SAP Pontevedra 213/2019, 16 de Octubre de 2019

JurisdicciónEspaña
EmisorAudiencia Provincial de Pontevedra, seccion 2 (penal)
Fecha16 Octubre 2019
Número de resolución213/2019

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00213/2019

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36008 41 2 2016 0003155

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000905 /2019 -PDelito/falta: IMPAGO DE PENSIONES

Recurrente: Everardo

Procurador/a: D/Dª ADELA ENRIQUEZ LOLO

Abogado/a: D/Dª JOSE LUIS PENA FERNANDEZ

Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Feliciano, Regina

Procurador/a: D/Dª FAUSTINO JAVIER MAQUIEIRA GESTEIRA, FAUSTINO JAVIER MAQUIEIRA GESTEIRA

Abogado/a: D/Dª ABELARDO NAHUR CURRAS VAZQUEZ, ABELARDO NAHUR CURRAS VAZQUEZ

SENTENZA NÚM. 213/19

=================================================== =======

MAXISTRADO/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. Juan Jose Trashorras García

=================================================== =======

Pontevedra, dezaseis de outubro de dous mil dezanove.

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 905/19, o recurso de apelación interposto pola procuradora dona Adela Enriquez Lolo, en representación de don Everardo, contra a sentenza ditada no procedemento PA: 19/2019 do Xulgado do Penal núm. 2 de Pontevedra. Constituíronse como partes

o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 03-xuño-2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo condenar e CONDENO a Everardo, como autor criminalmente responsable de un delito de Abandono de Familia, en su modalidad de Impago de pensiones, a la pena de a DIECIOCHO MESES DE MULTA a razón de una cuota diaria de 6 euros (3.240 euros), bajo apercibimiento, en caso de impago, de incurrir en la responsabilidad personal subsidiaria del art. 53 del C.p., de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias de multa no satisfechas, todo ello con imposición de las costas procesales.

En concepto de responsabilidad civil, el condenado deberá indemnizar a favor de su hijo Feliciano, la cantidad que se determine en ejecución de sentencia por las pensiones alimenticias impagadas desde noviembre de 2008, por importe de 150 euros mensuales, cuya prescripción se interrumpió por la presentación de la demanda de ejecución forzosa de familia nº 203/11 del Juzgado de Primera Instancia nº 1 de Cangas de Morrazoo, de las que se deducirá las cantidades que resulten abonadas en dicho procedimiento de ejecución civil.

Todas las cantidades devengarán el interés legal.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

" Everardo, mayor de edad y sin antecedentes penales, habiéndose dictado sentencia por el Juzgado de Primera Instancia núm. 1 de Cangas de Morrazo en fecha 13 de diciembre de 2003, en la que se establecía que abonará la cantidad mensual de 150 euros para su hijo mayor de edad, Feliciano, actualizable anualmente mediante el índice de precios al consumo, en concepto de alimentos para subvenir las necesidades de su hijo, desde el 10 de octubre de 2008 y hasta la actualidad no ha abonado cantidad alguna a favor de su hijo en dichjo concepto, teniendo capacidad económica para realizarlo.

Tal situación ha sido denunciada en fecha 30/12/2016 por Regina (madre de Feliciano ), y ratif‌icada por éste en sede judicial.

Antes de acudir a la vía penal por la denunciante se ha instado el abono de las pensiones alimenticias atrasadas en el procedimiento de Ejecución Forzosa de Familia nº 203/2011.

Feliciano, mayor de edad, en cuanto nacido el día NUM000 /1980, está diagnosticado de retraso mental, coef‌iciente intelectual bajo, sindrome de Kallman, vulnerabilidad y fragilidad con necesidad de supervisión y cuidado por su entorno.

Consta que le ha sido reconocido un grado de discapacidad física y psíquica del 66% desde el 11/08/2012 por resolución de la Xunta de Galicia de fecha 5 de julio de 2013 (folios 33-34 de los autos)."

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlles o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa conf‌irmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 15-outubro-2019.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Everardo, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de abandono de familia, na modalidade de impago de pensións, previsto e penado no artigo 227 do Código penal. Recorre agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución ou para que anulemos a sentenza do xulgado a quo por quebrantar unha forma esencial que xerou indefensión, con retroacción das actuacións a tal

momento para que se pronuncie outra nova resolución axustada a dereito. A f‌iscala e a acusación particular exercitada por Regina e Feliciano opóñense a que acollamos a impugnación así formulada.

Segundo

O primeiro motivo de apelación que invoca o apelante, Everardo, é o erro na apreciación das probas e a infracción de normas do ordenamento xurídico con expresa cita do artigo 227 do Código penal, polo que foi condenado na instancia, motivo que xa adiantamos que non podemos acoller.

A pensión alimentaria que o apelante ten que pagar ao seu f‌illo Feliciano f‌ixouse en 150 € mensuais mediante unha sentenza do 13 de decembro de 2003 pronunciada polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Cangas no seo dos autos de modif‌icación de medidas de divorcio 304/2003. Da sinxela lectura desta sentenza extraemos o seguinte: que o demandante da modif‌icación foi o aquí agora apelante, Everardo, e a demandada a agora apelada Regina ; ambos os dous acordaron a extinción da pensión alimentaria a prol dun dos f‌illos - Augusto - xa que estaba a traballar; e por iso se rebaixou a pensión alimentaria que tiña que pagar Everardo á cantidade de 150 € ao mes a prol, única e exclusivamente, do seu f‌illo Feliciano, nado o 8 de agosto de 1980 e, xa que logo, de 23 anos de idade naquel momento. Isto é, cando o agora apelante presentou a devandita demanda na xurisdición civil contra unicamente a súa exmuller, xa o seu f‌illo Feliciano superara de sobra a maioría de idade, e, no entanto, expresamente pactou pagarlle a amentada pensión alimentaria. Daquela, pois, nin a máis mínima cuestión suscitou, antes ao contrario, verbo da falla de lexitimación procesual da súa exmuller por mor de o seu f‌illo común Feliciano xa ser maior de idade. Por iso, o feito de que o f‌illo entón tivese xa 23 anos, 28 anos cando o recorrente deixou de pagar a pensión alimentaria e 39 anos na actualidade en nada empece o mantemento legal da obrigación de pagamento da pensión por parte do apelante, obriga que expresamente pactou coa súa exdona e que ata o día de hoxe consentiu, xa que nunca solicitou nin a súa modif‌icación nin moito menos a súa extinción.

Se el mesmo considera que existen méritos para isto último -así, segundo el, que o seu f‌illo Feliciano vive só, ten certa capacidade económica, manexa cartos, ten unha conta de aforros compartida, posúe e conduce un vehículo de motor, etc.- é libre de acudir á xurisdición civil para solicitar a extinción se, como ref‌ire, ten tan clara a procedencia da aplicación en tal sentido do artigo 152.3 do Código civil. Mais o único certo a día de hoxe é que aínda subsiste a obrigación do pagamento da pensión alimentaria e, porén, o recorrente non a cumpre; por iso foi condenado na instancia.

O que está a negar no seu recurso de apelación é a necesidade, dun tempo a esta parte, de que o seu f‌illo Feliciano perciba como alimentista a pensión alimentaria -cuestión que, insistimos, poderá discutir no eido axeitado-, sen deterse nunha explicación minimamente plausible de por que el unilateralmente deixou de atender o cumprimento dunha obrigación legal e xudicialmente homologada logo do expreso acordo que en tal sentido acadou coa súa exdona aproximadamente cinco anos antes de comezar a incumprir. Así, non se pode encontrar moi doada explicación para o feito de que, se como se alega no recurso, dende o ano 2001 o f‌illo xa exercía un of‌icio, unha profesión, e tiña ingresos regulares procedentes desa ocupación e das correspondentes prestacións sociais cando non traballaba, dous anos máis tarde, no 2003 -data da solicitude da devandita modif‌icación de medidas e da referida sentenza no eido civil-, non aproveitase para solicitar a extinción dunha obrigación cuxo incumprimento, precisamente, determinou a súa condena do xeito indicado na instancia.

Por outra banda, repárese en que, segundo fai constar o mesmo apelante no seu recurso, unha das baixas laborais do seu f‌illo tiña data do 1 de febreiro de 2005 e a seguinte alta non se produciu ata o 23 de abril de 2009, cando el dende outubro de 2008 xa deixara de pagarlle a pensión alimentaria. Polo demais, tamén alega un suposto pacto verbal entre el e o seu f‌illo para a extinción da devandita pensión, pero isto non consta por ningures e mesmo o f‌illo negou tal pacto coa súa ratif‌icación na querela e posteriores declaracións.

Terceiro

O erro na apreciación das probas e a infracción de normas do ordenamento xurídico respecto da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STS 557/2020, 29 de Octubre de 2020
    • España
    • Tribunal Supremo, sala segunda, (penal)
    • 29 Octubre 2020
    ...de 16 de octubre de 2019, dictada por la Sección Segunda de la Audiencia Provincial de Pontevedra, en la Apelación Procedimiento Abreviado 905/2019, dimanante del Procedimiento Abreviado 19/2019 del Juzgado de lo Penal nº 2 de Pontevedra, por delito de impago de Ha sido parte el Ministerio ......
  • Auto Aclaratorio TS, 19 de Noviembre de 2020
    • España
    • 19 Noviembre 2020
    ...16 de octubre de 2019 por la Sección Segunda de la Audiencia Provincial de Pontevedra, en su Rollo de Apelación Procedimiento Abreviado nº 905/2019 que estimó en parte el recurso de apelación interpuesto solo en lo relativo a la pena, que, en lugar de 18 de meses de multa, f‌ija def‌initiva......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR