SAP Pontevedra 341/2009, 29 de Junio de 2009

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2009:2115
Número de Recurso3030/2008
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución341/2009
Fecha de Resolución29 de Junio de 2009
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00341/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 3030/08

Procedemento de orixe: ORDINARIO 129/06

Órgano de procedencia: 1ª INSTANCIA Nº 13 DE VIGO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 341/09

Vigo, vinte e nove de xuño de dous mil nove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 129/06 procedentes do Xulgado de 1ª

Instancia Núm. 13 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3030/08, nos que aparece como parte apelante-demandado-reconviniente D. Maximo representada polo/a procurador/a D./D.ª RICARDO ESTÉVEZ CERNADAS e asistida do/da letrado/a D./D.ª YAGO REQUEJO ROMÁN e como parte

contra da que se apela e demandante-reconvenido D. Simón representada polo/a procurador/a D./D.ª CARMEN HERMIDA PORTELA

e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE M. NODAR ROMÁN e como apelado-demandado-reconvenidoD. Jesús Luis representada polo/a

procurador/a D./D.ª MARTA ROBES CABALEIRO e asistida do/da letrado/a D./D.ª Mª TERESA VÁZQUEZ RODRÍGUEZ.

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

I. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 13 de Vigo, con data do 11 de outubro de 2007, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Se estima la demanda presentada por la Procuradora Dña Carmen Hermida Portela en nombre y representación de D. Simón contra D. Maximo representada por el Procurador D. Ricardo Estévez Cernadas.

Se condena a la parte demandada al pago de la suma de 7.376,53 euros, más los intereses legales desde la fecha de la presente resolución.

Se desestima la reconvención presentada por el Procurador D. Ricardo Estévez Cernadas en nombre y representación de D. Maximo frente a D. Simón representado por la Procuradora Dña María del Carmen Hermida Portela y contra D. Jesús Luis representado por la Procuradora Dña Marta Robes Cabaleiro.

Se imponen las costas a la parte demandada."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Ricardo Estévez Cernadas, en representación de D./D.ª Maximo , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día vinte e seis de xuño de dous mil nove.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

II. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A controversia desta alzada queda circusncrita ao análese da demanda reconvencional, a traverso da cal o arrendador insta a resolución do contrato de aluguer do local de negocio por duas causas, a primeira, por xubilación da parte arrendataria, e a segunda, por traspaso inconsentido.

A sentenza de primeira instancia rexeita a resolución contractual por estimar, e o sinalamos de xeito resumido, en canto o traspaso inconsentido, porque esta causa xa foi alegada nun proceso arrendaticio precedente, entrando entón en xogo o instituto da cousa xulgada; e polo que fai á xubilación, con unha argumentación francamente contradictoria, porque considera -e o citamos literalmente, para evitar equívocos interpretativos- que "existe continuidade por parte do fillo na actividade desenrolada polo seu pai, pero tamén quedou acreditado que o fillo sigue a ser asistido polo pai, non podendo entenderse que asumira de xeito efectivo e en solitario a xestión e dirección do negocio", que o pai "aparece ao fronte da venda dos móbeis á que dedica a sua actividade o local alugado, mantendo ao fillo como empregado e encargado da mesma, realizando o hoxe reconvido actividades de inspección e supervisión sobre o negocio", e que "como non se aporta proba que demostre cumpridamente a transferencia real e efectiva do negocio a prol do fillo, non cabe obtela consecuencia xurídica pretendida pola parte reconvinte, consistente na extinción do arrendamento do local de negocio por xubilación" do arrendatario. Pois ben, a verdade é que esta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 6 de Julio de 2010
    • España
    • 6 Julio 2010
    ...dictada con fecha 29 de junio de 2009, por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6ª, sede en Vigo), en el rollo de apelación nº 3030/2008, dimanante de los autos de juicio ordinario nº 129/2006 del Juzgado de Primera Instancia nº 13 de - Mediante Providencia de 11 de noviembre de 2......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR