SAP Pontevedra 280/2019, 31 de Mayo de 2019

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2019:1304
Número de Recurso60/2019
ProcedimientoCivil
Número de Resolución280/2019
Fecha de Resolución31 de Mayo de 2019
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6PONTEVEDRA - VIGO

SENTENCIA: 00280/2019

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

NV

N.I.G. 36045 41 1 2016 0000786

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000060 /2019

Juzgado de procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.2 de REDONDELA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000341 /2016

Recurrente: COMUNIDAD HEREDITARIA YACENTE DE Vidal

Procurador: MARIA DOLORES VIRULEGIO FIGUEROA

Abogado: MARIA ISABEL PUNZON LORENZO

Recurrido: Sergio

Procurador: ERMINIA ALONSO SOLIÑO

Abogado: MARIA BEGOÑA GALLEGO LOPEZ

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados

  1. Juan Manuel Alfaya Ocampo, Dª. Magdalena Fernández Soto e D. Eugenio Francisco Míguez Tabares,

pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº280/19

Vigo, trinta e un de maio de 2019

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do PROCEDEMENTO ORDINARIO 0000341/2016 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Núm. 2 de Redondela, ós que correspondeu o rolo 60/2019, nos que aparece como parte apelante e demandada a COMUNIDADE HEREDITARIA YACENTE DE Vidal, representada pola procuradora D.ª María Dolores Virulegio Figueroa e asistida da letrada Dª. María Isabel Punzón Lorenzo, e como parte contra da que se apela e demandante D. Sergio, representada pola procuradora Dª. Herminia Alonso Soliño e asistida da letrada Dª. María Begoña Gallego López.

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia e Instrución Núm. 2 de Redondela, con data do 12 de novembro de 2018, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"

FALLO

En atención a lo expuesto en los anteriores fundamentos, procede:

ESTIMAR PARCIALMENTE la demanda interpuesta por la procuradora Sra. Alonso Soliño, en nombre y representación de D. Sergio, con los siguientes pronunciamientos:

- AUTORIZAR a D. Sergio a realizar

en la vivienda arrendada las reparaciones especif‌icadas en el hecho cuarto del escrito de demanda, así como en el informe pericial acompañado con la misma.

- CONDENAR a la comunidad hereditaria de Dña. Vidal a abonar a D. Sergio la mitad del coste de las actuaciones de reparación anteriormente indicadas, una vez que las mismas se hayan realizado y se acredite documentalmente el importe por ellas abonado.

DESESTIMAR la demanda reconvencional interpuesta inicialmente por la procuradora Sra. Carpintero Fernández, en nombre y representación de Dña. Vidal, (en cuya posición procesal ha sido sucedida, debido a su fallecimiento, su comunidad hereditaria) contra D. Sergio .

No procede la condena en costas de ninguna de las partes, por lo que deberán abonar cada una las causadas a su instancia y las comunes por mitad."

Segundo

Contra a dita sentenza a procuradora D.ª María Dolores Virulegio Figueroa, representación de COMUNIDADE HEREDITARIA YACENTE DE Vidal, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 16 de maio de 2019.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Cuarto

O Maxistrado relator Don Eugenio Francisco Míguez Tabares, non estando conforme co voto da maioría, declinou a redacción da resolución e procede a emitir Voto Particular, polo que, conforme ao establecido no artigo 203 da L.A.C., polo Presidente encomendouse a súa redacción ao Maxistrado Don Juan Manuel Alfaya Ocampo.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O arrendatario dunha vivenda dende o ano 1967, pola que satisface unha renda por importe de algo máis de setenta euros mensuais, formula demanda contra a parte arrendadora, interesando ao abeiro dos artigos 107 da L. A. U. de 24 de decembro de 1964, e 1554, nº 2, do CC, que se condene ás demandadas a realizar as obras de conservación necesarias para que a vivenda estea en condicións de servir ao uso que foi pactado, ou subsidiariamente, que se autorice ao arrendatario a facelas. As demandadas contestan á demanda, opoñéndose ás dúas pretensións contra delas formuladas, e unha delas, Dona Vidal, promove ao propio tempo demanda reconvencional pedindo a resolución do contrato de aluguer, cun único argumento ou feito: A tenza en propiedade por parte do demandante inicial, dentro da mesma poboación, doutra vivenda desocupada e apta para a satisfacción das súas necesidades, e de análogas características á arrendada ( artigos 114, nº 11, e 62, números 4 º e 5º da L. A. U de 1964 ). A sentenza ditada en primeira instancia rexeita integramente a reconvención, e acolle en parte a demanda primeira, no senso de autorizar á parte arrendataria a realizar as obras de conservación, que serán costeadas por mitade entre os litigantes. Recurre unicamente a parte arrendadora, quen reproduce nesta alzada as peticións e liña argumental da primeira instancia. Pois ben, por razóns metodolóxicas debemos proceder, en primeiro termo, polo exame da reconvención pois, tal como de xeito atinado apunta o xulgador a quo, de accederse á resolución contractual interesada, carecería de interese e sentido pronuciarse sobre a procedencia ou non da realización das obras de Conservación postuladas polo actor reconvido.

Segundo

Antes de entrar na cerna propiamente dita do asunto cómpre realizar unha serie de precisións de orde fáctica ou probatoria, e xurídica, que van servir de utilidade para resolver adecuadamente a controversia.

Ademáis do elemento temporal, o artigo 62. 5º da L. A. U e 1964, en relación co artigo 114, nº 11, requiren, para que o arrendador poida interesar a resolución do contrato, dun elenco de presupostos de obrigada concurrencia: Que o inquilino teña a súa libre disposición, como titular dun dereito real de gozo ou disfrute, unha vivenda desocupada e apta para a satisfacción das súas necesidades e de características análogas á arrendada. Pois ben, a doutrina científ‌ica e dos tribunais, na interpretación e aplicación dos preceptos fan as ref‌lexións que deseguido expomos.

Primeiramente, a causa que orixina o xogo desa normativa é que o arrendatario ostente un dereito real que conf‌ira ao mesmo a facultade de uso e disfrute doutra vivenda distinta da alugada. Neste senso, serían títulos dabondo os de propiedade, usufruto, superf‌icie ou incluso habitación, por exemplo, e non, en cambio e loxicamente, a núa propiedade ou un condominio, alomenos no que o arrendatario ostente unha cuota minoritara.

En segundo termo, a vivenda do arrendatario debe estar desocupada, e esta expresión comprende, utilizando o criterios interpretativos da norma lóxico e teleolóxico, non só os casos de que a vivenda careza efectivamente de persoas que a disfruten, senón tamén as ocupacións sen título por parte de terceiros. E é que se o primeiro fundamento ou razón de ser da norma arrendaticia é o de protexer ao que precisa dunha vivenda, esa necesidade desaparece cando ten outra.

Ou dito doutra maneira, se ben debe ser preferente o dereito do inquilino fronte ao do arrendador cando aquel estea necesitado dunha morada en aluguer, se o mesmo é dono doutra, aquel trato preferente debe ceder en favor do lexítimo dereito do arrendador á realización plena ou sin límites do seu dereito dominical. Resulta evidente, por outra banda, que debe primar ese dereito a recuperar a vivenda fronte a unha ocupación dun terceiro que carece de título que habilite ou lexitime a súa ocupación. Os precaristas non poden ocupar unha vivenda do arrendatario a custa dese dereito do arrendador.

En terceiro lugar, e con maior razón, a norma non pode amparar situacións de ocupación da vivenda do arrendatario por outra persoas, que impliquen un fraude de lei ou o uso abusivo do dereito de disfrute daquel primeiro. Actuación especialmente propiciada por un contexto, dunha parte, de pagamento de rendas moi baixas, e doutra, de relación familiares entre o arrendatario e os ocupantes. Indo máis aló, e sen apreciar fraude, a xurisprudencia considera que tense unha vivenda a libre disposición cando o titular dominical da mesma sexa unha persoa xurídica da que os arrendatarios son titulares ao 100%. Efectivamente, e neste senso, proclama a sentenza do Tribunal Supremo de 4 de maio de 2016 que"... una leve aplicación de la doctrina del levantamiento del velo, conlleva que los demandados tienen a su disposición un piso de la misma extensión, ubicación y características que las que ocupan como arrendatarios. Todo ello, pues, no es otra cosa que el levantamiento del velo de la persona jurídica, cuando ésta se constituye para una f‌inalidad, no tanto fraudulenta, sino en general para evitar la aplicación de una norma que le puede perjudicar. Así, es lícito la compra de una vivienda por una persona jurídica; no es lícito que la función de ésta sea evitar la aplicación de una causa de resolución del arrendamiento".

Abundando no que se ven reseñar, e en cuarto lugar, tanto nesa ilícita ou fraudulenta situación, como na do caso de ocupación por terceiro que non implique realmente fraude, ten que ampararse o dereito do arrendador a resolver fronte a un inquilino que tendo unha vivenda en propiedade decide destinala para domicilio dun f‌illo, por exemplo, como é do caso. Ainda a risco de ser repetitivos, se o arrendatario ostenta o disfrute en propiedade dunha vivenda desaparece igualmente a razón de ser da norma, e dende logo a disfrute do familiar -ou doutro terceiro alleo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR