abre 4 centímetros, unha síndrome de estrés postraumático moderado e as seguintes cicatrices: unha cicatriz hiperpigmentada, curvilínea, lixeiramente queratósica, de 10 centímetros na rexión mandibular esquerda; unha cicatriz hiperpigmentada, curvilínea, profunda, de 1,8 centímetros na rexión infrauricular esquerda; unha cicatriz hiperpigmentada, hiperqueratósica, de 12,7×0,5 centímetros; dúas cicatrices de 0,5 centímetros cada unha na rexión lumbar lateral dereita; unha cicatriz hipopigmentada, rectilínea, de 3×0,5 centímetros na rexión subescapular esquerda; una deformidade con tumoración preparotidiana esquerda poscirúrxica; unha paresia no territorio da comisura labial esquerda e queixo que dif‌iculta lixeiramente a mobilidade correcta da zona.

A consecuencia destas secuelas ten dif‌icultades na inxestión de alimentos; e ademais tivo que cambiar de comunidade autónoma por mor do estres postraumático.

Terceiro

O custo da asistencia médica prestada a Flora polo Sergas foi de 4683,52 euros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A declaración de feitos probados está fundada en dúas probas persoais: as declaracións da vítima, Flora, e de Aurelia, testemuña que estaba presente no lugar dos feitos e que presenciou directamente gran parte deles, aínda que non puido ver o que aconteceu no interior do cuarto; estaba na vivenda e viu o acontecido antes e despois e, ademais, escoitou sons relacionados co ocorrido dentro do dormitorio. Por outra parte, tamén son relevantes os informes médicos e os informes forenses dos autos. A toda esta proba nos referiremos posteriormente.

En primeiro lugar, procede sinalar que a única proba de descargo practicada foi a declaración do señor Leovigildo, quen, no que atinxe á cerna dos feitos, declarou que chegou á casa coa f‌illa de Flora, que a nena quedou na cociña coa nai e Aurelia e que el foi ao dormitorio; que entón entrou Flora e pechou a porta, que tiveron unha discusión na cal ela sacou un cútter e forcexaron e que nese forcexo ela se autolesionou: "Ella cogió un cúter y en el forcejeo se cortó aquí en la cara".

A versión do señor Leovigildo é incompatible co resultado das demais probas e non a podemos aceptar como certa, como logo razoaremos.

A versión da denunciante é substancialmente distinta. Narrou como ela e o señor Leovigildo tiveran unha discusión pola mañá, que cando aconteceron os feitos estaba ela coa súa curmá na cociña, que chegou o señor Leovigildo coa súa f‌illa, que "estaba molesto", e que se foi para o dormitorio, ela foi tamén ata o dormitorio e unha vez alí comenzaron adiscutir, que el empezou a berrar "que me callase"; entón sacou un obxecto, supuña que do pantalón, agarroulle a cara cunha man e coa outra tentou cortarlle o pescozo: "me agarró la cara, me intentó cortar el cuello, me giró la cara"; ela agarroulle coas dúas mans a man en que levaba o obxecto, pero el conseguiu facerlle un corte; cando puido zafarse, el cravoulle o obxecto no costado, entón entrou a súa prima no cuarto e caeu ao chan.

A señora Aurelia deu unha versión coincidente coa da súa curmá: que ambas se atopaban na cociña cando chegou o acusado ás 14:10, que estaba "cabreado" e marchou para o cuarto, Flora foi tras el e a testemuña escoitou como discutían; escoitaba como el lle dicía algo, logo "un ay y después auxilio". Entón foron ao cuarto e empurraron a porta ata que abriu, que no momento de entrar viu a súa curmá no chan "bañada en sangre" e que o señor Leovigildo estaba xunto a unha f‌iestra, que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
3 sentencias
  • STSJ Galicia 69/2020, 1 de Diciembre de 2020
    • España
    • 1 Diciembre 2020
    ...Luciano Prado del Río contra la sentencia de fecha 19.06.2020 dictada por la Sección 4ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra en el rollo 63/2019, sentencia que Las costas de esta alzada, incluidas las de la acusación particular, se imponen a la parte recurrente. Notifíquese esta sentenc......
  • STS 418/2021, 19 de Mayo de 2021
    • España
    • Tribunal Supremo, sala segunda, (penal)
    • 19 Mayo 2021
    ...Luciano Prado del Río contra la sentencia de fecha 19.06.2020 dictada por la Sección 4ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra en el rollo 63/2019, sentencia que confirmamos. Las costas de esta alzada, incluidas las de la acusación particular, se imponen a la parte recurrente. Notifíquese......
  • STSJ Andalucía 449/2021, 25 de Febrero de 2021
    • España
    • 25 Febrero 2021
    ...por DOÑA Piedad contra Sentencia dictada por el Juzgado de lo Social núm. 1 de Motril, en fecha 19 de Junio de 2020, en Autos núm. 20/2020, seguidos a instancia de DOÑA Piedad, en reclamación de INCAPACIDAD PERMANENTE, contra INSTITUTO NACIONAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL y TESORARIA GENERAL DE ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR