SAP Pontevedra 375/2018, 30 de Julio de 2018

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2018:1341
Número de Recurso727/2017
ProcedimientoCivil
Número de Resolución375/2018
Fecha de Resolución30 de Julio de 2018
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00375/2018

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

N.I.G. 36057 42 1 2015 0016543

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000727 /2017

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 11 de VIGO

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000920 /2015

Recurrente: Amadeo

Procurador: JOSE RAMON CURBERA FERNANDEZ

Abogado: ALBERTO JOSE VARELA-GRANDAL CONDE

Recurrido: Felisa, Filomena, Florinda, Avelino, Baltasar, Gregoria, Hortensia, Inocencia, Borja, Josefina, RESTAURANTE MCDONALDS SAU

Procurador: MARTA PEREIRA-BORRAJO REY, MARTA PEREIRA-BORRAJO REY, MARTA PEREIRA-BORRAJO REY, MARTA PEREIRA-BORRAJO REY, MARTA PEREIRA-BORRAJO REY, MARTA PEREIRA-BORRAJO REY, MARTA PEREIRA-BORRAJO REY, MARTA PEREIRA-BORRAJO REY, MARTA PEREIRA-BORRAJO REY, MARTA PEREIRA-BORRAJO REY, GEMMA ALONSO FERNANDEZ

Abogado: DIEGO GOMEZ FERNANDEZ,,,, DIEGO GOMEZ FERNANDEZ,,,,, DIEGO GOMEZ FERNANDEZ, PABLO ARCE NOGUEIRAS

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados

D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, D. JULIO PICATOSTE BOBILLO e Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 375/18

Vigo, trinta de xullo de dous mil dezaoito.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 920/15 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 11 de Vigo ós que correspondeu o rolo 727/17,

nos que aparece como parte apelante e demandante D. Amadeo, representada polo procurador D. JOSE R. CURBERA FERNÁNDEZ e asistida do letrado D. ALBERTO VARELA-GRANDAL CONDE, e como parte contra da que se apela e demandada RESTAURANTES MCDONALDS SAU, representada pola procuradora D.ª GEMMA ALONSO FERNÁNDEZ e asistida do letrado D. PABLO ARCE NOGUEIRAS . E como parte contra da que se apela Terceros Intervintes Josefina, Hortensia, Adrian, Felisa, Filomena, Borja, Florinda, Baltasar, Gregoria

, Avelino, Inocencia Y Celestina, representada pola procuradora D.ª MARTA PEREIRA-BORRAJO REY e asistida do letrado D. DIEGO GÓMEZ FERNÁNDEZ .

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 11 de Vigo, con data do 23 de xuño de 2017, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que DEBO DESESTIMAR Y DESESTIMO INTEGRAMENTE la demanda presentada por el Procurador de los Tribunales D. José Ramón Curbera Fernández, actuando en nombre y representación de D. Amadeo frente a RESTAURANTE MCDONALDS, S.A.U y en el que han sido terceros intervinientes Dª Josefina, Dª Hortensia, D. Adrian, Dª Felisa, Dª Filomena, D. Borja, Dª Florinda, D. Baltasar, Dª Gregoria, D. Avelino, Dª Inocencia y Dª Celestina y, en consecuencia, absuelvo a la parte demandada de las pretensiones sostenidas en su contra.

Todo ello sin pronunciamiento en costas procesales, por concurrir dudas de hecho y de derecho."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª JOSE R. CURBERA FERNÁNDEZ, en representación de D./D.ª Amadeo, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 28 de xuño de 2018.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Para enfocar axeitadamente a lite cómpre realizar estas declaracións iniciais: A) Exercitada pola parte actora unha acción negatoria de servidume de paso, sabido é que para o triunfo desta acción precísase, de entre outros presupostos, do título dominical -no senso amplo, e non só comprensivo do documental-, é dicir, da acreditación da propiedade do predio servinte -supostamente-, e polo que para nós ten agora especial interese, e dada a postura opositora da parte demandada, a plena identificación dese fundo, ou o que é o mesmo, e cohonestando ambos elementos, requírese que a pretensión negatoria de servidume que se postula se faga valer, precisamente, sobre o fundo que o actor proclama nos autos como seu. B) Mentres que a carga da proba da propiedade do fundo compete, xa que logo, ao demandante, a demostración da existencia do gravame incumbe, en cambio, á parte demandada, dado o postulado xeral ou presunción de liberdade dos predios. C) Invocando a parte demandada a existencia dunha serventía sobre o terreo litixioso, a este litigante corresponde demostrala, ora a través de probanzas directas, ora por datos indiciarios ou feitos que o lexislador poida proclamar como presuncións a favor deste instituto. D) O onus probando debe ser máis relativizado, en cambio, no contexto do exercicio da acción extintiva da servidume de paso por non uso, que a parte actora promove de xeito subsidiario dado que, por unha banda, atopándonos ante un feito extintivo, o non uso, a súa probanza correspondería inicialmente ao que o invoca, é dicir, ao demandante, máis, por outra, a natureza negativa do feito conleva loxicamente unha maior dose de facilidade e dispoñibilidade probatorias para a demandada. Dito doutra maneira, máis doado lle sería en principio ao titular da servidume demostrar a existencia e vixencia deste gravame a través dos instrumentos de proba habituais deses casos como, e a título de simple exemplo, e ao carón dunha proba testemuñal, unha proba documental -especial, pero

non exclusivamente, fotográfica-, tendente a acreditar feitos elocuentes tales como a existencia de marcas sobre o terreo, a apertura de ocos nos muros a través dos cales realízase a servidume, a existencia de vados, ou o pagamento do imposto que grava estes últimos. Pero tamén a parte demandante dispón ordinariamente de medios para xustificar o seu aserto, do non uso, como, e tamén nunha enumeración non pechada, e xunto a aquela proba testemuñal, os documentos expresivos dunha imposibilidade de utilizar a servidume, verbigraza, o atrancamento continuado no tempo da apertura aberta naquel muro, a acumulación de elementos no camiño que veñan impedindo ou facendo moi dificultoso o exercicio do dereito de uso dende hai un tempo significado ou, mesmamente, a propia situación do suposto predio dominante, que polo seu estado ermo ou de abandono faga presumible que non se emprega nin empregouse o paso para o seu gozo e explotación. Pois ben, feitas as

anteriores advertencias, examinamos coa debida separación os problemas prantexados que, no fundamental, son, en realidade, e en importante medida de orde probatoria.

Segundo

Cuestionada pola parte demandada a identidade do predio servinte reseñado pola parte actora, ao considerar aquela primeira que o predio rexistral número NUM000 non se ubica na franxa de terreo rectangular propugnada polo demandante, senón máis cara ó Oeste, é dicir, o terreo en forma triangular -para entendermos-, temos que dilucidar esta cuestión como a primeira, tanto porque a identificación do fundo servinte -e a xustificación do seu dominio polo demandante-, constitúen o pilar primeiro e básico para poder acoller a acción negatoria de servidume, tal como xa deixamos sentado, como porque a propia sentenza de instancia rexeita a demanda por esta cuestión. Examinamos as probas achegadas á causa sobre este polémico extremo, pero non queremos facelo sen realizar antes outras reflexións de interese sobre a identidade dos predios.

Terceiro

A doutrina xurisprudencial, sentada especialmente sobre o exercicio das accións reivindicatoria e declarativa da propiedade, pero que ten plena aplicación tamén aos supostos de promoción dunha acción negatoria de servidume de paso, verbo do presuposto da identificación do fundo -neste caso supostamente servinte-, require no logro das tres accións a identidade do predio. A identificación "debe ser total y sin dudas", en expresión da doutrina xurisprudencial ( sentenzas do Tribunal Supremo de 7 de maio de 2004, 17 de marzo de 2005, 14 de novembro 2006 e 5 de novembro de 2009). Ou como proclama a sentenza de 26 de marzo de 2012 "la jurisprudencia tiene declarado que la identificación de las fincas ha de concurrir de forma totalmente evidenciada para que no ofrezca duda alguna a las que se reivindican, debiendo fijarse con la debida precisión su cabida, situación y linderos, y con la cumplida probanza que son las que se refieren los títulos y los demás medios probatorios en los que los actores fundan su derecho y tal identificación exige un juicio comparativo entre la finca real y la titular ( Sentencias de 5-3-1991, 25-11-1991, 26-11- 1992, 4-11-1993, 11-6- 1993, 6-5-1994, 28-3-1996 1-4-1996 ). ( STS 17-3-2005 ). Como declara a sentenza de 14 de novembro de 2006 "...hay que reiterar la importancia de la identificación de la finca, como presupuesto de la acción reivindicatoria, que destaca la sentencia de 25 de mayo de 2000 : "es condición "sine qua non" la identidad inequívoca de la finca a reivindicar, lo que comprendería que la finca se determine sobre el terreno por sus cuatro puntos cardinales, debiendo éstos concretarse con toda precisión, y siendo este requisito identificativo esencial para que pueda prosperar cualquiera de las acciones que se derivan del artículo 348 del Código Civil (S.S. 16 de julio de 1.990, 5 de marzo de 1.991 y 1 de diciembre de 1.993, entre otras muchas)".

Por outra banda, e na busca dos medios de proba conducentes a determinar a identidade do predio, a xusrisprudencia destaca o valor probatorio relativo, puramente indiciario e menor das inscricións rexistrais e catastrais.

En efecto,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STSJ Galicia 22/2019, 23 de Mayo de 2019
    • España
    • 23 Mayo 2019
    ...dictada por la Sección Sexta de la Audiencia Provincial de Pontevedra (con sede en Vigo), el 30 de julio de 2018, en el rollo número 727/17 , conociendo en segunda instancia de los autos de Procedimiento Ordinario número 920/15, seguidos en el Juzgado de Primera Instancia nº 11 de Vigo, sob......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR