SAP Pontevedra 612/2019, 20 de Diciembre de 2019

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2019:2865
Número de Recurso517/2019
ProcedimientoCivil
Número de Resolución612/2019
Fecha de Resolución20 de Diciembre de 2019
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00612/2019

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G. 36057 42 1 2018 0005172

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000517 /2019

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 10 de VIGO

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000304 /2018

Recurrente: C.P. AVENIDA000 NUM000 DE VIGO

Procurador: EMILIO JOSE ALVAREZ PAZOS

Abogado: JOSE LUIS BIANCHI VALCARCE

Recurrido: Elvira, Esteban

Procurador: MARIA ROSA MARQUINA TESOURO

Abogado: JUAN CRISOSTOMO ARESES TRAPOTE

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados

D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, D. JOSÉ FERRER GONZÁLEZ e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 612/19

Vigo, vinte de decembro de dous mil dezanove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 304/18 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 10 de Vigo ós que correspondeu o rolo 517/19, nos que aparece como parte apelante e demandante COMUNIDADE DE PROPIETARIOS AVENIDA000, NUM000 DE VIGO, representada polo/a procurador/a D./D.ª EMILIO JOSÉ ÁLVAREZ PAZOS e asistida do/ da letrado/a D./D.ª JOSE LUIS BIANCHI VALCARCE, e como parte contra da que se apela e demandada D.

Esteban e D.ª Elvira, representada polo/a procurador/a D./D.ª ROSA MARQUINA TESOURO e asistida do/da letrado/a D./D.ª JUAN ARESES TRAPOTE .

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 10 de Vigo, con data do 7 d emaio de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"DESESTIMANDO INTEGRAMENTE LA DEMANDA interpuesta por la Comunidad de Propietarios de AVENIDA000 nº NUM000 Vigo, frente a Elvira Y Esteban .DEBO ABSOLVER Y ABSUELVO a éstos libremente de los pedimentos dirigidos frente a ellos.

No se hace declaración de condena en costas."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª EMILIO JOSÉ ÁLVAREZ PAZOS, en representación de COMUNIDADE DE PROPIETARIOS AVENIDA000, NUM000 DE VIGO, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 19 de decembro de 2019.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A Comunidade de Propietarios demandante interesa, dito de maneira moi simple, que os demandados, copropietarios do andar 3º E do inmoble, procedan retirar a contraventá colocada por estes últimos no oco que da ao pasillo.

A sentenza ditada en primeira instancia rexeita esa pretensión con basamento nos seguintes argumentos: A) Que a situación de feito da vivenda litixiosa, como das demáis da mesma letra E, creada pola colocación de estores na fachada, impide xa o paso de luz, o que viría facer entón inútil o mantemento do estado orixinario da ventá de lite. B) A existencia xa doutra ventá no pasillo, a que da ao patio de luces, que polas súas características é a que ven realmente dar luz e ventilación. C) Dise igualmente que "é casi incluso maior a escuridade cando se baixa o estor que cando se pecha a contraventá". D) Finalmente, e en liña coas anteriores reflexións, se aduce que a falta de prexuizo real para a comunidade, para os comuneiros, en unión da existencia, igualmente, de obras emprendidas por outros copropietarios do inmoble, de semellante calado, e que foron, en cambio, consentidas -tacitamente-, implicaría un tratamento desigual e un exercicio abusivo de dereito por parte da comunidade, ao dirixir soamente a acción contra os demandados.

Recurre a sentenza a comunidade demandante, quen reproduce nesta alzada a mesma petición da primeira instancia, e co mesmo discurso argumental.

Segundo

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 21 de Septiembre de 2022
    • España
    • 21 Septiembre 2022
    ...la sentencia dictada el 20 de diciembre de 2019 por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta) en el rollo de apelación n.º 517/2019, dimanante del juicio ordinario n.º 304/2018 del Juzgado de Primera Instancia n.º 10 de Mediante diligencia de ordenación la audiencia provincial r......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR