SAP Pontevedra 311/2017, 12 de Diciembre de 2017

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2017:2469
Número de Recurso56/2017
ProcedimientoProcedimiento Abreviado
Número de Resolución311/2017
Fecha de Resolución12 de Diciembre de 2017
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00311/2017

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: MM

Modelo: N85850

N.I.G.: 36055 41 2 2016 0001190

ROLO: PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000056 /2017 I

Órgano procedencia: XDO. 1ª, INST. E INSTRUCCIÓN N.2 DE TUI

Proc. Orixen: DILIXENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 406/2016

Delito: SOBRE SUSTANCIAS NOCIVAS PARA LA SALUD

ACUSACIÓN: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

Contra: Domingo, Higinio

Procuradores: MARIA MARTINEZ NOVELLE, ZORAIDA MARIA VICENTE VELASCO

Avogadas: MARIAN ANTELO DORREGO, MARCELA ROSANA LORENZO SUAREZ

SENTENZA Nº 311

==========================================================

Presidente:

Ilmo. Sr. don Jose Juan Ramón Barreiro Prado

Maxistradas

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra, a doce de decembro de 2017.

VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección 002 desta Audiencia Provincial a causa instruída co número 56/2017, procedente do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Tui, e seguida polo trámite de Procedemento Abreviado polo delito Contra a Saúde Pública, contra:

- Domingo, DNI NUM000, nacido na Guarda (Pontevedra), o día NUM001 de 1936, fillo de Serafin e de Tamara, con domicilio en C/ DIRECCION000 nº NUM002, San Cayetano, A Guarda, Pontevedra, con antecedentes penais computables a efectos de reincidencia, cuxa solvencia non consta, e en liberdade provisional por esta causa, representado pola Procuradora Dna. María Martínez Novelle, e defendido pola Avogada Dna. Marian Antelo Dorrego.

- Higinio DNI NUM003, nacido na Guarda (Pontevedra), o día NUM004 de 1968, fillo de Serafin e de Tamara, con antecedentes computables a efectos de reincidencia, representado pola Procuradora Sra. Zoraida María Vicente Velasco e defendido pola Avogada Dna. Marcela Rosana Lorenzo Suárez.

É parte acusador o Ministerio Fiscal, representado por Antonio José Sanz.

Actúa como relator o Maxistrado don Jose Juan Ramón Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

As presentes actuacións instruíronse por un presunto delito de sobre sustancias nocivas para a saúde e practicadas as oportunas dilixencias convocouse ás partes a xuízo oral, que se celebrou no día 30 de novembro de 2017, e a cuxo acto compareceron quen se relaciona no acta levantada para o efecto.

Segundo

O Ministerio Fiscal nas súas conclusións definitivas, cualificou os feitos como:

  1. - Os feitos narrados son constitutivos dun delito contra a saúde pública (tráfico ilícito de drogas) do artigo

    368 do Código penal .

  2. - Responden os acusados dos feitos narrados en concepto de coautores, articulo 28 do Código penal .

  3. - Concorre en ambos os acusados a circunstancia agravante de reincidencia do artigo 22.8 do Código penal .

  4. - Procede impoñer a cada acusado a pena de cinco anos e tres meses de prisión, inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena conforme ao artigo 56 do Código penal e multa de

    4.000 euros, suxeito en caso de falta de pagamento á responsabilidade persoal subsidiaria de sete meses de privación de liberdade conforme ao artigo 53.2 do Código penal . E Costas, conforme ao artigo 123 do Código penal . Interésase o comiso definitivo dos 7227,25 euros aprehendidos no domicilio de Domingo .

Terceiro

Pola defensas dos acusados mostraron a súa desconformidade con relato fáctico contido no escrito de acusación do Fiscal e solicitaron a libre absolución dos seus patrocinados.

FEITOS PROBADOS

Os acusados, Domingo e Higinio, cuxas circunstancias persoais xa constan e con antecedentes penais computables para os efectos da reincidencia, de común acordo dedicábanse en outubro de 2016 ao tráfico ilícito de substancias estupefacientes (fundamentalmente, cocaína e heroína). Con este fin, o acusado Domingo gardaba no seu domicilio, situado na DIRECCION000, núm. NUM002, da Guarda, diversas substancias estupefacientes e recibía no seu teléfono móbil núm. NUM005 os pedidos de clientes que solicitaban a compra de estupefacientes. No mesmo lugar, ambos os acusados elaboraban as doses demandadas e realizaban indistintamente un ou outro, nas proximidades da fonte da RUA000, da Guarda, a entrega das substancias estupefacientes a cambio de diñeiro.

O día 3 de outubro de 2016, sobre as 13:30 horas, Ismael telefonou ao número NUM005, do cal é usuario o acusado Domingo, para concertar a compra dun gramo de heroína. Atendeu a chamada o acusado Higinio

, quen se encontraba no domicilio do seu irmán Domingo ; colleu varias doses de heroína e saíu en dirección ao punto concertado para a venda ilícita da droga, pero foi interceptado por axentes da Garda Civil que lle atoparon dúas bolsas con 0,292 gramos (peso neto) de heroína cunha pureza do 51,81% e un valor de mercado de 27,94 euros e tres bolsas con 0,272 gramos (peso neto) de cocaína cunha pureza do 96,05% e un valor de mercado de 38,30 euros.

O día 5 de outubro de 2016 practicouse un rexistro no domicilio do acusado Domingo e, no momento de entrar os axentes actuantes e a letrada da Administración de xustiza, a parella sentimental de Domingo, Belinda, tirou polo váter unha bolsa con 14,752 gramos (peso neto) de heroína cunha pureza do 39,47% e un valor de mercado de 1075,27 euros; oito papelinas de heroína cun peso neto de 1,065 gramos e unha pureza do 53,14%, cun valor de mercado de 104,52 euros; e 14 papelinas de cocaína cun peso neto de 1,128 gramos e unha

pureza do 95,84%, cun valor de mercado de 158,51 euros. Ademais, atopáronse no domicilio 7337,25 euros en metálico, un anaco de resina de cánnabis cun peso neto de 3,751 gramos cun valor de mercado de 23,75 euros e 1682 gramos (peso neto) de cánnabis cun valor de mercado de 8,48 euros. Polo tanto, os acusados tiñan no seu poder, co propósito da súa venda no mercado ilícito, todas as substancias anteriormente indicadas.

A cocaína e a heroína son substancias que causan grave dano á saúde.

A cocaína é unha substancia incluída na lista I da Convención Única de 1961 sobre Estupefacientes da ONU.

A heroína é unha substancia incluída nas listas I e IV da Convención Única de 1961 sobre Estupefacientes da ONU.

A resina de cánnabis é unha substancia incluída nas listas I e IV da Convención Única de 1961 sobre Estupefacientes da ONU.

O cánnabis é unha substancia incluída nas listas I e IV da Convención Única de 1961 sobre Estupefacientes da ONU.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Ao abeiro do artigo 786.2 da Lei de axuizamento criminal, as defensas dos acusados, Domingo e Higinio, aproveitaron a quenda previa de intervencións para realizar unha serie de consideracións no relativo ao pronunciamento, por parte da xuíza instrutora, do auto do 4 de outubro de 2016 polo que se autorizaba a dilixencia de entrada e rexistro nas vivendas situadas na Guarda, nos números NUM006 e NUM002 da DIRECCION000, pertencentes, respectivamente, aos nomeados Higinio e Domingo, e, en relación coa práctica das mesmas dilixencias, con especial énfase en que se realizaron sen estar presente ningún letrado. O fiscal opúxose expresamente á solicitude de nulidade das entradas e rexistros acordados e practicados co resultado que consta no procedemento.

Estas actuacións comezaron cunha dilixencia de exposición de feitos de dous axentes da Garda Civil -con números de carné profesional NUM007 e NUM008 - que logo acudiron ao acto da vista oral como testemuñas, onde reflectían como, sobre as 13:30 horas do día 3 de outubro de 2016, Ismael -tamén testemuña na vista oral-, que eles coñecían porque xa fora denunciado por posesión de substancias estupefacientes na vía pública e pola súa condición de toxicómano, entraba nunha cabina telefónica da rúa Domingo, da Guarda. Como os axentes sabían que ese era o procedemento para contactar cos provedores de droga, tiraron unha fotografía da presenza do referido Ismael no interior da cabina telefónica (f. 3 das actuacións), agardaron a que saíse, e comprobaron que se dirixía ao lugar coñecido como A Fonte, na RUA000, da mesma vila. Cando neste lugar xa agardaba Ismael, os mesmos axentes viron como o acusado Higinio saía da vivenda do seu irmán Domingo e se dirixía cara ao lugar da Fonte, pola RUA000, onde foi detido, mentres que Ismael, ao decatarse, fuxiu do lugar.

Nese intre, o acusado Higinio levaba nunha goma anoada no dedo maimiño da man esquerda cinco papelinas, tres en bolsas brancas con supostamente cocaína e dúas en bolsas de cor azul con supostamente heroína, que foron aprehendidas polos axentes. E estes localizaron deseguido a Ismael, quen lles confesou que dende a cabina telefónica chamara ao número NUM005 para falar con Domingo -o acusado Domingo - coa intención de, como noutras ocasións, mercarlle droga, aínda que ultimamente quen lla traía á fonte da RUA000 era o irmán daquel, o tamén acusado Higinio .

Á vista de todo o anterior o axente da Garda Civil de Tui con número de carné profesional NUM007 presentou no Xulgado de Instrución número 3 de Tui a correspondente solicitude de entrada e rexistro nas dúas vivendas dos acusados. Nela informábase de que tanto Higinio como Domingo se dedicaban á venda de estupefacientes na zona RUA000, na Guarda. En concreto, os seus compradores chamaban ao teléfono móbil NUM005 de Domingo para encargarlle a cantidade de droga que desexaban e, logo de preparala, ou ben o propio Domingo ou o seu irmán Higinio se desprazaban uns 50 metros dende as súas vivendas ata o lugar coñecido como A Fonte, na RUA000, para a súa conseguinte entrega a cambio, loxicamente, dos correspondentes cartos. Engadíase na solicitude de entrada e rexistro nas vivendas dos acusados que ambos os dous tiñan antecedentes por mor de casos de tráfico de drogas, que Domingo xa estivera en prisión por ese motivo, e que se amosaba necesario poder empregar a forza suficiente para acceder aos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS 308/2020, 12 de Junio de 2020
    • España
    • Tribunal Supremo, sala segunda, (penal)
    • 12 Junio 2020
    ...fecha 12 de diciembre de 2017 dictada por la Sección 2ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra, en el Rollo del Procedimiento Abreviado nº 56/2017; sentencia que - Se declaran de oficio las costas de esta alzada." TERCERO Notificada en forma la anterior resolución a las partes personadas,......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR